Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 26 Out 2014, 10:06
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Terceira saída da semana, co corpo descansado gracias ó plus do cambio de hora, e sen tráfico por Chapela, como toca en domingo.

9,02km, en 48:5, a un ritmo de 5:25 min/km. Parece que xa me volven a cadrar as contas...

Desta hora estarán tomando a saída os da carreira de Santiago, e preparándose os da Carreira contra o Cancer de Vigo. Boa xornada para tod@s, tanto os que corredes como ós que estaredes animando.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 28 Out 2014, 0:14
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Non é que teña nada interesante que contar , mais ben o contrario, pero hai quen espera algo medianamente pasable de mín na San Martiño, e hoxe mesmo volveume e recordar que entrene duro. Así que aquí estou , "facendo os deberes".

Chapela ás 9 da noite, tan de noite coma se fosen as 6 da mañá, isto do cambio de hora é o que ten... 8,94km , en 51:47 minutos , a un ritmo de 05:47 min/km. Mellor non digo nada. Triste
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 28 Out 2014, 19:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Gracias Meiga por la información de la San Martiño. Tengo que ir al fisio y no sé si me recomendará descansar un poco, para no comprometer otros objetivos. Si finalmente voy ya nos ponemos en contacto para saludarnos.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 30 Out 2014, 11:51
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Segunda saída da semana, que tería que ter feito onte pola mañá , pero non sempre saen as cousas como un as pensa.

Como andaba co tempo xusto e non quería perder tempo parada diante do meu portal a esperar, volvín a intentar o de botar a correr confiando en que o Garmin se conectase sobre a marcha, pero tal e como xa me pasara, non o fixo . Así que altura do cemiterio de Teis, púxeno en modalidade cronómetro, e saiume un resultado de 7,00km aproximados, en 39:32 minutos, a un ritmo de 05:38 min/km . Aínda que as pernas fixeron 8900 metros como todos os días... Todo dentro do normal, pero nada como para botar foguetes.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 02 Nov 2014, 11:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Levo 3 días cunha contractura entre o hombreiro dereito e o pescozo, imaxino que por algunha mala postura diante do ordenador, e mais aderezada co traballo de horta intensivo que me metin estes 2 últimos días.
O caso é que despois desta 3ª saída da semana está case curada (toco madeira) . Está claro que isto de sair correr senta ben sempre.

Saín ben cedo, a índa non chovía como agora. 13º C, ideal para correr, aínda que o traballo hortícola pesaba algo nos músculos á hora de arrincar .

En total: 8,92km, en 49:05 a un ritmo de 5:30 min/km. A ver se me vou mantendo ( e de paso curando de todo a contractura e mantendo a raia as molestias da perna dereita)... Bufff , xa quedan só 2 semanas xustas.


Última edición por Meigalicix o Dom, 02 Nov 2014, 11:44; editado 1 vez
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Nov 2014, 11:13
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Coida eso Meiga.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Nov 2014, 22:46
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

vas como una maquina!!!!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 03 Nov 2014, 9:22
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Graciñas polos comentarios, mozos... Hoxe estou case recuperada xa da contractura (toco madeira...), pero está claro que teño que poñerme coas sesións de pomadas e calor na perna dereita se quero que todo vaia baixo control nestes 15 días.

O plan vai ser (porque no queda outra) 6 saidas, en luns,mércores e venres.

A deste luns foi xa de mañá cedo. 7 menos cuarto da mañá, 13 ºC e algo de chuvia, xusto no punto agradable para correr, A pena foi ter algo de vento de cara, pero non se pode ter todo.

9,05km, en 49:40 minutos, a un ritmo de 5:29 min/km (con bastante traballo, todo hai que dicilo...)
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 05 Nov 2014, 19:23
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Segunda saída da semana. Esta vez correndo xa con doble malla, que os termómetros marcaban 9ºC.

En total 8,97km, en 50:29 minutos, a un ritmo de 5:37 min/km. Non é que sexa un desastre, pero sentiríame máis optimista se nos 4 entrenos que me quedan os tempos baixasen sempre de 50 minutos.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 07 Nov 2014, 9:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Pois está claro que non o dou conseguido. Terceira saída da semana, como os catro vellos mariñeiros, "de noite coa luz da lúa" (preciosa por certo, así enriba do Parque da Riouxa)... Todo moi agradable, pero 51:04 minutos para facer 8900m, así que un ritmo de 5:44. Imos para abaixo en vez de para arriba.

Agora toca encarar unha fin de semana en que terei que aguantar case 14 horas de tren ( 7 hoxe, e 7 o domingo) mais moitas horas reunida sentada. A ver se polo menos podo facer estiramentos. En fin, non é o mellor xeito de enfilar a recta final cara a San Martiño, pero é o que toca, snifff.


Última edición por Meigalicix o Ven, 07 Nov 2014, 11:36; editado 1 vez
Aprendiz

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/06/13
8 Carreiras
680 Mensaxes
VIGO
Respostar citando Envío Ven, 07 Nov 2014, 10:44
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

A lo mejor el descanso te va bien, a veces uno se estanca sin razon aparente. Lo importante es que no has perdido el ritmo de entrenos que te habías impuesto; ve con fuerzas a la San Martiño, no te obceques en la marca en el entrenamiento, y ve bajando gas esta semana, el trabajo ya está hecho. En carrera, lo agradecerás. Saludiños e moito ánimo.

Hazlo, o no lo hagas. Pero no lo intentes.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 09 Nov 2014, 22:49
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Nada de nervios esta ultima semana ,has echo muy buen trabajo semanas....te saldrá una buena carrera ya verás
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 10 Nov 2014, 20:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Hoxe tocaba estirar as pernas despois dun fin de semana tan sedentario ( por unha vez sí que fixen un mínimo diario de estiramentos )

Chapela ás 7:10 da mañá, e un tráfico que case parecía Bouzas... 8910 m en 50:29 minutos, a un ritmo de 5:40 mín/ km.

O cronómetro xa case en función de conta atrás.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 12 Nov 2014, 14:54
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Penúltima saída antes do domingo.

Chapela ás 6:40 da mañá. Menos tráfico e menos vento que o luns. Por iso sai a cousa en 8860m percorridos en 49:26 minutos, a un ritmo de 5:34 min/km... Non se se poñerme con estadíticas, como fan os comentaristas deportivos para encher tempo. O caso é que o ano pasado por estas mesmas datas os meus entrenos por este circuitos andaban entre os 53 e 51 minutos. Agora a cousa vai entre os 51 e 49 minutos... Son parvadas que no fondo non queren dicir gran cousa, pero levantan un pouco o ánimo .

O venres creo que farei só unha tirada curta de media hora pola Balbarda para non forzar o corpo.

Non queda nadiña xa....
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 14 Nov 2014, 19:24
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Hoxe ó mediodía fixen a media hora pola Balbarda tal e como tiña pensado. Segundo o Garmin, 5320 m a un ritmo de 5:55 mín/ km ( neste circuíto de contínuo tobogán. calquera ritmo que baixe de 6min/ km xa o dou por bo).

E xa non me queda mis que facer, aparte de preparar a bolsa para marchar mañá a Sparkland . Cruzando os dedos para que non caía no medio da carreira un trebón con lóstregos incluídos coma agora mesmo... Recordo que fai xusto dous anos tamén fun de víspera e diluviaba, pero ó día seguinte un sol espectacular . A ver que tal se da todo este ano... Respecto ás expectativas, non creo que repita o tempo que fixen na carreira de Catoira. Con baixar dos 53 minutos xa me daría un aprobado.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos