Foros ›
Autor
Mensaxe
CarreiraPopularNegreira

Organización
Organización
28/09/16
0 Carreiras
93 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 21 Dec 2018, 13:48
Asunto: I CARREIRA DO TURRÓN NEGREIRA

O Concello de Negreira organiza esta proba non competitiva, coa colaboración do Clube Atletismo Negreira e diversas casas comerciais da Vila, cun fin meramente lúdico e de promoción do deporte.
A ruta terá unha dificultade técnica e física baixa.

A Carreira celebrárase o SÁBADO 29 de DECEMBRO de 2018 con saída ás 16:30 horas do Patio do CEIP O COTO de Negreira.

*IMPORTANTE:
O prazo de inscrición* está aberto dende o VENRES 07 de DECEMBRO ata ás 14:00 horas do VENRES 28 de DECEMBRO.


REGULAMENTO:
1- O Concello de Negreira organiza a I CARREIRA DO TURRÓN , que se celebrará o sabado 29 de decembro de 2018.

2- Esta Carreira Pedestre Popular está aberta a tódolos atletas, independentemente da súa condición física, trátase dunha proba non federada nin competitiva e solidaria.

3- É obrigatorio anotarte na Delegación de Cultura e Deportes ou no Telf. 981.885 886 ata o venres 28 de decembro ás 14:00 h.

4- Os circuitos estarán debidamente sinalizados debendo os participantes respectar os itinerarios e o ritmo marcado pola organización.

5- As distancias e categorías serán as seguintes:
CHUPETES (2014 e posteiros) - 100 m.
PREBENXAMÍN, BENXAMÍN, ALEVÍN (2013-2007) - 800 m.
INFANTIL A ABSOLUTA: (2006 e ANTERIORES) - 4.000 m.

6- HORARIOS: A Saída estará situada no patio do CEIP O COTO. A organización resérvase o dereito de modificar o percorrido por mor da climatoloxía ou da seguridade dos corredores.
CHUPETES: 16:30 h.
PREBENXAMINS ata ALEVÍNS: 16:45 h.
ABSOLUTA: 17:00 h.

7- A Carreira é gratuita, pero é obrigatorio estar anotado para participar, si queres colaborar coas familias necesitadas de Negreira, podes aportar 1 KILO DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS, os membros da Organización.

8.- O remate teremos CHOCOLATE E ROSCA, tamén hai duchas no lugar da chegada.

9.- Os participantes deberán respetar o entorno por onde transcurre a marcha quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o recorrido.

10.- A organización non se fai responsable dos accidentes nos que sea causa a neglixencia dos participantes así como os danos que estes poideran ocasionar durante a realización da marcha no caso de que non se cumpla o estipulado neste Regulamento.

11.- A inscrición nesta marcha conleva a aceptación do presente regulamento en tódolos seus termos e as instrucións dos Organizadores para o bo desenvolvemento da Carreira.







Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos