Foros ›
Autor
Mensaxe
Isabel

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/07/05
0 Carreiras
325 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 18 Abr 2016, 6:04
Asunto: Media Maraton Praga

Hola. buenos dias. ¿alguien ha estado en esta carrera?. Pôr un lado una corredora me ha dicho que la maratón fue muy triste, poca animación, la música de la salida para casi llorar y los avituallamientos agua con gas y el isonotonico asqueroso, mucho adoquin etd. Sin embargo en un blog habla un corredor de la media maratón que muy bien, que un 10 en organización animación, avituallamiento ete. Lo del isonotico creo que ya se a cual se refiere, debe ser el mismo asqueroso que dan por ahi arriba jajajajja. MUchas gracias en lo que podais saber. saludos.
rrpinheiro

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/04/12
3 Carreiras
72 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Abr 2016, 6:34
Asunto: Re: Media Maraton Praga

Hola Isabel,

Este ano imos un grupo de aquí a correr a Maratón o próximo 8 de mayo, en menos de 3 semanas. Por agora pouco sabemos salvo o que fumos vendo en distintos blogs e foros de xente que correu outros anos. O do adoquín témolo bastante presente aínda que confío en que non sexa demasiado, pásase varias veces polo centro e ahí é onde está o problema aínda que veremos si é tanto, agardo que non!!. En canto ao ambiente supoño que no caso da Maratón concentrarase moito no centro da cidade xa que logo a carreira alónxase bastante e non agardo atopar ahí moita animación. En fin, hai que ter en conta que non é unha carreira de moi grande afluencia, o ano pasado correron uns 10.000 pero confío en que a beleza da cidade compense todo o demais. Prométoche contar a experiencia á volta.

Saúdos.
Isabel

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/07/05
0 Carreiras
325 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Abr 2016, 12:06
Asunto: Re: Media Maraton Praga

Hola Moitas gracias. MIRAR bien lo del avituallamiento. QUue fue una conocida y dijo solo agua con gas,además de un isotónico inbebible.Si es el que yo probé,efectivamente horrible. Lo probé en otro lado. gracias,mucha suerte y ya me contareis. Si eso llevar un bote en la cintura por si aca.Esta chica fue el año pasado.
rrpinheiro

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/04/12
3 Carreiras
72 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Mai 2016, 11:30
Asunto: Re: Media Maraton Praga

Hola Isabel,

Aquí estamos xa de volta, e como o prometido é deuda... A nosa experiencia a verdade é que foi moi boa, eso sí,en canto ao resultado non podemos decir o mesmo xa que nos topamos cunhas condicións de calor que fixeron a carreira moi dura, de feito creo que chegamos a meta uns 5700 de aprox. uns 10000, pero bueno, eso é algo que non podemos achacar á organización, de feito contáronnos que un para de semanas antes estivo nevando e os días posteriores empezou a baixar moito a temperatura. No día da carreira estivemos alcanzamos uns 22-23 grados, o que para unha maratón é bastante.
Do resto, encantados, a música da saída da que falabas pareceume belísima, trátase dunha peza de Smetana, compositor local, na zona na que eu estaba todo o mundo se puxo a escoitala con gran interese, hai que ter en conta o gusto pola música clásica nestas latitudes, a nós igual nos pon máis AC&DC, pero iso xa é cuestión de gustos.
Un dos temas que máis nos preocupaba era o dos adoquíns, e habelo haino, pero sinceramente foi menos do que agardámos, hai varias zonas onde o atopas pero non son longas en ningún caso, e en algunhas desas zonas incluso podes ter unha zona de cemento alternativo.
Con respecto aos avituallmentos é certo que había auga con gas pero tamén a había sen, a min coincideume varias veces de coller con gas, pero os meus compañeiros din que a eles non, en todo caso está claro que había as dúas opcións e a isotónica pareceume do máis correcta, co calor que había, baixaba que da gusto. En fin, que ademáis a cidade é preciosa, a organización pareceume boa e o ambiente en carreira sin ser das grandes carreiras, si que había xente de moitos pàises e moito ambiente nos pasos polo centro e moito menos nas zonas alonxadas, así que en xeral paréceme unha carreira máis que recomendable.
Agardo que vos sexa de axuda.
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Mai 2016, 8:04
Asunto: Re: Media Maraton Praga

Boas,

Eu tamén me animo a contar a experiencia na pasada maratón de Praga. A organización asignaba caixóns por tempos, a entrada neles moi ben. Sitúanse nunha rúa estreita coa cabeza en plena Praza Vella, polo que a cola é moi longa, e tardas tempo en pasar polo arco de saída. Pero esto tamén facilita que xa se abra a xente na saída e poidas correr con certa comodidade. Claro que coma sempre, dado que non hai que acreditar marca para os caixóns non preferentes, a xente vai en posicións de saída que non son acordes coas súas capacidades, polo que estás a maior parte da carreira adiantando xente.

Eu persoalmente son máis de AC/DC nas carreiras e de música clásica sentadiño nunha butaca Moi feliz

Ata o quilómetro 4 non se pode dicir que poidas correr sen ir esquivando xente, e creo que son precisamente eses 4 quilómetros iniciais os que teñen máis adoquín. Aínda que concordo con Ricardo en que era menos do esperado (iamos un pouco asustados) creo que se nota menos por estar concentrado na primeira parte (despois encontrase sobre todo no km 12-15 e no 41-42), pero que se paga ese esforzo inicial ao final da carreira. Ademais, no noso caso, fixo un calor fóra do común. O sol sae ás 5am, a carreira era ás 9am e creo que as 11am rondabamos ben os 21ºC. A organización puxo isotónica cada 5km e auga cada 2.5km: pois ben, eu persoalmente parei en todos e aínda así non cheguei ben hidratado!

Con respecto ó isotónico, tomeino sempre e aborrecino ao final. Mesmo me deron náuseas cando o volvín tomar ao acabar a carreira. Auga con gas non bebín, pero ben pode ser casualidade.

Vin moita xente camiñando a partir do km 30 (eu foi a maratón onde o pasei peor) e moita pena me deu ver a tanta xente tirada no chan co que parecían golpes de calor, atendida por médicos.

En canto a animacion, escasa. Algún grupo de música, moito altofalante de radio (moito lles gusta a música dos 80's a estes checos :P) e só xente nos puntos turísticos. Para min o mellor eran as cheerleaders que pasamos dúas veces (ben, a primeira vez mirei para elas, a segunda vez, km 37, xa me ia "cagandoentó").

En resumo, unha carreira bonita polo entorno, asumible polo adoquín, boa organización.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4703 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Lun, 16 Mai 2016, 9:03
Asunto: Re: Media Maraton Praga

gracias por vuestras cronicas

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
Isabel

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/07/05
0 Carreiras
325 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 29 Mai 2016, 15:04
Asunto: Re: Media Maraton Praga

Hola muchas gracias y lo de la música efectivamente va con el lugar en el que estas y por lo tanto lo hace diferente. Gracias por vuestras cronicas y felicidades por rematar a carreira.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos