Foros ›
Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Boborás (29/06): PECHADO
Forum Index / O Circuíto 2018-19
Reply to topic

Author
Message
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
992 Posts

Reply with quote Post Sun, 16 Jun 2019, 22:45
Post subject: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Boborás (29/06): PECHADO

Trail Nocturno de Boborás
Sábado 29 de xuño de 2019


Que se sortea?
2 dorsais


Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Boborás, sábado 29 de xuño de 2019.
Web da carreira: eventos.emesports.es/i...mp;lang=gl
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/...
Enlace ao foro: http://www.correrengalicia.org/...

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 17/06/2019 ao 20/06/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 20/06/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 17/06/2019 ao 20/06/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Last edited by O_Circuito on Mon, 24 Jun 2019, 21:56; edited 1 time in total
xabierdeparada

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/11/15
666 Carreiras
164 Posts
Ourense
Reply with quote Post Mon, 17 Jun 2019, 9:29
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Boborás (29/06): ata 20/06

Desexo participar no sorteo dun dorsal posto que xa fun da partida fai uns anos e me encanta correr de noite
kosoto

Maratoniano
Maratoniano
27/05/10
0 Carreiras
74 Posts

Reply with quote Post Mon, 17 Jun 2019, 11:38
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Boborás (29/06): ata 20/06

Coñezo a zona pero non en carreira nocturna. Así que espero poder desfrutar este anoooooooo
Sorte a todos/as
Nashdark

Novo foreiro
Novo foreiro
20/05/19
5 Carreiras
6 Posts

Reply with quote Post Tue, 18 Jun 2019, 6:33
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Boborás (29/06): ata 20

Gustaríame levar un dorsal para poder disfrutar a veira do Arenteiro!. Sorte
xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
39 Posts

Reply with quote Post Thu, 20 Jun 2019, 11:28
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Boborás (29/06): ata 20/06

Quero participar no sorteo de un dorsal para o trail nocturno de Boborás, participei na edición do ano pasado, ten un circuíto moi variado e espero q este ano nos respete a néboa.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
992 Posts

Reply with quote Post Thu, 20 Jun 2019, 22:02
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Boborás (29/06): ata 20/06

Sorteo cerrado, gracias por participar y suerte a todos. Publicaremos los resultados a lo largo del viernes 21 de junio.
kosoto

Maratoniano
Maratoniano
27/05/10
0 Carreiras
74 Posts

Reply with quote Post Fri, 21 Jun 2019, 7:58
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Boborás (29/06): ata 20/06

Hola. según instruccions...mandadas por mail. veño a complementar o correo anterior.
QUero participar no sorteo
Gracias
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
992 Posts

Reply with quote Post Fri, 21 Jun 2019, 9:32
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Boborás (29/06): ata 20/06

Buenos días kosoto,

El plazo se cerró anoche a las 23.59. Está indicado en el reglamento. Lo sentimos mucho, pero por esta vez quedas fuera del sorteo. Seguiremos publicando sorteos, suerte para la próxima vez Wink
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
992 Posts

Reply with quote Post Fri, 21 Jun 2019, 11:31
Post subject: Re:Sorteo 2 dorsais Trail Boborás (29/06): ata 20/06

Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Boborás (29/06): ata 20/06

Resultado: xabierdeparada, xaviarnoia*
* Solo 2 participantes cumplían los requisitos dentro del plazo para entrar en el sorteo así que los dorsales fueron asignados directamente

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

NOMBRE:
APELLIDOS:
NIF/NIE/PASAPORTE:
SEXO:
F. NACIMIENTO:
PAÍS:
LOCALIZACIÓN:
EMAIL:
TELÉFONO MÓVIL:
CLUB:
FEDERADO (indicar sí/no):
NÚMERO LICENCIA FEDERATIVA:

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal

Quedan fuera del sorteo Nashdark por no estar inscrito en el circuito y Kosoto por no indicar su deseo de participar en el sorteo
xabierdeparada

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/11/15
666 Carreiras
164 Posts
Ourense
Reply with quote Post Fri, 21 Jun 2019, 14:37
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Boborás (29/06): ata 20/06

Graciñas¡!
8000varasdearnoia

Organización
Organización
20/07/15
1 Carreiras
32 Posts

Reply with quote Post Fri, 21 Jun 2019, 21:57
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Boborás (29/06): ata 20/06

editado


Last edited by 8000varasdearnoia on Fri, 21 Jun 2019, 22:03; edited 1 time in total
xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
39 Posts

Reply with quote Post Fri, 21 Jun 2019, 22:00
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Boborás (29/06): ata 20

Mil perdons, xa non son horas de andar a xestionar nada senon de ir pra cama, trabuqueime de conta, mail enviado. moitas grazas.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum