Lun, 23 Mar 2020, 19:39
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas
Diario de adestramento // Luns, 23 de marzo de 2020 // Día 64 // km 6 da semana
APRENDENDO A CORRER POLO PISO....
Hoxe foi a segunda vez que tocaba correr polo piso. Para esta vez mirei de variar algo o trazado do outro día.
En certo modo, un vai aprendendo desta nova modalidade cada día, tanto á hora de deseñar o percorrido como á hora de afrontar a carreira en si mesma.
Busquei a forma de facer menos viraxes, dando máis importancia a poder facer zonas mais rectas e o máis longas posibles, dentro das circunstancias claro.
Que tampouco é cuestión de querer chegar a tódolos recunchos da casa, como pretendía o primeiro día.
Dese xeito non me metín polos baños, e si busquei a maneira de facer como diagonais ao longo da entrada central que conecta coas distintas habitacións.
Ao final saen unhas voltas algo mais curtas, dunhas 50 metros polos 80-90 do outro día, pero moito mais aproveitables.
Con todo, o ritmo medio final tampouco é moi fiable, xa que as voltas que tes que dar fan que baixe bastante a media, pero paréceme importante facer como pequenos sprints en zonas algo "mais abertas".
Hoxe dinme de conta de dúas cousas, unha boa e outra mala, coma o do chiste....
A boa é que con tanto viraxe traballas máis os nocellos (tobillos), fortalecéndoos, e a mala é que empecei a sentir, non molestias, pero si "algo" nos xeonllos (rodillas).
Eu padecín hai moitos anos problemas de menisco que me obrigaron a deixar o fútbol afeccionado con apenas 21–22 anos. Incluso cando, despois de moitos anos empecei a correr notaba molestias ao correr polo asfalto, que soamente se mitigaban con zapas moi amortiguadas. Todavía teño por casa as Vomero 6 de Nike e as Nimbus 18 de Asics (estas últimas, máis novas, estounas usando agora para o día a día...)
Nike Vomero 6
Asics Nimbus 18
Daquela, conforme se ía gastando a sola xa notaba eu que me empezaban a "dar a lata" os xeonllos e que tocaba cambia zapas.
Curiosamente, có paso do tempo parece como se se foran fortalecendo as articulacións por mor do exercicio, porque xa hai tempo que non noto nada, incluso meténdolle ben de caña (en canto a ritmos refírome, moito máis altos agora que daquela).
Pero hoxe, non sei se por esa exixencia que ten o correr por unha zoa tan revirada con continuos xiros, nos que apenas percorres uns metros e xa tes que virar de novo, pois o caso é que empecei a notar algo, moi leve iso si, pero algo que xa había moito que non notaba.
Haberá que ver como continúa nos vindeiros días e si soamente foi unha impresión miña.
O que sí me parece importante é non deixar de moverse, nin cando fas os xiros, por iso miro de facelos o máis abertos posibles dentro do que se poda, claro.
Isto de correr polo piso ten a súa cousa.
O que sí notei tamén hoxe é que, xa como segundo día, corres máis confiado entre as portas da casa, e o tempo pasa máis rápido.
En certo modo é normal, e supoño que conforme pasen os días irei gañando confianza e saber correr mellor por aquí.
A todo hai que adaptarse.
Amais hoxe recibín unha moi boa nova dun amigo de por aquí e conseguín unha bici para facer algo de rolo na casa.
Eu tiña unha bici adecuada para o rolo e que xa teño usado no pasado, pero quedoume en Cedeira e agora está realmente complicado desprazarse para buscala sen que te metas en problemas.
Por iso que con esta bici poderei variar un pouco (bastante) o adestramento diario no piso ata que remate todo isto, inda que o do rolo xa tiña pensado usalo antes de novo, sobre todo cando chove e non podes saír fora.
Non....se ao final vamos saír desta en mellor forma da que empezamos....
A actividade en Strava:
https://www.strava.com/activities/3209727622
Esquecéuseme calibrar o altímetro ao comezo e sae unha altura que parece que inaugurei a liña de metro de Narón....
Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com