Foros ›
Autor
Mensaxe
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 28 Abr 2016, 20:53
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Jaja robocot...si señor...esa ė Meiga, en estado puro.
Hablando de anécdotas donde la protagonista sea el agua. El otro día apareció apagada la caldera y ya me ves.. Libro de instrucciones en mano y mi hijo con cara de"no puede pasarrrr ,como me ducho ahora"
La di puesto a funcionar y corrió hacia la ducha...y por primera vez en su vida acabo en 3 minutos y medio ...jeje no se fuera a apagar otra vez
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 01 Mai 2016, 22:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Xa vai sendo hora de volver a dar sinais de vida.

Despois da saida do mércores e a visita á fisio , pasei unhaq xornada de transición o xoves absolutamente mazada, con máis maniotas que despois da Vigo Baiona. Imaxino que iso debería ser bo sinal, e que me traballaron ben os músculos na camilla.

O venres tocaba sair cedo, pero nese estado catatónico muscular , decidín volver a meterme baixo as mantas e deixar o entreno para o mediodía. Coma sempre volvín mais tarde do traballo, e xa ó ter menos tempo decidín ir pola Guía, e menos mal, porque tal e como petaba o sol ása 2 da tarde creo que por Chapela me tería deshidratado. Saíu un crono de 30:56, bastante malo para ese circuito (ritmo 6:36, si que é dura de subir a costa de Ríos pero normalmente non tanto...) . En fin, un punto máis nesta liña descendente que levo nestes meses.

Menos mal que no domingo fixen a terceira saída, ás 10 da mañá, disfrutando dunha primeira metade maravillosa, vento fresco de cara pero non moito, con 0 molestias na perna dereita e subindo algunha das costas a ritmo por debaixo de 5min/km... Pero pasado o alto da Encarnación xa todo volveu á "normalidade". Sen dar demasiado a lata, menos mal, de tal xeito que rematei o circuito de Chapela cun esperanzador tempo de 48:51. Bonito autorregalo no día da nai.

Para esta semana que empeza, os plans son facer as tres saidas de rigor, conseguir cita na osteópata que me aconsellou a fisio para tratar o da rotación da cadeira máis a fondo. E de camiño ir meditando se me convén ou non a oferta que me fixeron de anotarme nun ximnasio (cousa que ata agora nin se me pasara polo pensamento, mais que nada por imposibilidade de axenda)

O asunto é que un compañeiro de traballo do meu "preparador físico", montou con outro socio no centro de Vigo un "microximnasio" destes pensados para sesións personalizadas. O pasado venres fumos de invitados a unha especie de cea de inauguración, todos en amor e compañía picando tapas e bebendo viño rodeados dos balóns de pilates, as elípticas, e unha morea de inquietantes chalecos que polo visto funcionan con electrodos que activan a musculación, en plan descarga de correntes controladas.

Total, que algún dos presentes comentou a súa experiencia particular, e o anfitrión, que foi atleta dos moi bos, e sabe do que fala, empezou a explicarme que seguro que fortalecer a musculatura lumbar axudaría moito cos meu poblemas do ciático, etc,etc, que o comente cando pase pola osteópata, e que me pensase a posibilidade de probar...

E así andan as cousas. Non sei que decidirei ó final . Se cadra lle tería que preguntar o Les ese de marras da tele americana se paga a pena invertir tanto en restaurar un modelo do 63 polo que dan só 20 puntos este ano no circuito vigués. Guiño
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 02 Mai 2016, 9:24
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Al loro Meiga, que los tratos personalizados andan a nosecuantos euros la hora.

Lo digo porque mi personal-xoper me cobra 40 napos.

Eso sí, mi estilismo no es mejorable ya.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 02 Mai 2016, 11:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Grazas polo consello Freaky. De momento andan en prezos de promoción. Deronnos un vale de sesión de benvida por 15 euros, e as seguintes a 30. E sería para probar unha temporada... Logo despois xa habería que volver á vida normal.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 02 Mai 2016, 18:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Jaja meiga te mando a Nicolás dentro de 2años ,cuando acabe inef.
Del tema "gin",no te puedo aconsejar porque no voy,aunque es difícil porque aquí hay 2tipos :
1-por 25 euros al mes /individual o 42 bono familiar tienes piscina y gimnasio.. Clases aparte..
2-plan personalizado y un poco supervisado sin piscina 50 euros individual
3-esta ultima opción es con e entrenador personal como el de aznar q corre contigo y todo 30 euros por hora
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 05 Mai 2016, 21:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Suponse que esta semana tocaba sair martes, xoves e domingo.

Pero seguindo esta tónica irremediable de que os plans se fan para non cumplilos , a cousa foi que hoxe xoves pola tarde tocou a primeira saída, mañá venres pola tarde a segunda, e a ver se domingo pola mañá a terceira.

Hoxe chovia bastante miudo, e ainda bo foi, pois o asfalto e as beirarrúas aínda seguían soltando o calor das tardes pasadas. Así que todo era un exceso de humidade morna, case me recordaba un pouco algunha saida deste verán pasado pola illa grande... pero "esto no es Hawaii", nin de lonxe. Sendo as 18:30 da tarde a Avenida de Galicia é un contínuo de tráfico e fumes de escapes, que lle imos facer.

En resumo, saiu un crono de 49:11, a un ritmo de 5:31. Suor extremo, e molestias no lado dereito, os xustos.

O martes da semana que ven, visita á osteópata. Por probar que non quede...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 08 Mai 2016, 21:57
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Hai media hora escribín a entrada correspondente , e polo visto non se enviou ben... misterios da rede.

O caso ě que volver a recordar o que puxen e repetilo dame moitísima pereza, e ademais, despois ler as crónicas repletas de épica da carreira de Samil e a de Cedeira, xa quedei convencida de que calquera intento de narrar un par de entrenos de favela cutres e a deshora ía quedar soso e sen interese.

Simplemente dicir que a semana remata efectivamente coas tres saídas previstas, só que a segunda foron 10 voltas escasas pola Balbarda, cun tempo floxisimo de 32 minutos, e que a saída de hoxe por Chapela, saíu, non sen esforzo, a un ritmo de 5:31.

Obxectivo para a semana que ven: Non volver saír dous días consecutivos a media tarde coa dixestión sen rematar de facer, especialmente en domingo...
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Lun, 09 Mai 2016, 9:42
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Todas las vivencias narradas en los diarios son interesantes. Además, tú escribes muy bien. Guiño


Pero yendo a lo importante... ¡has recibido el castigo a la procastinación! Si es que ponerse a estudiar el día antes y esperar que todo vaya perfecto en el examen es vivir en una utopía de autoengaño.... Mr. Green
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Mai 2016, 12:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meiga: Estoy esperando la crónica del incendio ese de Rande. Algo cerca te tuvo que pillar.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 13 Mai 2016, 10:03
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Tes razón Freaky, o incendio de Fandicosta merecía unha crónica.... desde a nosa casa podía verse unha nube enorme, negra , definitiva, como fungo de explosión nuclear, ou como de bombardeo sirio.... De verdade que me acordei de toda a xente que seguro que ten nubes coma esas de panorama diario... pero non me puden parar a redactar a crónica porque xusto nestes días o meu panorama familiar tiña tamén os seus incendios e nubes negras das que tiña que ocuparme con urxencia.

Indo xa á temática propia de diario, dicir que o martes pasei pola osteópata. Ademáis do habitual, desta volta a clave do diagnóstico é que teño moi debilitada a musculatura do fondo da pelve, e por iso van mal o psoas e o piramidal ( seguro que esta muller si que lle fai caso ós eslógans de 101 Guiño ). Así que de aquí ata o 1 de xuño toca facer series de abdominais hipopresivos, contraer a ritmos lentos e rápidos os músculos da base da pelve , e demáis cousas raras e inexplicables.

O mércores fixen o primeiro intento de saída semanal. Con isto de que xa non son capaz de pegarme os madrugóns que solía facer en anos anteriores , ó final vinme tan xusta de tempo que todo quedou en 5 ridículas voltas á Balbarda, polo menos foron a ritmo lixeiro, para aliviar a conciencia.

Onte quixen demostrarme a mín mesma que aínda tiña algo de forza de vontade, e aínda que o horario se foi complicando ó longo do día, non tirei a toalla e sain correr ás 10:15 da noite. Por fin parecía que marchara a choiva de Oliveville ( de momento) , e nalgúns patios e xardins do percorrido arrecendía a terra secando, e a rosas e limóns .

Ía tan cansa que case levaba mais sensación de ir durmida que desperta. Para espabilar, acordeime de Freaky e os censos, e caín na conta de que nunca fixera o da franxa horaria das 10:30 da noite en diante. O reconto que me saiu foi :
- paseadores de cans,1, e con correa, ainda menos mal.
- Adolescentes facendo o tolo a ritmo de reguetón na parda do bus, 3.
- Tráfico , abundante.
- Autocares da empresa Mombús, 3, 2 cara Vigo, 1 cara Pontevedra ( nunca pensara que Mombús tiña servizos tan tarde).
- Gatos, 2, un deles negro e cruzou diante miña antes de chegar ás 4 Pontes. Será por iso que o Circuíto de Chapela saiu en 52:30 minutos... Moita marxe de mellora me queda para o resto da semana.
- Corredores , só 2, un con cortaventos amarelo fosforescente á altura do Cemiterio de Teis, e outro de camiseta branca no Alto da Encarnación.
-Corredoras, só unha servidora, con camiseta laranxa e muñequeras reflectantes.

Por certo, que onte reparei en que a data da nocturna de Correndo por Vigo queda para o 2 de xullo, en lugar de a finais de maio. Se cadra ata me da o corpo para correr a de San Xoan e a nocturna. O meu sobriño encantado, pois desas datas xa terá rematado os ensaios, clases e actuacións e o ten mais doado para ir correr, e para lucir todos os seus entrenos no ximnasio de A Miñoca. O outro día chegoume todo garboso dicindo que fixera na cinta 5km a un ritmo de 3:40, pero xa lle dixen que andivese con ollo, que correr 10km , e coas rampas que hai na Nocturna, implica saber dosificar... En calquera caso está moi motivado. Xa veremos de aquí a alá se hai que dicir que "ha nacido una estrella",ou unha bengala ou un misil tomahawk. Xuventude, divino tesouro...
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Ven, 13 Mai 2016, 16:48
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

O mucho me equivoco o hay una semana fantástica por ahí que viene con la Vigo-Ponle freno, la San Xoán, y la Nocturna, las tres en un pañuelo. Desenfreno total. Razz

Y mientras en Sparkland la gente afloja 15 euros por una carrera, la del sábado, de la que a estas alturas no se sabe ni a qué hora empieza. Esto es el "pague y olvídese" hecho carne. Cuando la diputación y el banco mediolanum se dan la mano surge la magia.

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Mai 2016, 19:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Hola meiga con que....tes que ejercitar a "pelvis",!!!!
Pois xa che diría uns ejercicios que mandan facer os urólogos con bolas chinas incluidas(recetados polo sergas)...hai que rirse un pouco.
Espero que o ceo este a despexado por Catoira.bicos
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 14 Mai 2016, 8:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Eso sí es un censo. Impresionante poder acordarte de todo. A mi bastante me cuestan sólo los números, pero lo del censo de bichos y buses es muy descriptivo. A cada uno nos preocupa lo que nos preocupa. Los buses a veces te rozan al pasar por tu lado y en la Favela no hay aceras, no como en la Coru que tenemos un paseo marítimo enlucido de oro, joyas en las luminarias y paseos de andadores, runners, bicis, coches, taxi, buses respectivamente. Y a los que no cumplan esos requisitos les hemos construido un túnel bajo el mar.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 15 Mai 2016, 22:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Perde medo Freaky, certo que moitas veces me toca arcén, pero xusto no percorrido de Chapela hai beirarrúa case todo o tempo, e según vexo vir de frente un bus urbano ( que sempre van desbocados) xa fago a finta pertinente para subir á beirarrúa e despoius baixar ( así saen os perfis do gramin despois con tanto cambio de ritmo e posición).

Remata semana con 3 saídas, aínda que se vamos a kilómetros, a do mércores debería contar como medía saída. De momento imos conformarnos con manter a forza de vontade de poñer as zapatillas e saír. Manter outras cousas, como a alternancia de días e a kilometraxe xa vai ser mais complicado.

Hoxe saín as 9:30 da tarde, si, sí, poño da tarde porque aínda era de día. Por fín sol sen nubes e un fermoso solpor pola zona do Morrazo, pena que non din chegado ó alto da Encarnación a tempo de velo ben. Para lograr semellante heroicidade saíndo á hora que saín de casa, tería que ter as pernas e o ritmo de Barca Toba... Pero nada diso, a medida que se me ía facendo noite de camiño, máis ben as pernas e o ritmo ían a menos, como caendo presa dun meigallo deses que só se manifestan de noite, como lle pasaba a Fiona a de Shrek... Aínda así, logrei chegar a casa facendo un crono algo mellor ca o do xoves : 50:30. Os ritmos seguen aí rondando os 5:40-5:45.

Con respecto ós efectos dos exercicios de reforzo da musculatura pelviana, e demais rarezas, non sei ben que dicir. É certo que hoxe case non notei molestias no lado dereito. Pero tamén poido ser casualidade.
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Mar, 17 Mai 2016, 16:55
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

¡Bravo! Que un vitrasa desbocado les complique las cuentas a los satélites del gps, me reconcilia con la tecnología. Menos mal que las máquinas no sienten ni padecen. Muro

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos