Foros ›
Carreira San Brais - Pontevedra - CCCP (31/01/16)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 30 Nov 2015, 12:34
Asunto: Carreira San Brais - Pontevedra - CCCP (31/01/16)

O 31 de xaneiro de 2016 comezará o Circuito de Carreiras de Pontevedra 2016 coa proba de San Brais na parroquia de Salcedo en Pontevedra.

Costas, pendentes,.... e algunha sorpresa máis que farán desta proba clásica unha imperdible cun novo circuito.

En breve máis información.
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 15 Xan 2016, 8:54
Asunto: Re: Carreira San Brais - Pontevedra - CCCP (31/01/16)

XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN Á CARREIRA DE SAN BRAIS 2016

REGULAMENTO DA VIII CARREIRA PEDESTRE SAN BRAIS 2016

INTEGRADA NO CIRCUITO DE CARREIRAS
DE PONTEVEDRA 2016

www.facebook.com/Circu...Pontevedra


PREVIO Á CARREIRA

1. DATA: A Asociación de Veciños Salcedo Norte, o Concello de Pontevedra, a través do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, e coa dirección técnica da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, organizan o domingo 31 de xaneiro de 2016 a partir das 12,30 horas, a “VIII Carreira Pedestre San Brais 2016”.
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.

MIXTA
Chupete De 00 A 04 2016 – 2012
Pitufo/a De 05 A 07 2011 – 2009
Benxamín De 08 A 09 2008 – 2007
Alevín De 10 A 11 2006 – 2005
Infantil De 12 A 13 2004 – 2003
Cadete De 14 A 15 2002 – 2001
Xuvenil De 16 A 17 2000 – 1999

MASCULINA e FEMININA
Promesas, de 18 A 22
Senior, de 23 A 34
Veteranos/as 1, de 35 a 39
Veteranos/as 2, de 40 a 44
Veteranos/as 3, de 45 a 49
Veteranos/as 4, de 50 a 54
Veteranos/as 5, de 55 a 59
Veteranos/as 6, de 60 a 64
Veteranos/as 7, de 65 en diante

3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde, que me habiliten para participar en probas deportivas de máis de 5.000 metros.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra (r/ Juan Manuel Pintos, s/nº - 36005 – Pontevedra).
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre de San Brais así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflexada no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.


4. INSCRICIÓNS E ENTREGA DE DORSAIS.
Todas as categorías, agás as de menores , faranse en www.championchipnorte.com por un coste de 5 € ata as 23:59 horas do día 27 de xaneiro. Para as categorías de menores a inscrición será presencial e de balde no Centro Comercial Carrefour de Salcedo o sábado 30 de xaneiro dende as 16,30 ata as 20 horas e o día da proba, entre as 9,00 e as 11,00 h.
Para todas as persoas que estiveran inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2016, a inscrición xa está pagada. As inscricións no CCCP, tamén, faranse en www.championchipnorte.com.
Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba, agás as de menores.
No caso de que o/a deportista das categorías Promesas, Seniors e Veteranos que se inscriba estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde, agás o chip que terá que pagar 2 € do aluguer, devolvéndose a cota de participación polo mesmo sistema de pago (non o aluguer do chip). A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar obrigatoriamente ao recoller o seu dorsal); En caso de non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de participación.
Todas as inscricións son persoais e intransferibles.

DURANTE A XORNADA DA CARREIRA

5. COMO CHEGAR EN COCHE E ESTACIONAR. A prioridade é achegarse a pé ou en bicicleta; de non ser así, saír de Pontevedra pola Avda. de Eduardo Blanco Amor (EP0012) dirección á BRILAT ou centro comercial Carrefour ou ao Lago Castiñeiro, ao atopar o Carrefour xirar á esquerda a avanzar ata a primeira rotonda e alí estacionaremos no andar superior do propio centro comercial Carrefour (antes das 12.00 e non se poderá mover o coche ata as 13.00 horas).

6. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá unha ambulancia e un médico/a para a atención.

7. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto (e un pouco de monte no caso da carreira absoluta). Haberá diversos controis de paso obrigatorios. As saídas serán a partir das 11.30 horas no caso dos menores e a partir das 12,30 horas no caso dos maiores.

8. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou persoal de organización, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.

9. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de Chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.

10. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandoar o circuíto.

POSTERIOR Á CARREIRA

11. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,... así como duchas no Instituto E.S. Torrente Ballester dende as 13 ata as 14.30 horas.

12. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta:
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación e recibirán tamén o premio da súa categoría particular.
Para o gañador absoluto masculino e a gañadora absoluta feminina o Restaurante Casa Román fai entrega dun premio especial consistente nunha cea para dúas persoas a cada gañador.
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría
Na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil, que recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira.
Entregarase o “Trofeo Julian Bernal” ao corredor e á corredora máis veterano/a en tomar parte nesta edición.

13. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13.30 horas na zona de meta. Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material.

14. TERCEIRO TEMPO. Ao remate da carreira haberá
- Un sorteo de lacóns entre as persoas participantes nas categorías de maiores de idade.
- Unha chocolatada para todos os/as deportistas.

15. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través da Asociación de Veciños Salcedo Norte ou no correo-e avsalcedon @ yahoo.es ou en www.facebook.com/Circu...Pontevedra
obranabe

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
23/10/12
20 Carreiras
167 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 15 Xan 2016, 11:04
Asunto: Re: Carreira San Brais - Pontevedra - CCCP (31/01/16)

En el mapa no se distingue muy bien, pero parece que empieza y termina en el Carrefour. ¿Es así?
Mickhellon

Novo foreiro
Novo foreiro
5/02/13
0 Carreiras
31 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 15 Xan 2016, 13:31
Asunto: Re: Carreira San Brais - Pontevedra - CCCP (31/01/16)

Si, por el mapa eso parece... Pensando

Y también pasa de 6k a 6,5k no? (Aunque la diferencia sea ridicula)
pontevedra

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/07/13
0 Carreiras
59 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 15 Xan 2016, 19:43
Asunto: Re: Carreira San Brais - Pontevedra - CCCP (31/01/16)

e eliminaron a maravillosa subida do pavillón (oooohhh Triste ) e engadiron un fabuloso tramo por un camiño de terra, non?

Edito:
Rectifico. A costa do pavillon segue ahi Moi feliz (entendera o circuitono revés Muro )
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Xov, 28 Xan 2016, 17:00
Asunto: Re: Carreira San Brais - Pontevedra - CCCP (31/01/16)

Non entendo que haia que pagar,aparte os 5 eur. de inscripción,o aluger de un chip por 2 eur.; o chip xa debera incluirse na cuota de inscripción, pois de todas todas ao finalizar hai que devolvelo.

Friends forever
carbuntxo

Novo foreiro
Novo foreiro
19/10/14
24 Carreiras
15 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 28 Xan 2016, 17:41
Asunto: Re: Carreira San Brais - Pontevedra - CCCP (31/01/16)

Imagino que será por un tema fiscal. La inscripción para la organización y el alquiler de chip para la empresa de cronometraje.
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Dom, 31 Xan 2016, 16:00
Asunto: Re: Carreira San Brais - Pontevedra - CCCP (31/01/16)

Excelente evento. Dura carrera por las fuertes pendientes y ese camino de tierra,convertida en lama por la lluvia.Después de la dureza vino esa recuperación camino de la meta. Todo muy bien, excelentes los de la organización y voluntarios por su buena atención.
Lo que ya no me gustó tanto fue que los más pequeñitos corrieran por la zona del garaje interior de Carrefour lleno de toboganes,para el calmado de la circulación de coches, pendientes de ir saltándolos,con el consiguiente peligro de esnafrarse.

Friends forever
Yacots

Novo foreiro
Novo foreiro
26/05/13
0 Carreiras
19 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 31 Xan 2016, 22:25
Asunto: Re: Carreira San Brais - Pontevedra - CCCP (31/01/16)

Carrera dura pero muy bonita. un gran chocolate caliente muy rico, y un regalo estupendo que les encantó a los peques. Gracias a todos por el buen trabajo.
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Dom, 31 Xan 2016, 23:14
Asunto: Re: Carreira San Brais - Pontevedra - CCCP (31/01/16)

Carrera durilla pero bonita. Todo bien organizado, con el toque de tener a los vecinos repartiendo chocolate con el avituallamiento.
Las carreras de peques, fenomenales y con detalle para todos.
Muchas gracias.

Sólo una pregunta: no la vais a incluir en el circuito de CeG, como las demás del CCCP?
Zalo31

Novo foreiro
Novo foreiro
4/11/15
5 Carreiras
28 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Feb 2016, 0:39
Asunto: Re: Carreira San Brais - Pontevedra - CCCP (31/01/16)

Excelente carreira!A primeira vez que iva e seguro que repetirei..Moi bo traballo,seguide así
maillotamarillo

Maratoniano
Maratoniano
28/11/14
90 Carreiras
439 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Feb 2016, 8:43
Asunto: Re: Carreira San Brais - Pontevedra - CCCP (31/01/16)

Foron demasiado estrictos cos horarios de recollidas de dorsais, coñezo nenos que quedaron sen correr por culpa da organización. Non ten sentido non entregar os dorsais ata o inicio da proba. Polo demáis, todo correcto
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 01 Feb 2016, 14:34
Asunto: Re: Carreira San Brais - Pontevedra - CCCP (31/01/16)

Hola maillotamarillo: llegue 10' antes a inscribirlo y me dijeron que corriese sin dorsal y que igualmente tendrían medalla; y lo mismo a mis sobrinos. Con los niños no ponen impedimentos, siendo una carrera de barrio.
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Lun, 01 Feb 2016, 15:10
Asunto: Re: Carreira San Brais - Pontevedra - CCCP (31/01/16)

No han puesto impedimentos con los niños, y han sido muy generosos con bastantes mayores que llegando a ultima hora, ya cerrado el plazo de entrega de dorsales, reabrieron la entrega de los mismos para que nadie se quedara sin su dorsal.
Muy atenta toda la organización y voluntarios. Aplauso

Friends forever
maillotamarillo

Maratoniano
Maratoniano
28/11/14
90 Carreiras
439 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Feb 2016, 15:57
Asunto: Re: Carreira San Brais - Pontevedra - CCCP (31/01/16)

Me alegro que posteriormente recapacitaran y abrieran la entrega de dorsales, es cierto que en el reglamento establecia hasta las 11:30 horas, demasiado temprano yo creo, porque la carrera de adultos era a las 12:30 h. Pero se de dos niños que no pudieron correr porque a los padres no les dijeron nada de que corrieran sin dorsal, por otra parte no costaba nada darselo. Finalmente les dieron las medallas sin haber corrido, lo cual es también extraño.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos