Foros ›
VIII Andaina 50 km. "Concello de Riveira"
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 30 Xul 2010, 15:43
Asunto: VIII Andaina 50 km. "Concello de Riveira"

VIII ANDAINA “CONCELLO DE RIVEIRA”
50 QM. EN 12 HORAS
04-09-2010


Como cada primeiro sábado de setembro, a Asociación As Miñoteiras en colaboración co Concello de Riveira, organizará a “Andaina dos 50 quilómetros”.

Pero esta 8ª edición non vai ser unha edición máis: vai representar un punto de inflexión na proba xa que despois de 7 anos co mesmo percorrido (evidentemente, con lixeiras modificacións), este ano imos presentarvos un roteiro absolutamente renovado!!

Máis duro (por primeira vez a senda vai subir ó monte Curota; mantense a subida ó Tahume pero en sentido contrario –súbese pola pista de terra, e baixase pola estrada; máis desnivel…; algunha zona técnica: unha baixada en Balteiro de agarrarse ós pelos do peito!!; a zona da praia dos Coídos cerca do faro de Corrubedo (os coídos son esas pedras grandes redondeadas que hai que pisar con moito mimo) e para sufrimento de moitos, mantense a derradeira durísima subida ó monte San Alberte, cando xa se levan 45 km entre peito e espalda).

Mistura de zonas de ambiente montañeiro (zona dos Forcados) con carreiros de pescadores (Corrubedo).

Mellores vistas, si cabe (non descubrimos nada novo ó falar das vistas desde o mirador Valle-Inclán na Curota; as vistas desde o Tahume sobre a ría de Muros-Noia, impresionantes; visitase por primeira vez o Faro de Corrubedo…).

Outras novedades:

•Tramo de orientación por plano (uns 10 qm nos que non haberá marcas, senón que deberán orientarse por plano. Moi fácil !!)

•Obrigatoriedade de portar un bidón ou cantimplora que se irá recheando nos avituallamentos (eliminación das botellas de plástico).

•Asimesmo, será obrigatorio (para mellorar a seguridade dos participantes) portar un teléfono móvil (coa batería cargada!) no que poder localizar ós andaríns que non pasen polos controles, ou co que podan avisar á organización en caso de que lle xurdan problemas graves.


O que non vai cambiar (porque correríamos o risco de que algún participante nos mandase directamente ó paredón!), é a churrascada e festa post-carreira!!!!!

En breve, na web do Concello de Riveira (www.riveira.es) aparecerá toda a información para poder inscribirse nesta proba.
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Mar, 03 Ago 2010, 21:32
Asunto: Re: VIII Andaina 50 km. "Concello de Riveira"

Cousa bonita de Concello, non me farto de vivir nel.
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 10 Ago 2010, 8:16
Asunto: Re: VIII Andaina 50 km. "Concello de Riveira"

Xa está aberta a inscrición na web do concello.
polve

Novo foreiro
Novo foreiro
4/09/08
0 Carreiras
17 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 31 Ago 2010, 22:12
Asunto: Re: VIII Andaina 50 km. "Concello de Riveira"

Boas
Alguén me podería decir se é necesario levar algo
de comida para esta andaina. Na do Sar fun cargado de barritas,
pero os avituallamentos eran moi abundantes. Si sabedes cada canto son os avituallamentos tamén me gustaría sabelo.
Grazas
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 01 Set 2010, 7:00
Asunto: Re: VIII Andaina 50 km. "Concello de Riveira"

polve escribió:
Boas
Alguén me podería decir se é necesario levar algo
de comida para esta andaina. Na do Sar fun cargado de barritas,
pero os avituallamentos eran moi abundantes. Si sabedes cada canto son os avituallamentos tamén me gustaría sabelo.
Grazas

Hola, Polve:
É obrigatorio portar un bidón para rechear de auga nos avituallamentos e un móvil (encendido e con batería cargada).
Polo demáis hai avituallamentos líquidos e sólidos nos km. 10, 22, 28 e 38. No km 10 hai froita; no 22 froita e bocadillos, no 28 e 38, froita, bocadillos e empanadas.
Ah, e no 50, avituallamento sólido e líquido: churrasco, mexilóns e birrasss!!!
polve

Novo foreiro
Novo foreiro
4/09/08
0 Carreiras
17 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 01 Set 2010, 9:02
Asunto: Re: VIII Andaina 50 km. "Concello de Riveira"

Moi ben, moitas grazas.
Polo que se ve non é preciso ir cargado.
A ver se o tempo acompaña.
Ata sábado
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 01 Set 2010, 9:16
Asunto: Re: VIII Andaina 50 km. "Concello de Riveira"

No enlace seguinte podedes ver un mapa cos 5 tramos así como o perfil da proba, no que se pode apreciar perfectamente as 3 duras subidas que xalonan o percorrido: Curota, Tahume e San Alberto.

www.riveira.es/content...entid=2562

262 participantes anotados, que representan un novo record de participación nesta proba, moi por encima da media de 170/180 de outras edicións.
Esperemos que todo sexa do voso agrado!!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos