Foros ›
Carreira irmandiña en Vimianzo (26/6/15)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Feb 2015, 14:19
Asunto: Carreira irmandiña en Vimianzo (26/6/15)

Certa foreira que é bastante asidua neste foro xa nos dará máis detalles conforme se achegue a data, pero ide gardando cita para a noite do venres 26 de xuño:
www.lavozdegalicia.es/...436349.htm

Lembrade que en Vimianzo aínda hai outra antes, o 26 de abril (a do circuito de "correndo pola Costa da Morte") e xa sei que para esta do Asalto aínda falta unha eternidade, pero iso, que non ocupedes esa noite noutras cousas Sorriso
RaAmon

Maratoniano
Maratoniano
1/05/09
45 Carreiras
200 Mensaxes
Carballo (A Coruña)
Respostar citando Envío Xov, 12 Feb 2015, 17:36
Asunto: Re: Carreira irmandiña en Vimianzo (26/6/15)

pablobaio escribió:
Certa foreira que é bastante asidua neste foro xa nos dará máis detalles conforme se achegue a data, pero ide gardando cita para a noite do venres 26 de xuño:
www.lavozdegalicia.es/...436349.htm

Lembrade que en Vimianzo aínda hai outra antes, o 26 de abril (a do circuito de "correndo pola Costa da Morte") e xa sei que para esta do Asalto aínda falta unha eternidade, pero iso, que non ocupedes esa noite noutras cousas Sorriso

Bailar Graciñas, Pablo... outra carreira na Costa da Morte, e nesta ocasión, nocturna! Satisfecho Lembrade tamén que o domingo anterior a esta carreira, o 21 de xuño, celebrarase a de Carballo (10.000 asfalto, rápida). Preparando a de Carballo, descansades uns días ao rematala e quedades fetén para Vimianzo Guiño ésta é unha distancia apta para calquera, e o feito de ser ás 9 da noite, en pleno verán, creo que a vai facer moi agradable de correr.

Para a xente de fóra: Vimianzo ten un castelo moi chulo, visitable, así que podedes achegarvos ca familia pola tarde para velo antes da carreira... e xa postos, esa finde visitar Camariñas (bonito pobo cun faro, o Vilán, e un entorno que ben pagan a pena...), Baio (Muiños do Mosquetín...), Zas (Torres do Allo)... entre outras moitas cousas, e está todo a un pasiño. Seguro que a xente da zona pode recomendar mellor ca min Angel

Anotada na miña axenda Satisfecho
pietropuki

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
31/01/09
505 Carreiras
1574 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Feb 2015, 17:44
Asunto: Re: Carreira irmandiña en Vimianzo (26/6/15)

Graciñas pola info Aplauso , a ver se podemos ser da partida.
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Feb 2015, 23:00
Asunto: Re: Carreira irmandiña en Vimianzo (26/6/15)

Tal como di Ramón, na Costa da Morte hai moito que ver. E para os que non esteades ao tanto, en Vimianzo hai un castelo tremendo. Desde hai 19 anos vense celebrando a principios de xullo unha festa que cada ano vai a máis na que se escenifica o Asalto ao castelo por parte dos Irmandiños. Nesa festa, ademáis da moi elaborada carga teatral tamén hai música con artistas de moito renome (este ano pasado estiveron, entroutros, Kepa Junquera e Susana Seivane, e en anos anteriores, Luar na Lubre, Berrogueto, etc). Involúcrase todo o pobo (mesmo adornando as casas con motivos medievais). Todo isto está organizado por unha asociación moi activa (Axvalso) pero, mellor que todo o que eu vos poida explicar, tedes en internet información a paladas.
Esa semana promete ser tremenda no que se refire a darlle á zapatilla: o domingo anterior Carballo, o venres esta e ao día seguinte Cee (carreira do circuito "correndo pola Costa da Morte". Haberá que cruzar os dedos para non ter lesións eses días Sorriso
Darreina

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
26/09/11
5 Carreiras
258 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Feb 2015, 13:34
Asunto: Re: Carreira irmandiña en Vimianzo (26/6/15)

Toda a información é correcta pero olvidádesvos do mellor: Os pinchos irmandiños!!! Jajaja. A semana previa ao asalto nos bares de Vimianzo hai degustación e concurso de pinchos polo que todos se esmeran para ganar.
Volvendo ao tema deportivo a verdade e que esta carreira estase organizando con moita ilusión. Ainda a están cociñando pero parece que intentarán acabar no castelo ( pendentes de permisos de trafico) e a verdade e que ainda que me coincide con un compromiso fora de Vimianzo vaime resultar difícil non asistir.
JoeyCallow

Novo foreiro
Novo foreiro
29/12/14
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 03 Abr 2015, 14:35
Asunto: Re: Carreira irmandiña en Vimianzo (26/6/15)

pablobaio escribió:
Certa foreira que é bastante asidua neste foro xa nos dará máis detalles conforme se achegue a data, pero ide gardando cita para a noite do venres 26 de xuño:
www.lavozdegalicia.es/...436349.htm

Lembrade que en Vimianzo aínda hai outra antes, o 26 de abril (a do circuito de "correndo pola Costa da Morte") e xa sei que para esta do Asalto aínda falta unha eternidade, pero iso, que non ocupedes esa noite noutras cousas Sorriso

¿Sabe alguien cual sera el recorrido de la carrera del 26 de abril, correndo po la costa da morte?
Estoy dudando si hacer la de 5km o la 10km y creo que segun el recorrido que tenga me animare a una u otra. Gracias por adelantado :DD
G.Silva

Maratoniano
Maratoniano
21/09/11
0 Carreiras
152 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 03 Abr 2015, 15:58
Asunto: Re: Carreira irmandiña en Vimianzo (26/6/15)

No tema do Circuito de Carreiras da Costa da Morte tes toda a información sobre a carreira de Vimianzo do día 26 de abril.

Enlace Carreiras Costa da Morte
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 03 Abr 2015, 21:41
Asunto: Re: Carreira irmandiña en Vimianzo (26/6/15)

JoeyCallow escribió:
pablobaio escribió:
Certa foreira que é bastante asidua neste foro xa nos dará máis detalles conforme se achegue a data, pero ide gardando cita para a noite do venres 26 de xuño:
www.lavozdegalicia.es/...436349.htm

Lembrade que en Vimianzo aínda hai outra antes, o 26 de abril (a do circuito de "correndo pola Costa da Morte") e xa sei que para esta do Asalto aínda falta unha eternidade, pero iso, que non ocupedes esa noite noutras cousas Sorriso

¿Sabe alguien cual sera el recorrido de la carrera del 26 de abril, correndo po la costa da morte?
Estoy dudando si hacer la de 5km o la 10km y creo que segun el recorrido que tenga me animare a una u otra. Gracias por adelantado :DD

Efectivamente, tal como che di Gonzalo estamos a falar de dúas carreiras distintas: a irmandiña que será o 26 de xuño (venres pola noite) e a do circuito, que é tamén un 26 pero de abril. Este ano a de 10 está homologada e, se é como en anos anteriores (que creo que practicamente si), son dúas voltas a un circuito bastante levadeiro, totalmente plano salvo unha subida potentilla sobre todo cando vas queimado na segunda volta. O circuito de 5 km é o mesmo co de 10 pero só unha volta. O ano pasado o gran problema foi o calor. Se fas a de 5 km recoméndoche que vaias a un 80% aproximadamente ata pasar esa subida; desde aí tes uns 3 km onde podes ir a machado porque é terreno favorable; se vas facer a de 10 o plan é o mesmo pero mantendo ese esforzo do 80% ata que pases a subida na segunda volta. Eu o ano pasado fixen a de 5; fun a tope desde a saída e tras pasar a dichosa subida quedei tan fundido que mesmo tiven que facer anacos do terreno favorable camiñando... Sen embargo, en anos anteriores fixen a de 10 co plan do 80% e xenial. Bueno, espero que che fose de axuda todo este ladrillo.
G.Silva

Maratoniano
Maratoniano
21/09/11
0 Carreiras
152 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 03 Abr 2015, 22:06
Asunto: Re: Carreira irmandiña en Vimianzo (26/6/15)

Así mesmo é
Moi feliz





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos