Resultados: Resultados, fotos e crónicas / 14-Mai-2024

Resultados, fotos e crónicas da fin de semana

Recopilamos os resultados, cŕonicas e fotos das probas celebradas esta pasada fin de semana, subindo os resultados en PDF ou enlazando á web de resultados:

11/5/2024
XXXV Maratón de Fátima-Campelo :: Resultados (FGA)
II Os 11 das Vías, Cerceda :: Resultados (FGA) :: Fotos (pola Organización)
CorreSan Ruta da Prata - Angrois :: Resultados (FGA)

12/5/2024
Medio Maratón de Lugo :: Resultados (CCN) :: Crónicas
XV Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma :: Resultados (CCN) :: Crónicas :: Fotos (por Tania)
VI Carreira Popular Praia de Miño :: Resultados (FGA) :: Crónicas :: Fotos (pola Organización)
III San Xil-Casaio, Carballeda :: Resultados (SM)
XI Trail Serra do Barbanza :: Resultados (FGA)
V Carreira Solidaria de Curtis :: Resultados (FGA)

Lenda cronometradores: FGA - Federación Galega de Atletismo, CCN - Championchip Norte, SM - Sportmaniacs.

Saúde e quilómetros.

Correr en Galicia

Probas para a fin de semana / 11-Mai-2024

Probas para o 11 e 12 de maio de 2024

Para esta fin de semana temos un total de 11 probas anotadas no calendario entre Populares, Trails e Andainas. Algunhas das que poderemos desfrutar serán:

- Os 11 das Vías, Cerceda :: Percorridos :: Comentarios

- CorreSan, Angrois :: Percorrido :: Comentarios

- Medio Maratón de Lugo :: Comentarios

- Coruña Corre, San Pedro de Visma :: Percorrido :: Comentarios

Calquera que sexa a túa desexámosche o mellor e que desfrutes da proba.

Saúde e quilómetros.

Correr en Galicia

Presentación Circuíto 2023 / 15-Feb-2023

O Circuíto 2023
En marcha unha nova tempada

O pasado mes de xaneiro, e despois de varios anos de ausencia, puxemos de novo en marcha o Circuíto Correr en Galicia, un circuíto de carreiras populares onde é máis importante a constancia co posto acadado en meta en cada proba puntuable.

As principais novidades para o 2023 son:

  • Duración: do 21 de xaneiro ao 2 de xullo.
  • Límite de distancia: só poderán ser puntuables as probas entre os 3 e os 22 quilómetros.
  • Máximo de envíos: debido a reducción dos meses de competición, o máximo de envíos establécese en 20.
A inclusión das probas segue a ser gratuíta, pero teñen que ser as organizacións as que pidan a súa inclusión, como indicamos neste tema do foro.

Polo demais, o sistema do xogo e de coeficientes segue a funcionar igual. Tanto se xa participaches noutras tempadas como se es novo nisto, invitámosche a participar e coñecelo en detalle na web do Circuíto 2023.

Desexando que isto sexa unha motivación e diversión extra para participar nas carreiras populares e trails ao longo de toda Galicia, agradecémosvos a gran acollida.

Correr en Galicia
Correndo polos foros / 14-Feb-2023

Correndo polos foros (I)
O que se comenta estes días

Esta fin de semana celebrouse a primeira media maratón do ano en terras galegas, a Coruña 21, unha proba con máis de 1.000 chegados a meta e que se viu acompañada por outra carreira de 5 km e unha climatoloxía favorable.

:: Comentarios media :: Comentarios 5 km :: Fotos e vídeo das probas (grazas a Tere e Tania)

Outro dos temas que despertou interés estes días no foro foi o da posible suspensión da única maratón de ruta que temos en Galicia, prevista para o mes de outubro, e que bloqueou as inscricións hai unhas semanas.

:: Posible suspensión Maratón Atlántica

A organización dos 10 quilómetros de O Porriño tamén notificou o cambio de data da súa carreira para o 30 de abril. E, nos diarios de adestramento, celebramos a apertura dun novo diario polo foreiro Mac-Ray, moitas grazas por compartir no foro as túas experiencias deportivas.

Correr en Galicia

Crónicas: Carrera Popular Perdida en el Tiempo / 20-Dec-2022

LXIX Carrera Popular Perdida en el Tiempo
Las imágenes y el relato

Ya tenemos aquí las fotos de las pruebas celebradas el pasado fin de semana del año de mil novecientos veinte y dos. Nos las trae el administrador de esta web con la celeridad y calidad a las que nos tiene acostumbrados.

Créditos de las fotos: Olsensamlingen/Perspektivet Museum bajo licencia Creative Commons (CC BY-NC-ND 2.0)

En la línea de salida vemos a un grupo de valientes participantes super concentrados: ajustándose los GPS, los chips en las zapatillas, consultando los mensajes de ánimo en sus móviles y buscando el mejor lugar en el cajón de salida para arañar unos segundos al cronómetro. Las ropas técnicas que visten han sido especialmente diseñadas para esta prueba: protegen del frío y, además, mejoran la aeródinamica del dorsal que lucen.

Son las mismas prendas que lucen los campeones olímpicos del momento en las competiciones internacionales:

Próximas carreiras / 09-Abr-2022

Próximas carreiras
Vig-Bay, Friol, Clásica Gandeira, Faro Roncudo

Esta fin de semana regresa unha Vig-Bay que non se celebraba dende 2019, co formato clásico de Medio Maratón máis a segunda edición do Maratón e unha Minibay de 10 kquilómetros e medio. Pero neste comezo de Semana Santa temos máis probas no calendario que podesde comentar nos foros:

Sábado, 9 de abril
:: Popular de Friol
:: C-Trail Bombeiros Coruña

Domingo, 10 de abril
:: Clásica Gandeira de Santa Comba
:: Medio Maratón Vig-Bay
:: Maratón Vg-Bay
:: Popular Faro Roncudo

Desexamosvos a todos que o pasedes en grande e cumplades os vosos obxectivos.

Correr en Galicia

Resultados: Últimas carreiras populares / 30-Mar-2022

Esta fin de semana foron varias as probas celebradas en Galicia. Vos animamos a comentar a vosa experiencia en calquera delas.

Sábado 26 de marzo de 2022
:: Unha tarde con Samuel :: Resultados
:: Popular Torre de Hércules :: Fotos

Domingo, 27 de marzo de 2022
:: Trail Cova da Bruxa, Muros :: Resultados
:: Trail do Nocedo
:: Northwest Experience

Destas tres últimas non hai tema aberto nos foros, pero podedes abrir un novo no foro de "Carreiras de montaña" para comentar as vosas impresións.

Correr en Galicia

FisiCOVID - DXT Galego / 11-Mar-2022

Actualízase o apartado de competición do protocolo FisiCOVID - DXT Galego da federación galega de atletismo. No referente a probas en ruta, campo a través ou trail federativas queda así:

:: Comenta o protocolo neste tema do foro ::
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA COMPETICIÓNS
Os participantes deben coñecer e asumir o risco inherente á práctica deportiva en canto a un posible contaxio e iso aínda cando as organizacións adopten toda unha serie de medidas para que isto non se produza.

Nalgúns casos a adopción de tales medidas por parte das organizacións deportivas poderá alterar ou modificar a dinámica habitual de desenvolvemento das competicións.

CONSIDERACIÓNS XERAIS
Todos os atletas deberán permanecer en todo momento coa máscara posta salvo no momento da competición.

Carreiras en ruta, campo a través ou trail
Condicións de participación

Para a participación e a entrega do dorsal, será imprescindible amosar o certificado de vacinación COVID ou a aportación do certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72h á celebración da proba ou ben a aportación de certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba.

Carreiras febreiro 2022 / 25-Feb-2022

Próximas carreiras populares
Rábade, Trazo e Santa Comba

Esta fin de semana temos tres novas carreiras anotadas no calendario, todas a celebrar o sábado 26 de febreiro.

Pola mañá a sexta edición da carreira do Entroido de Trazo e a segunda Solidaria Xalleira de Santa Comba e, xa pola tarde, unha nova edición do Memorial Eduardo Fernández Villamarín en Rábade.

Deixámosvos ligazóns aos regulamentos no calendario, onde podedes consultar os horarios das probas:

:: XIX Memorial Eduardo Fernández Villamarín, Rábade

:: VI Carreira do Entroido, Trazo

:: II Solidaria Xalleira de Entruido, Santa Comba

E, por suposto, animámosvos a comentar nos foros a vosa opinión sobre estas ou calquera outra proba.

Correr en Galicia
«Se xa sabes o que tes que facer e non o fas, entón estás peor que antes.» Confucio