Dom, 02 Xuñ 2019, 16:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Crónicas da favela: Carreira da Cereixa en Beade
Despois de seis semanas de botar contas e facer cálculos, chegou o día de poñerse a proba.
Sobre as 15:30, saímos puntualmente da favela rumbo a Beade,
Beauvais de chofer, eu de copiloto. Chegamos a Beade con tempo de aparcar, parar a tomar algo e compartir terraza de bar con
JAGC e o
Doutor Slump . Sobre as 16:30 Carmafoto e logo alguén dixo que había que quentar... quentar?! Non sería mellor refrixerar?? ... En fin, ó final fixen uns anacos de trotes lentos e desganados, coincidindo nas ida e nas voltas con
Anpefi e
Doutor. Cando decidín que xa non tiña sentido seguir abafando antes de tempo, fun para a retagarda da liña de saída, na perfecta esquina de sombra, no cruce onde corría o aire. Aínda houbo que agardar case 15 minutos, cada vez un pouco máis adiantados, pero algúns sen despegarnos por nada da zona fresca do muro. Moi duro isto de ser convocados ás 5 da tarde. Unha hora taurina de máis para o meu gusto.
Por fin sonou o aviso de saída, e algunhas persoas pillounos aínda descansando no tendido de sombra. Pero xa de contado botamos a andar, pechando a comitiva. Iso sí, unha cousa é saír de últimos e outra ir de últimos, así que dentro do que nos permitía a sauna, comezamos a espabilar.
Doutor de contado se adiantou. Eu durante un breve tempo fun á par de
Anpefi, pero sabía que iso non ía a durar ni medio telediario, así que botei freo, púxenme detrás e deixeino ir pouco despois da carpa da festa.
O bo de saír de última é que sempre toca adiantar, aínda que só sea a dous ou tres, e iso sempre anima. Boa dose de ánimo tamén foi poder coller a botella de auga antes de comezar o segundo tramo de costa da primeira volta.
Subidas e baixadas. Por se non quedaba claro que Beade é terra de contrastes extremos, o remate da primeira volta non deixou dúbida: Pola man dereita animosos voluntarios dando ánimos e refrescándonos coa auga das mangueiras.Pola man esquerda as campàs da igrexa tocando a funeral. Un pouco máis adiante o arco de meta co son da megafonía metendo festa a tope, e despois de dar o xiro e comezar a segunda volta, freada na rotonda para deixar pasar ó coche fúnebre... como para non pensar en agoiros e botar contas a ver cantos iamos necesitar a extrema unción antes de rematar.
Con todo iso , algúns tiñan pinta de ir moito máis frescos ca outros no medio dese forno, pois cando eu aínda ía cara o km 5,
Montse e
Anpefi xa viñan no seu km 6 con bo paso.
Entre chorros de mangueiras, gominolas do peto e resignación, a segunda volta foise facendo mellor de levar.Tanto, que aínda adiantei a algún colista máis. O que si me sorprendeu foi atoparme con
Montse no comezo da última subida, un pouco correndo un pouco pe a terra. Animeina a reenganchar pero dixo que xa non lle quedaba forza nas pernas. Eu fun seguindo como puiden , só pensando en rematar dunha vez. E a seguinte sorpresa foi ver a
Anpefi a menos de 100 m. Voltas que dá a vida. En lugar de seguir ó seu ritmo e rematar , virouse de costas e cando me viu freou e esperou , aínda que eu lle dixen que seguira... A verdade é que foi a primeira vez desde que levo correndo que me vin cruzando o arco con alguén coñecido.
E xa por fin descanso baixo a carpa, auga , froita, e a compaña de
Doutor, Anfepi, e
Montse e Montxo que chegaron despois. Saúdos e despedidas para poder coller a bolsa no coche e ir ás duchas do colexio... O normal despois de calquera carreira, sexa de 100 persoas ou de 4000, e dar con sitios con auga fría, onde hai que facer cola e apiñar a bolsa do calzado e a roupa nun curruncho dun banco . Nisto Beade resultou ser tamén terra de contrastes: Estaba eu soa, nunhas duchas novas e inmaculadas, con auga quente e unha persoa encargada preguntando se estaba todo do meu agrado. Por todo iso xa lles perdoiei facerme correr às 5 da tarde.
Xa de volta no coche e rumbo a Teis,
Beuvais alternaba o seu labor de chófer co de comentarista deportivo, consultando as clasificacións no móbil ò parar en cada semáforo. El quedou noveno na súa categoría. Eu finalmente 7 de 9 veteranas F3, e 22 de 34 mulleres. Logo comprobei que estaría de 5 na clasificación para a Runrun Vigo, o que pode significar sumar 100 puntos para o equipo.Tendo en conta que con 30 puntos mínimo xa me conformaba, a Operación Formiga non saíu tan mal .
Domingo descanso, pero o luns volta a a comezar , para lograr facer outro tanto na carreira de San Xoán.