Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3261 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 04 Abr 2018, 11:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Penúltima saída Pre V-B :

Non sei se foi por algún dos exercicios no ximnasio con Jota o luns, o se é que así tocaba a conxunción astral, pero esta mañá na cama xa me molestaba abondo o glúteo esquerdo, pero noutra zona distinta.

Un par de masaxes e estiramentos e decidín sair correr ás 7 da mañá, con moita sorte pois só me tocou mollarme, e non moito, entre o cruce de Arealonga e as Catro Pontes. Iso sí, moito vento de do sur, todo un adianto do que vai ser o domingo. Rexistro: 51:20 minutos, non damos baixado do ritmo de 5:40, e que lonxe quedan os gloriosos entrenos con ritmos de 5:28.

Ó chegar , xeo na perna e estiramentos, pero non vexo que a cousa mellore. Dependendo de como vaia o resto do día, xa me pensarei se mañá fago ou non a última saída prevista antes do domingo.

Se o ano pasado tocou triunfar, decididamente éste vai tocar sobrevivir.


Última edición por Meigalicix o Xov, 05 Abr 2018, 6:22; editado 1 vez
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4272 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 04 Abr 2018, 15:51
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Venga Meiga. Cabeciña y a por las sub2.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 04 Abr 2018, 21:39
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Moitas sorte nesa carreira Alicia!!
Y a disfrutarr
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mér, 04 Abr 2018, 21:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Muy bien, Meiga. Cuídate esas molestias, dale el descanso que haga falta, que nada vas a perder por ello, y a disfrutar un año más de la Vig-Bay.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3261 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 05 Abr 2018, 6:29
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Última saída Pre V-B cancelada :

Despois de pasar todo o mércores con molestias facendo calquera tipo de movemento normal, tomei a decisión de non saír hoxe. Como ben dis, Freaky, cabeciña. E dándolle a razón a Pollastre, 9 km mal corrido a última hora tampouco van marcar unha diferenza de rendemento, mentras que unha pernas recuperadas sí. E nesas estamos, estiramentos, masaxes, calor, voltarén...

A idea é disfrutar a tope, Corrín, por descontado. O percorrido é o ideal para iso, o conto vai ser a chuvia e o vento do sur, pero malo será que non saiamos con vida.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1336 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 05 Abr 2018, 15:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Moito ánimo e a recuperar Meiga!!! Vémonos o domingo, e como di Corrín ou ti mesma, o que toca é disfrutar.
Por certo, aínda quedan días e pode mellorar, pero dan a priori como moito orballo e non moito vento. Así que comparado co das últimas semanas, un paraíso! Bailar jejeje
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3261 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 08 Abr 2018, 19:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela:" A corredora , o preparador, a archirrival e a súa lebre"
A miña 8ª Vig-Bay. Esta edición, e cada unha das anteriores, unha película diferente, pero todas elas "de cine", con moito que ver, moito que contar.
Certo que eu non son Hellen Mirren, nin a historia deste ano chega ós limites do humor negro e ó terror da película de Greenaway, pero si que desta volta eramos unha peculiar mestura de personaxes na carreira, cada quen coas súas cartas á vista e as súas expectativas secretas metidas no peto.
Coma toda festa que se precie, xa comezou de víspera, coa recollida de dorsais. Outro anos iamos todo o equipo improvisado da favela á xunta: os de Teis, os emigrados de Suiza que algunha vez saíron no Faro de Vigo, e ata sacabamos fotos coas bolsas na man dinte do Verbum... o caso é que desta volta (por lesións e causas varias) deixáronme soa. Pero como diría o Mota "as que entran polas que saen": Nesta edición sumouse a representación ourensana: A miña archirrival e a súa lebre.
Para ela, que xa lle sabe a pouco facer podium en cada carreira de 10 km á que vai, ía ser o seu debut na media distancia. Bo criterio , qué mellor lugar para estrearse que na Vig-Bay. A súa lebre é un dos históricos que correu unha morea de Vig-Bays ata que se fartou da subida de prezos na inscipción, pero "si hay que ir, se va", qué clase de lebre sería se non fose a valer á súa corredora.
Quedei con eles para vernos Samil xa sobre as 9 da mañá, para darlles os dorsais, quentar un pouco , e darlle un pocuo de traballo por partida triple ó meu sufrido preparador e utilleiro, que andaba alí chupando aire e frío mentras nos íamos e viñamos deixando puchos e sudadeiras.
Sobre as 10 da mañá tocou Carmafoto. Máis de 15 persoas do equipo, rodeada eu da flor e nata, os protagonistas das películas taquilleiras de acción e heroismo, candidatos seguros a chegar a Baiona en 1 hora e 25 minutos ou menos. Pero é o bo que teñen as Carmafotos, que hai sitio para todo o mundo, ata para os de marca branca e de andar por casa coma min.
Coa mesma xa enganchamos algúns (Sonsuso mais eu,porque Sanmikel andaba desaparecido...) coa fotokedada do foro. Non estaba Baoes, pero non faltaron os imprescindibles: Amina, Litho, Doutor Slump, Andres 61, Isaías, Pelerín...
De contado chegou a hora de poñerse na liña de saída. A miña arcirrival e a lebre deberon situarse preto do globo de 1 hora e 50. Pero Andrés 61 mais eu demoramos un pouco trotando antes , e saudando a Montxo, quedando ó lado do globo das 2 horas.
A idea era correr xuntos mentras nos dese o corpo, e intentar facer algo parecido a 1 hora e 55, pero igual que cantaba Sabina, "lo nuestro duró lo que duran dos peces de hielo en un wisky on the rocks". Foi inevitable, deron a saída e as pernas fóronseme soas ó ritmo que pedían, adiantando a toda a xente que tiña por diante. Sei que Don Andrés61 non me garda xenreira por iso, porque o noso era un acordo libre sen contrato de permanencia.
En xeral a climatoloxía portouse ben, nos momentos previos de quecer e no inicio da carreira poidemos ir a pe enxoito e cunha boa temperatura. Estábanme saindo uns ritmos bos, aínda que a perna dereita se queixaba, pero dentro do soportable. No tramo previo a Praia Amèrica notei a musculatura dando a voz de alarma, e boitei man da primeira gominola do avituallamento, creo que tería que telo feito antes. Chegando a Monte Lourido o pé dereito estaba afectado dos síntomas dunha boa bocha incipiente baixo o dedo gordo. Debería ter posto uns compeeds coma outros anos, pero con tempo de chuvia os parches sóltanse e acaban estragando máis do que amañan, iso foi o que me aconteceu hai dous anos e por iso nesta edición renunciei: resumindo, que con humidade calquera cousa que faga sáeme mal. Por se iso non fose de abondo , nalgunha das cunetas de Monte Lourido enchoupouse o pe esquerdo, e cando enfilei cara a Ramallosa os ritmos eran de 5:45, en fin, habería que salvar o tipo como fose, pero as contas non pintaban ben. Os kilómetros ían pasando de contado, as pernas ían respondendo sen calambres, pero sen dar demasiadas alegrías. Nesas rectas interminables entre Sabarís e Baiona ían quedando os habutiais disidentes nas cuentas (mágoa de ter que botar a andar cando só quedan 3 km), pero ó mesmo tempo que eu os rebasaba, tamén ía rebasándome a min moitas das persoas que adiantei nos primeiros 10 km. Tanto tiña, o caso era chegar, e ademais levaba no peto os ánimos que fun recibindo durante a carreira, impagables todos eles: Os meus colegas lesionados da favela animando xusto no alto da costa de Canido, a compañeira Lisy pasado o km 10, outro compañeiro do que aínda non me sei o nome , que me rebasou a media carreira e tivo o detalle de saudar, e a compañeira Aurora na recta final de Baiona.
Máis impagable aínda ter ó noso esforzado utillero na liña de meta esperando coas mochilas e as sudadeiras.
Tal e como eu prognosticaba, a miña archirrival, acompañada da súa lebre , debutou cun máis que magnífico tempo neto de 1 hora e 50, uns 100 postos diante miña na xeral feminina. Eu fixen desta volta 1:56:19 polo meu garmin. Para Championchip 12 segundos máis. Tendo en conta o estado das miñas pernas e os meus pes despois de Monte Lourido, aínda menos mal. 21 de 72 veteranas +50, indo ós tempos netos.
Con presa por chegar ás duchas antes de que nos deixasen sen auga, enfilamos cara o pavillón os tres. Teño que manifestar que desta volta houbo para as mulleres algo máis de sorte que en anos anteriores: Mandáronnos ó piso de abaixo, non tivemos que facer cola, tivemos auga con presión de abondo e temperatura aceptable, e ata quixo o destino que volvese a coincidir a carón de Amina compartindo banco, colgador e resultados. Parece ser que nas duchas masculinas a cousa non pintou tan ben, por ser 3000 participantes máis.
Xa duchados e acicalados, e despois de facer saúdos de rigor na zona de premiación, fumos cara onde nos esperaba o imprescindible utillero e chófer, e tomamos rumbo a Canido para dar conta da parte máis significativa da xornada: A de tomar as cervexas, revisar os resultados na páxina de Championchip, disfrutar do xantar, da sobremesa, os chupitos de caña de herbas, as risas e os cafés ata as 7 da tarde, momento en que achegamos á archirrival e á lebre ó seu coche en Samil, facendo plans para a seguinte ocasión.
Mañá seguro que estarei renqueante, pero que nos quiten o bailado/ corrido/ disfrutado


Última edición por Meigalicix o Lun, 09 Abr 2018, 6:45; editado 2 veces
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 08 Abr 2018, 21:24
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhorabuena,muy buena crónica de la carrera.nos lo haces vivir,te van a contratar para hacer guiones.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 09 Abr 2018, 6:18
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Felicidades Alicia. Magnífica Crónica y Carrera Aplauso Aplauso Aplauso
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4272 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 09 Abr 2018, 7:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

5:31 de media. No es tu MMP?
Si no lo es anda cerca.

Noraboa Meiga.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3261 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 09 Abr 2018, 10:08
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

freakyrunning escribió:
5:31 de media. No es tu MMP?
Si no lo es anda cerca.

Noraboa Meiga.

A miña MMP foi o ano pasado a 5:19 de media, pero o estado físico érache outro. Tampouco me vou poñer saudadosa, todos os anos se pasa ben. Iso si, desta volta á fisio de cabeza
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 09 Abr 2018, 13:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Como diría un coñecido meu.." si novas a ganar, asegurate al menos de disfrutar". Este precepto parece ser que o lograches. Noraboa Aplauso
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1336 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mar, 10 Abr 2018, 10:24
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Gran crónica Meigalicix!!!! Aplauso Aplauso
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3261 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 10 Abr 2018, 19:22
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Nando e Suso, agradecida polos comentarios e por pasar de visita por este recuncho que non é exactamente nin de cifras nin de letras.

Despois de dia e medio facendo menos estiramentos e repouso do que debería, por fin amañei para sair este mediodía despois de traballar a facer un trote tranquilo, se garmin e sen máis pretensión que aliviar maniotas. Abrigada con pucho e sudadeira pensando que caería o diluvio universal, estando como estaba de negro o ceo, pero zafei.

4300m escasos , indo por Ríos, a zona da Igrexa e a Riouxa, seguindo o Camiño da Chumba atas Catro Pontes e volta pola Avenida de Galicia coma sempre. Sensacións normais, o compped correspondente no pe dereito.

Sesión de ximnasio de mañá pola tarde cancelada, e paso pola camilla da fisio o xoves pola maña.

E antes de que remate a semana, outras 2 ou 3 saídas curtas coma as de hoxe, sen forzar o máis mínimo
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3261 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 12 Abr 2018, 10:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela : "Begin the beguine"

Son máis de Georges Gershwin que de Cole Porter, pero quedaba ben de título para a entrada de hoxe .

Nesas estamos, reseteando e volvendo a comezar. Pasei pola fisio esta mañá. Atacou a fondo o isquiotibial e psoas esquerdo, o piramidal dereito, a zona lumbar. E deixoume deberes para facer: de 2 a 3 semanas de entrenamento correndo con plantillas. Trátase de comprobar que con zapatillas neutras e plantillas sen alza se consigue un certo equilibrio, xa que na súa opinión o de que a partir do km 14 comezase coa ampolla no pe dereito sería a resposta á mala pegada co esquerdo ... Ten a súa lóxica, as zapatillas vellas coas que corrín o ano pasado eran para pe pronador.

En fín , a única pretensión é ver a luz lentamente. De momento ata finais de maio non hai obxectivos


Última edición por Meigalicix o Xov, 12 Abr 2018, 23:43; editado 1 vez





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos