Foros ›
CAMPAÑA DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
Foros de debate / Otros temas de interés
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
martin_lsp

Foreiro infantil
Foreiro infantil
23/12/13
0 Carreiras
57 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Feb 2015, 23:08
Asunto: CAMPAÑA DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Ola, moi boas.

A miña moza está a participar nunha campaña polo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER que consiste en crear un gran mural con fotografías (xeralmente de 2 ou máis persoas, nas que haxa unha muller ou mais) que se vai expor na Cidade da cultura o día 8 de marzo baixo o lema #TODASPROTAGONISTAS.

Se alguén está interesado/a en participar póde pasarme por mail unha foto coas mulleres máis importantes da súa vida para enviarllas e que poidan levar adiante esta fermosa iniciativa.

O MEU CORREO É: martin.lameiro.perez @ gmail.com

Sinto usar este foro, pero é unha das formas que teño pra chegar a todo o mundo.

Aclarar, que esta é unha campaña promovida polo Concello de Santiago, polo que está respaldada por unha institución pública e davos garantía de privacidade.

Unha vez enviadas e impresas as fotos, eliminaranse do meu correo automáticamente.

Moitísimas grazas por todo de antemán e agardo que vos animedes e participedes polas nosas mulleres. Sorriso

Un saúdo!!
martin_lsp

Foreiro infantil
Foreiro infantil
23/12/13
0 Carreiras
57 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Feb 2015, 23:28
Asunto: Re: CAMPAÑA DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

PD: esquecíaseme dicir, que coa lei de protección de datos, tedesme que enviar no correo electrónico un xustificante no que dades permiso para que publiquen a foto no mural.

é un lio, xa o sei... e por iso moita xente se bota atrás por este motivo, porque perden tempo, a xente anda acelerada, etc.

Con que enviedes o voso nome e DNI para que se poida cubrir a ficha conforme cededes a foto e dades permiso para publicala o día 8 DE MARZO na Cidade da Cultura de Galicia, en SANTIAGO DE COMPOSTELA, será suficiente.


Sinto molestar! agradézovos enormemente que colaboredes! Moi feliz





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos