Foros ›
Autor
Mensaxe
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 26 Feb 2018, 16:34
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Todos sabemos que moitas veces nisto de correr, sobresae por encima da lóxica, o corazón, o sentimento a amizade, as gañas de mellorar rápido...
Pois iso foi o meu Padrón particular..
Decidín ir a padrón, para intentar coller algo de velocidade para ver se para a crono por equipos sacaba algo de chispa.
O mércores me fixen 5k, a 4:45, e unha pachanga de fútbol sala, onde en un principio cría que me había fastidiado o ligamento lateral interno do xeonllo dereito. Sen embargo os 10 minutos, xa estaba como novo, e me mantiven xogando, total 1h:30. O chegar a casa, aplicarlle frío.
O xoves tiña un mouratón e unhas molestias varias, e me fun a probar uns 40minutos para ver como estaba, 8kmls.
Venres descanso.

Sábado 24, Padrón. Este ano se agobios, fun só, e había pactado con Suso, uns ritmos en teoría posibles, pero que quedaron no esquecemento.

Quecemento mini, saúdos e presentacións de foreiros a Suso...
Saída adiante, para evitar caídas. Os 300 m nos pasaban a moreas para adiante, e íamos a 3:20, e eu frei o ritmo varias veces para pasar o premer km en 3:38. Segundo km en 3:48, e o terceiro en 3:53. Ata o km 2 nos pasaron moitísimos corredores. (nos primeiros 2 km, sentín tenso o bíceps femoral esquerdo, pero pasou en non me decatei máis.
Suso se puxo diante xa no terceiro quilómetro, uns 10-30 metros, e xa fun detrás del a partir de ai. As sensacións xa non eran boas. Se non é por o premer km, o ritmo xa non era o pactado. Km 4 3:47 e 5 en 3:48.
O paso por meta en 18:57 netos. Un ritmo un pouco peor do que tiña en mente antes da carreira, e onde nese paso xa tiña claro que non ía ter forzas para baixar na segunda volta.
O km 6 en 3:51, aí xa sufría, quería deixalo ou baixar o pistón, pero non o fixen. Aquí me tropecei con Juan, me dou ánimos, ía con cascos, e os quitou. Foi toda a carreira diante miña, como quen di esperándome. Pero eu non quería forzar nada, non estaba cómodo, xa me parecía que ía case a tope.
O km7 en 3:49. E no 8 o pasar en 3:58. me enfadei co mundo, e gritei. Pois non me cría a mala sensación para un ritmo tan pobre nese km (En Coruña ía máis cómodo).
Non sei dando sacaba forzas, pero xa dende o km 5, restaba os minutos para rematar a carreira (4km x4m, son 16minutos e remata o sufrimento, me dicía..)
O paso por o 9 foi en 3:48, aí me decatei que lle quitaba metros a Suso, e lle peguei un berro, ía uns 20m diante miña. Se se relaxaba a marca estaba moi xusta, e xa bastaba eu para laiarme..
Non apertei xa ía o meu, o último km en 3:43, para entra en meta en 38:07 netos, e con unha sensación horrible.
Moi contento por Suso, que facía mmp baixando ese sub 38.
Eu pouco que dicir, dentro do mal que fixen parece que non fun o único:
1º 5000: 18:57 bruto, Posición 132
2º 5000: 19:12 bruto, Posición 115

ppm: 168 ppMax:187 Peso: 66,0 kg.

Eu é padrón non nos entendemos, non me gusta o circuíto, non me gusta a hora... Se non chega ser por que é homologado, me da a min que nin me ven o pelo.
1km máis para soltarme, e despois volta a Vigo con Suso.

Foi unha precipitación absoluta ir a esta carreira, despois de como estiven muscularmente despois da media de Coruña, pensaba que ía recuperar, pero non foi así. A ver se me queda marcado na cachola para a próxima,

O domingo, me acerquei tamén a castrelos, fixen 15k por Castrelos, con Pancho, Suso, Miguel Ángel, FonVigo e moitos máis compañeiros do Carma. Un ritmo de 05:00 a 04:35. Me sentín cómodo e non cargado.

A séma rematou con 56km ,e 1h:30m de fútbol sala.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 28 Feb 2018, 17:01
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Agora que parece que tiven algo de continuidade, intento escribir as miñas aventuras.
O Luns decidín descansar, entre que unha cousa e outra, cando me decatei xa era tarde, e non creo que me viñesen mal para as pernas.
Quería probar as miñas sensacions en series rápidas, e tiña pensado facer uns series de 400 para probar.
Para saber o ritmo repasei os meus ritmos de fai 2 anos para ver como as facía, e por non ser demasiado esixente, acordei facer 2x4x400 a 1:20, por Castrelos.
Me decía eu que ia estar ben, que non sería un ritmo esixente.
Xa cando chegeui a castrelos non me topaba eu con moi boas sensacións, quería facer un quecemento amplio, que quedou e 8k empezando a 5 e rematando a 4:35, con algún cambio.
En todo ese rato, xa me via con malas sensacións, pulsacións altas, e as pernas pesadas, así que en vez de abortar, preferín facer so 4x400, con moi pouca recuperación.
1:20, 1:21; 1:22; 1:21; recuperación de 100m atrote que foron entre 32 e 39s.
A única onde creí que ía ben foi a primeria, nas outras, notei en todas o ácido láctico, e como as pernas non daban. O que me queda claro, é que a velocidade teño que practicala, que isto xa son palabras maiores. (Fai dous anos me fixei que fixen un 2x4x400, entre 1:22 e 1:12, e eu confiado...)
1 minuto de trote
2 km a 4:10
0.5 km a 04:00
1km de recuperación.
Total 13.5 km- ppm: 148, ppMax:178 Peso 65.5

** Con isto o sábado non teño nin para ir a 3:40 no 5k ***
O que me espera... Confuso Confuso Confuso


Última edición por sanmikel o Xov, 01 Mar 2018, 8:46; editado 3 veces
tiojuan

Foreiro Senior
Foreiro Senior
3/10/11
0 Carreiras
807 Mensaxes
Cambados
Respostar citando Envío Mér, 28 Feb 2018, 20:48
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Ti mais o futbol. ..en fin para levar tantos dores encima eu creo q vas ràpido de carajo, a trancas e barrancas sí pero ahí estás,date un pouco de tempo oh,todo chegará.
Fixo que volves ser o de sempre,contigo non se pode fiar un que deseguida das un cambio de ritmo e deixas o contrincante atrás.
Calma Oscar,pouco a pouco.
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Xov, 01 Mar 2018, 7:50
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Buena carrera Oscar. Date cuenta que también Padrón no es de las mejores carreras para comparar tus mejores tiempos. Es muy llana pero yo las dos o tres veces que la corrí no es que me saliera muy buena carrera. Y no
termino tampoco de entender el por qué.
A seguir dándole duro que en nada volarás.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 05 Mar 2018, 13:01
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Despois da series do martes, me notaba eu canso.
O mércores xo xoguei o futbol sala 1:30, e como estaba bastante canso, tomei a decisión de descasar xoves e vernes.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 05 Mar 2018, 13:52
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Sábado 3, Crono por Equipos en Vigo.

Despois de toda a semán mirando a castrófica previsión do tempo para ese día, nos levantamos cunha mañan despexada en Vigo, onde parecía que íamos ter unha boa tarde.
Unha carreira con 51 equipos participantes, me pareceu unha pasada.
O malo desta proba foi o tempo, pois toda a tarde e ata a parte final da proba choveu moito en Vigo.
Iso fixeo que nos previo da carreira fose todo un pequeno caos nos equipos. Pois non había onde quecer, era difícil verse e quedar, pois non era o típico onde todos estamos quecendo por a zona antes da careira.
Carma Foto, charlas con Alicia, Suso.
E todos os Grumpy Cats, que estaban felices. Ourense, Porriño, Tui unidos... Que simpáticos estaban...
A carreira pouco que decir, quecemento mínimo por as circustancias atmosféricas.
Eramos por previsión de tempo estimada para a saída o séptimo equipo por a cola, e saímos as 19:44.
Eramos 9 membros no equipo, no que puntuaban os 6 primeiros (separados como máximo por 5s). Así que xa sabía de anteman que eu era dos máis lentos do equipo, de todos xeitos non tiña pensado ir despacio).
O primer km do circuíto estaba casi impracticabel, moitísimas pozas grandes de auga, os adoquins e as pedras levantadas, aínda así ese primer km ia a 3:30.
Había falado de ir con moito coidado para evitar caídas, pois o circuíto ten bastantes curvas. Pois na primeria un servidor, o chan. Non foi moito, pero me daba rabia pois había tomado con precaución.
A partir de aquí eu e Víctor nos quedamos un pouco máis atrás, uns 20-40m que mantivemos ata o paso por a primeria volta (2.5). A partir de aquí xa non tiñamos nada que facer, pos os 7 carma-máquinas, nos levaban moita vantaxe. Eu aínda seguía forte (sobre 3:38). Na curva da primeria caída, tomei máis precaucións, case andando, pero volteime caer, coas mesmas circunstancias.. Aquí xa me xuntei con Víctor, e xa pasei de todo, non me puxen a tirar so manterme, pero sen darme conta, nos úlitmo km lle quitei a víctor uns segundos. Tempo do equipo 17:40, tempo meu 18:30.
O final terceiros en categoría Masculina da xeral.
Duchas, comentarios, recollida das mariscadas e rápido pa casiña.
Unha boa sensacións desta carreira, a pena foi o mal tempo, que fixo que non houbese ese ambiente pre-carreira entre os participantes...
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 05 Mar 2018, 14:18
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Domingo 04 de marzo, me marchei para correr a media de Carballiño co presidente do clube Pancho e Miguel Ángel.

Saúdos a moitos coñecidos de Melide , Vilagarcía, Vigo e Coruña.....
Tiña a Pepe.Losada, que fixo un carreirón, e que non se perde nin unha Guiño pero nista tiña excusa o ser a proba na súa casa.
Non facía nin moito frío, nen chovía, organización moi detallista, saúdos Baos, Bernal (con foto incluída)... E saída...
Saída moi rápida costa abaixo, eu lle tiña un pouco de respeto a carreira, pois parecía un sube baixa constante, pero básicamnte o circuíto é 500m en baixada, 3km en lixeira pendente a beira do ría, con algún xiro, e pequenas subidas. e despois case 3.5 km en lixeira subida constante, con algunha costa abaixo e algunahs costas máis empinadas,chegnado en subida a meta.
A primeria volta ía moi cómodo, sen esforzo, controlando o ritmo, e cos meus compañeiros do carma, e un grupo maís que nos xuntamos. Na segunda tamén fun moi cómodo ata o km 13, despois da baixada, notaba que as pernas non daban, me doían os cuadriceps e os xemelgos. Aquí o Pancho e Miguel se adiantaron uns metros 50-80 metros que mantiveron toda a segunda volta. Eu me mantiven en un rimto relativamente cómodo que resulta que foi maís ou menos a distanticia o que ían eles, onde algúns instres si que aumentou.
Na chegada a meta non quixen apretar ese úlitmo km, so me deixeir ir.
O final pancho me sacou 13s. E na segunda volta pasei a 1 corredor.
Bastante bo nivel na probal, nesta dura proba, pois son sobre 10km que fas en subidas.
Vendo os tempos de paso por volta o final foi bastante constante
1: 28:43
2: 29:08
3: 29:04
Para facer 1:26:55 netos.
Saúdos, e volta o coche andando, sen ducharse pois o pabillon quedaba un pouco alexado, e así todos voltábamos os compromisos familiares a tempo.
Onte bastante moilido os xemelgos e un pouco os cuadriceps. Hoxe máis ou meons igual. Quizaís faga descanso ou bici estática depende do tempo que me quede.

A semán remata con 44km e 1h:30 de fútbol sala.
tiojuan

Foreiro Senior
Foreiro Senior
3/10/11
0 Carreiras
807 Mensaxes
Cambados
Respostar citando Envío Mar, 06 Mar 2018, 0:03
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Aplauso bravo amigo,alegrame que non te mancaras nesas caidas de Vigo, por certo, felicidades polo podium.
A Carballiño...non pares eh,jaja esa sí que é dura,corrina un par de veces e....caray...
Xa vexo que pouco a pouco vas pillando forma,alegrome. Espero coincidir nalgunha contigo,apenas nos vemos últimamente, pero bueno xa tocará.
Un saudiño Oscar,segue así.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1336 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mar, 06 Mar 2018, 15:30
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Eses 5km en 18:30, con dúas caídas, a chuvia que había e o estado do chan (resbaladizo e moito peor que encharcado) é un tempazo Óscar! E o día seguinte, unha media como a do Carballiño nun bo tempo sen forzar. Como ti dis, boas sensacións e ese pequeno aumento de adestramentos e kms vaise notando!
A seguir así e loitar polo circuíto! Guiño Que ultimamente non faltas a unha eh!
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Mar 2018, 11:13
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

O circuíto non é unha prioridade, so é unha consecuencia de ir a moitas carreiras. So as que coinciden, e as que me apetece... xa se verá, pero me da a min que Pepe Gañará.

Vamos o gran, poucos entrenos estas semas ata porriño, básicamente 3 saídas e rodaxes.
Esta semán foi distinta, pois estou con vértigos, e tiven un pouco de medo.
Curioso é que cando fago deporte non teño vértigo, nen no fútbol sala, nen correndo. De todos xeitos si que foi moitivo de varios días non saír a entrear, por ter sensacións malas.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Mar 2018, 12:14
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Domingo 18 de marzo, Carreira de Porriño.

Tiña claro que ía correr a carreira, pero non a que ritmos. Sobre todo por que o sábado a tarde noite, o vértigo me tivo a raia, e non estaba moi católico.
O levantarme a mañan tamén tiña un pouco, pero parece que foi remitindo.
Saída con "trekola" e "fonvigo", para porriño. Este ano foi difícil aparcar, e quedamos no coche, esperando a que pasase de chover.
Pouco tempo de quecemento, pois entre saúdos os compañeiros, amigos e coñecidos, isto se foi o de sempre..
Carma Foto, e trote de quecemento con Suso.
Este me preguntaba como ía ir, e u lle dixen a verdade.
Que ía ir cómodo, e con calma a primeira volta, pois non sabía como ia estar o corpo. Lle dixen que non contase comigo.

Na saída fixémola xuntos, en un día perfecto para correr, sen vento, con fresco e un pouco de sol.
Os primeiros 500m, con moita calma, pero aínda así moi rápido, e baixando un pouco o ritmo ata o km1, que sae a 3:36.
Aquí xa Suso se pon diante (el e moito máis tamén). Incluso Hernan, compañeiro do Carma, que fixo a contra reloxo fai unhas semanas comigo. Eu deixeinos ir, pois Henan me sacou o seu nos 5k, e Suso está fino.
Segundo km en 3:43, Suso a uns 10-15m diante, e Hernán outros 10 de Suso.
Sen sinais de malas sensacións de vértigo, e con calma.
Paso o Terceiro km a 3:50, os xiros, e as lixeiras subidas penalizan o ritmo de cruceiro, os devanditos van diante, e vou pasando corredores pouco a pouco.
Suso un animal con pulmóns de sobra, pois lle pedía ánimos a xente, con palmas, e eran correspondido e xaleados...
O km 4 sae a 3:53, coincide con moitos xiros, e algo de pequena subida. Que continúa tamén entre este é o 5 km. Neste último km antes dos paso por meta, me encontro ben, e na subida sen querer recorto metros a Suso e Hernán, e a varios, vou sen forzar moito pero forte, non de paseo.
Paso o km 5 en 3:49, 18:54 netos según CC.
Bebo algo aproveitando a costa lixeira, e me deixo ir, pero sen forzar para intentar coller forzas. Aquí paso a Suso e Hernán sobre o 5.5, me sae este km a 3:42. O seguinte km apreto e tiro, e me sae a 3:42. Este km o noto nas forzas, e non vou nada sobrado, o 8 sae a 3:49.
Xa me costa un pouco pero vou ben, pasamos moitísimos corredores, é sobre o km 8.5, Suso me pasa, cambiou de ritmo, e vai moi forte, me sacou uns 20m nos próximos 500, vai moi ben, pois lle da ánimos os observadores, par a que nos animes, e aplaude. Paso o km 9 en 3:52.
E aquí xa na cabeza so pensa que faltan 4 minutos de sufrimento e se acaba (así levaba dende o km7, restando os minutos para rematar o sufrimento). Aínda así manteño o ritmo, podo apretar pero non encontro motivación, non quero sufrir máis. Suso me saca uns 50m. Vai ser o seu día, a súa marca. Ata lle teño que berrar a falta de 500m, que parecía que lle recortaba metros, para que non se relaxase. Eu me deixo ir ata a meta, incluso me adiantan algúns nos últimos metros, pero non estou eu con gañas. Último km a 3:43.
Tempo neto de 37:43 netos según CC.
Felicitei como merece a Suso, e fixemos xuntos un trote precarreira, ata o final da recta da gasolineira e viñemos de volta.
Aquí me vacila un pouco co de gañarme.. eu lle recoñezo que no km 8 e 9, ía bastante xusto. E que xa non tiña a cabeza para iso.
Aínda fomos xuntos recoller os regalos e o avituallamento.
Despois una aperitivo e unha comidas cuns amigos.

A noite mirando os tempo me decatei que so estiven a 6 segundos da miña mellor marca en 10k homologado, que foi o ano pasado aquí.
É resulta que é a miña segunda mellor marca en 10k homologado.
A maiores, a segunda volta foi en 18:49, que son 5s menos que a primeira.

Moi contento como foi o resultado de Porriño, non me queixo, boas sensacións.

Se chego saber que estaba tan preto de mmp, me da a min que Suso corría perigo na chegada a meta! Isa podía haber sido a motivación que me faltaba nos últimos km.
Sempre é unha gozada correr na Interruning.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1336 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mar, 20 Mar 2018, 13:13
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Se fas eses tempos sen adestrar case nada como fas e aínda por riba tendo vértigos, está claro que cun mínimo de continuidade, sen adestrar nada do outro mundo baixas ben as marcas que tes Sanmikel.

Unha pena non caer na posibilidade de facer mmp antes, senón teño que claro que non só corría perigo, senón que darías boa conta de min jejeje

O dito, ánimo e a ver se podes facer algúns kms estas semanas e disfrutar na VigBay como mereces!
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 20 Mar 2018, 13:33
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Ti centrate no teu, que é o único importate.
Ademáis iso non cambiaría nada, seguirías facendo MMP, incluso con algún segundo menos Silbar

Coidate, recuperate, entrena, e prepara ese sub3 para c42. Me da a min que non che van faltar ánimos por alí de nosos amigos!!


sonsuso escribió:
Se fas eses tempos sen adestrar case nada como fas e aínda por riba tendo vértigos, está claro que cun mínimo de continuidade, sen adestrar nada do outro mundo baixas ben as marcas que tes Sanmikel.

Unha pena non caer na posibilidade de facer mmp antes, senón teño que claro que non só corría perigo, senón que darías boa conta de min jejeje

O dito, ánimo e a ver se podes facer algúns kms estas semanas e disfrutar na VigBay como mereces!

sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 24 Set 2018, 17:55
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Tal día como hoxe, fai catros anos, escribín a miña primeira mensaxe neste diario, tras levar pouco más de un mes ollando nesta web, e outro mes intentando dar zancadas neste deporte.

Creo que é o momento adecuado, aínda que nunca deixei de trotar, correr, facer deporte, si que é certo que levo dous anos a tombos, con exceso de peso (para correr), molestias e sen preparación de ningún tipo.
Tras parar case 2 meses entre maio e xuño, sen nin case trotar, e derivado de que me encontrei con un pouco de liberade, podo dicir que levo case trotando 4-6 días a semana dende o 9 de xullo.
Literal de o de trotar, pois en todo este tempo, so fixen rodaxes, entre 4:40 e 5:20, e 3 cambios de ritmo. E fixen algunha que outra carreira, incluíndo un podium por o sur, cando non podía nin coa alma.

So podo dicir que esta vez si o vou intentar, de momento sen plan marcado ata xaneiro, basicamente rodaxes, e facendo nas carreiras as miñas series.
Algo mellor estou, case como ala por comezos de 2016, aínda que con bastante máis peso (pero baixando). E sobre todo, con ritmo moi parecidos os desas datas. En Meaño mellorei más de 15s a miña mellor marca nesa carreira( cinco edicións), e agora veño de quedarme a 10s da miña mellor marca en homologada, a semana pasada no Berbés.
Por iso non me queixo, non me doe nada, e vou a darlle continuidade e rodaxes ata decembro

En xullo fixen 280 km en agosto 244, e no que levo de setembro son 190 (rematará sobre 240 aproximadamente). Estes rodaxes me axudaron a rebaixar 3 kg, que se notan un pouco.
Vamos intentar cubrir este diario de un xeito que se converta nunha motivación, quizais non sexa de maneira diaria, pero espero que si o sexa con carácter semanal.
Próxima cita, 21k da costa da Vela.

Nos vemos nas carreiras.



30 ANIVERSARIO CONDES PAZO DE BAIÓN 2018
XV NOCTURNA VILAGARCÍA 2018
IV RUNNING NIGHT LOS TORUÑOS
V 24H Vigo 2018
XXXIV MEAÑO 2018
IX 10K DEL BERBES 2018 (H)
XV PEDESTRE DE MOAÑA 2018


Agradecer a este foro, os seus creadores, os seus colaborades e os seus foreiros todos estos anos. Débolle maís do que lle ofrezco.


Última edición por sanmikel o Lun, 24 Set 2018, 18:32; editado 1 vez
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4697 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Lun, 24 Set 2018, 18:31
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Me alegro un montón amigo mío de que por fin tengas continuidad y sobretodo sin molestias,condiciones innatas las tienes,tantas veces hemos hablado entre conocidos de lo que serías capaz de hacer si entrenases mas y mejor,y parece que por fin lo vamos a descubrir,ánimo rapaz...





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos