Foros ›
Autor
Mensaxe
Inésdeben

Novo foreiro
Novo foreiro
2/07/16
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 02 Xul 2016, 14:40
Asunto: Novata busca consello

Boas!
Non sei se está ben posta aquí a mensaxe, espero que si, disculpas por adiantado porque son absolutamente novata. Picoume o gusanillo do triatlón hai uns meses e por falta de tempo non o pensei en serio. Pero hai unhas semanas volveu o gusanillo, agora conto con máis tempo para adestrar máis en serio. As miñas preguntas de novata son:

- Fai falta ter unha condición física previa moi boa para afrontar un super sprint (ou incluso un sprint)? Eu fago deporte normalmente 6 días á semana, pero estou afeita ao ximnasio, non sei se haberá moita diferencia entrando o aire libre.
- Fago spinning varios días e teño unha bici de montaña coa que saio moi de vez en cando. Nunca montei unha de carreiras, a diferencia é moita? Debería sustituir o spinning por sair sempre na bici? Compénsame invertir nunha bici antes de saber se vou poder co triatlón?
-Na piscina deféndome pero tampouco nadei nunca en mar aberto (nadar en serio), é recomendable entrenar no mar? Dame moito respeto por iso de que o mar na Coruña é un pouco traicionero.
-Cal diríades que é un tempo decente (que sexa abondo como para inscribirme) en carreira para unha muller no super sprint? Se non é moito pedir.

E a última pregunta, atopei en internet un plan parar preparar un super sprint en 8 semanas. Parécevos tempo razonable? Agora mesmo en piscina son capaz de nadar 1250m, pero parando uns 5-10 segundos cada 4-6 largos. Sen parar nada podo nadar sobre 10 largos. O da auga é o que máis me preocupa... Non me preocupa quedar a última, só saber se entrenando de aquí a 8 semanas vedes que é posible que poida facer un super sprint destes, a min agora mesmo paréceme todo un reto máis grande que un mundo!! Gracias Sorriso
Robertolalo

Novo foreiro
Novo foreiro
5/11/12
30 Carreiras
37 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 03 Xul 2016, 7:31
Asunto: Re: Novata busca consello

Hola te cuento, yo empecé entrenando en piscina de cero,alos 5 meses acabe el triatlon de rRibeira salí el último del agua pero acabe que era a lo que iba son 12 largos en piscina poco a poco lo haces,pero es cierto que no es lo mismo que nadar en mar,no se ve el fondo como en piscina y puede s llevar un golpe,yo salgo de último y listo.Hay que probar a nadar en mar o río,en bici el primero empece por un duatlon en bici de montaña pero acabe ,pero te pasan como aviones,y correr a lo que te den las piernas.Animo que engancha
abulo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/07/09
13 Carreiras
224 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 04 Xul 2016, 6:39
Asunto: Re: Novata busca consello

Hola¡
Se fas deporte a miúdo non che vai ser difícil participar en minisprint/sprint, só con adaptar un pouco os entrenamentos a estas disciplinas debería ser suficiente.

En canto a bici, o primeiro non merques ningunha.. nos triatlóns populares pódese ir con bici de montaña, así que proba coa que tes(ou que che presten unha de carreteira). Respecto o entrenamento de bici o que sí deberías é sair ó menos un día á semana coa bici. Para sprint saídas de mínimo 30 kilómetros, opino eu.

Recomendable sí é entrenar algunha vez no mar; aínda que o primeiro sería xa poder face-la distancia de forma fácil na piscina. Na miña opinión sen , por exemplo para sprint, ser capaz de facer 800 metros de forma fácil (acabando "sobrados" e por suposto sen paróns) en piscina, non estamos preparados (300-400 fácil para minisprint).

En 8 semanas, con esa base que tes de entrenar tódolos días, debería chegar para preparar un minisprint. Darlle duro a piscina e algo de bici e carreira , e o tés nas túas mans. Polo tempo non te preocupes a primeira vez, a acabalo e disfrutalo.
juansin

Novo foreiro
Novo foreiro
27/09/14
0 Carreiras
46 Mensaxes
Noia - Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 14 Xul 2016, 16:29
Asunto: Re: Novata busca consello

Vente a Pontenafonso o 1 de outubro...
...e DISFRUTA dun tri SPRINT..

Guiño

Juan Freire
A. D. O PEIRÁN
Organizadora de Tritatlon Ponte Nafonso "Memorial Michel"
JacoboDC

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/06/13
65 Carreiras
704 Mensaxes
Teo
Respostar citando Envío Ven, 15 Xul 2016, 6:07
Asunto: Re: Novata busca consello

juansin escribió:
Vente a Pontenafonso o 1 de outubro...
...e DISFRUTA dun tri SPRINT..

Guiño
Pois a ver se abrides inscripcións!!!!
juansin

Novo foreiro
Novo foreiro
27/09/14
0 Carreiras
46 Mensaxes
Noia - Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 20 Xul 2016, 7:29
Asunto: Re: Novata busca consello

JacoboDC escribió:
juansin escribió:
Vente a Pontenafonso o 1 de outubro...
...e DISFRUTA dun tri SPRINT..

Guiño
Pois a ver se abrides inscripcións!!!!
Seguramenta a primeira ou segunda semana de agosto

Juan Freire
A. D. O PEIRÁN
Organizadora de Tritatlon Ponte Nafonso "Memorial Michel"
Inésdeben

Novo foreiro
Novo foreiro
2/07/16
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 02 Ago 2016, 12:26
Asunto: Re: Novata busca consello

Moitas gracias a todos polas respostas.
Estou valorando anotarme o triatlón de Pontevedra de finais de agosto, na modalidade minisprint. Algún sabe da dificultade, se será moito para iniciarse? Necesítase neopreno para nadar no Lerez? Gracias!!
JacoboDC

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/06/13
65 Carreiras
704 Mensaxes
Teo
Respostar citando Envío Mar, 02 Ago 2016, 12:40
Asunto: Re: Novata busca consello

A auga sempre soe estar fría,pero para 300 m non é preciso neopreno. A bici a única dificultade que ten é a subida que vai por diante do campo de fútbol, pero é moi doada, o resto do circuito e baixada e chan. E a carreira a pe é totalmentr chan.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos