Foros ›
Autor
Mensaxe
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Xov, 29 Mai 2008, 15:10
Asunto: Re: Carreira do Corgo-Corrubedo

CRÓNICA DO DIARIO DIXITAL WWW.GALICIA-HOXE.COM DA CARREIRA DO CORGO DO ANO 2.007

www.galicia-hoxe.com/i...cia=160929
Neste enlace poderedes ver a noticia e unha foto da proba que é espectacular.



Carreira ecoloxista a carón do mar de Corrubedo a prol da natureza de toda Galicia
Máis de 200 participantes e moitos curiosos lanzan unha mensaxe en defensa da paisaxe natural do litoral ribeirense coa súa participación na I Carreira Campo a través do Corgo
REDACCIÓN . SANTIAGO

CAMPO A TRAVÉS NO CORGO. Os participantes completaron un espectacular circuíto de sete complicados quilómetros de areais e pedras
FOTO: Nacho Santás
Máis de duascentas persoas deron todo o que tiñan, onte, nunha carreira que era moito máis que un percorrido para practicar deporte. Os sete quilómetros dos que constaba o circuíto ó carón do mar en Corrubedo, da I Carreira campo a través do Corgo. A carreira pola Defensa da Paisaxe, estaban pensados como unha festa, pero sobre todo, como unha forma na que os cidadáns lanzan unha mensaxe en defensa da paisaxe.

"Todo foi estupendamente, un éxito de participación e de público", explicou tras a carreira Manoel Santos, representante da Plataforma Medioambiental de Corrubedo, un dos promotores desta proba, xunto cos colectivos culturais Altofalante e Pau da Luz.

O vencedor da carreira foi o ourensán Manuel Prieto Gil, que necesitou só 25 minutos para rematar os máis de 7 quilómetros de que constaba a proba, campo a través, por un lugar coñecido pola súa beleza e riqueza natural. Prieto Gil sacoulle bastante vantaxe ó segundo clasificado, Ramón Folgar Pouso e destacouse por facer un moi bo tempo nun percorrido que a maioría de participantes lles levou entre 45 e 50 minutos. Deste xeito, todos os corredores puideron disfrutar dunha paisaxe con cantís e praias de croios, protexida pola Rede Natura.

Est a singular proba, sen dúbida, espertou a curiosidade dos veciños da vila ribeirense, que non quedaron na casa e saíron a animar os esforzados participantes nunha mañá na que o ceo ameazaba chuvia, pero que quedou só en ameaza para alegría de todos os participantes e curiosos.

Os organizadores dan por conseguido o obxectivo principal: dar a coñecer unha contorna sobranceira, pois esa é a clave para reclamar a conservación deste patrimonio, tal e como explicaba Santos antes da celebración da carreira.

O éxito desta primeira Carreira do Corgo axudará a que siga celebrándose en vindeiros anos, xa que está pensada como unha convocatoria que debe permanecer no tempo, para conseguir así que as figuras de protección da natureza existentes cumpran o obxectivo para o que foron concebidas, que non é máis que a promoción dun uso sustentable dos nosos recursos. Servirá así como unha forma lúdica de recordar as ameazas e perigos que poden arruinar o litoral, non só ribeirense, senón de toda Galicia.
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 04 Xuñ 2008, 23:57
Asunto:

derek escribió:
:roll: Disimulando
VicMan escribió:
Guardo un recuerdo muy especial de esta carrera, y aunque la mováis para Julio, allí estaré. Ya puestos estaría genial hacerla cuadrar con las fiestas de la Dorna, que es a finales del mismo mes.
No sabe nada el amigo vicman Disimulando :roll:


El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
Admin

Adm
Adm
7/11/03
1 Carreiras
3128 Mensaxes
Galicia
Respostar citando Envío Xov, 05 Xuñ 2008, 11:05
Asunto: Re: Carreira do Corgo-Corrubedo

A carreira do Corgo-Corrubedo segue neste tema





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos