Foros ›
M. MARATONA NAMORADOS (VILA VERDE-PORTUGAL). 14/02
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3680 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Feb 2016, 22:53
Asunto: M. MARATONA NAMORADOS (VILA VERDE-PORTUGAL). 14/02

Pois me acabo de inscribir a esta Media que se celebra o Domingo, ainda están abertas as inscripcios a un prezo total de 8,05 cos gastos.

Se alguén se anima e quere compartir coche que o comente. Toda a información no seguinte enlace.

www.epatv.pt/
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4697 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Xov, 11 Feb 2016, 15:13
Asunto: Re: M. MARATONA NAMORADOS (VILA VERDE-PORTUGAL). 14/02

gracias por la info,como siempre,media interesante en portugal y a muy buen precio,queda apuntada para otra ocasion,suerte y ya contarás tu experiencia

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3680 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 12 Feb 2016, 21:11
Asunto: Re: M. MARATONA NAMORADOS (VILA VERDE-PORTUGAL). 14/02

Mandáronme o listado cos inscritos e nº de dorsais, e hai un total de 732 inscritos, ainda que me imaxino que estaremos incluidos os da Media e os que corren os 10 Kms.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3680 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 12 Feb 2016, 21:12
Asunto: Re: M. MARATONA NAMORADOS (VILA VERDE-PORTUGAL). 14/02

Mandáronme o listado cos inscritos e nº de dorsais, e hai un total de 732 inscritos, ainda que me imaxino que estaremos incluidos os da Media e os que corren os 10 Kms.
O que me chama a atención e que ainda están abertas as inscripcións.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3680 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 14 Feb 2016, 21:00
Asunto: Re: M. MARATONA NAMORADOS (VILA VERDE-PORTUGAL). 14/02

Xa non espero a mañán para colgar a crónica. Carreira MALA pero MALA. Ainda que sexa a 1ª edición, cometeron tal cantidade de erros que non hai por onde collela. Y eu non son de tirar en contra das Organizacións.

Cheguei con tempo a Vila Verde e as 09:15 hora portuguesa, xa estaba na cola, cola que por certo en 15 minutos avanzou 6 metros. Cando xa estou na entrada do local sae un home dicindo que os que saiban o nº de dorsal que pasen. Alí dentro había unhas rapazas desperdigadas entre o mogollón cun feixe de dorsais nas mans (de 100 en 100), e ti pedíaslle o teu e dábancho, a fila era para novas inscripcións e os que non sabían o nº de dorsal.
Despois había xente ca típica bolsa que dan nas carreiras, descoñezo o que tiña dentro, cando pregunto por ela dinme que se acabaron. Déronme eso sí unha camiseta de algodón da carreira e propaganda xigante de Liberty Seguros.
Quentei un pouco nuns soportais xa que chovía e facía moito frío e a 10 minutos funme para a saida cando empezou a arrollar durante outros 10 minutos eu como a maioría a resguardo.
Despois parou e saimos todos a trotar cara a saida, incluso asomou o sol cando din por megafonía que por problema informáticos se retrasa ata as 10:30, xa parei de quentar.
Así que como non eramos moitos agardei ata que faltaran 3 minutos, pero ata as 10:35 non deron a partida.
primeiro Km. chanciño e en baixada, pero xa no 2º, empeza a constante de esta carreira, circuito totalmente rompepernas con moitas subidas (algunhas de ata algo máis dun Km.) e por riba cantidade de pasos por adoquín moi irregular, calculei entre 6/7 Kms. da carreira por esta superficie, que sabedes como machacan (teño o talón dereito tocado por esto), ao pouco de pasar o Km5 empeza a chover, e máis adiante a granizar pero con forza e durante varios Kms e con moito vento. menos mal que levei a visera, xa que lastimábache nas mans e a chuvia debeu durar uns 5/6 Kms. eu levaba as mans e os muslos conxelados.
Ata pasado o Km10, en 44'30 non chegou o avituallamento, 1º e único da carreira, tampouco facía moita falla, con abrir a boca xa nos refrescabamos Moi feliz Moi feliz .
A partir de ahí, empecei a aumentar o ritmo, marcando os de subida en 4'30", e os que tiñan baixada ou chanciños sobre 4'20".
Pero a guinda ao percorrido puxoa a chegada ao Km18 (viña de marcar nos anteriores 4'14 e 4'12", eran favorables ainda que con moito adoquín.
Empezamos unha subida interminable tipo Vite (Santiago) de 2.100 mts. ahí xa se me foron os parciais a 4'47" e 4'50" o que quedaba xa era favorable, ainda que cos 400/500 mts finais por adoquín., esprintei para facer polo meu crono 1h33'58.
Na meta había un Sr. cunha maquiiña que debía grabar cando chegaba cada atleta e un pouco máis adiante unha rapaza preguntado nome e dorsal e anotandoo malamente (xa que estaba de pe) nun folio. Alí un home doume outra camiseta igual a anterior para cambiarnos, un detalle eso sí, pero era unha talla M, polo que parecía Cristiano Ronaldo marcando tipito, eu que son de L ou XL.
Como avituallamento un triste botellín de auga que collemos nos mesmos de enriba dun banco, non había nada máis asi que 1 botellín de auga durante a carreira e outro ao rematar (podía coller máis, pero non me facía falta, xa que tiña un no coche e os que había dudo que chegaran para os corredores que faltaban).
Preguntei polas duchas e me indicaron un bus que estaba a uns 300 mts. e que nos levaría ao complexo que estaba a uns 500 mts. fun ata o coche e empezou a chover con forza, polo que me cambiei no coche, xa que sudado non estaba moito e a comer a Valenza do Minho.
O único bo a inscripción que como dixen antes saiume en 8,05€.

Non repetirei e non lla recomendo a ninguén, os erros pódense correxir pero o percorrido terían que cambialo moito.

Vaia tostón, non sei se haberá quen o lea.


Última edición por Kurty o Dom, 14 Feb 2016, 21:04; editado 1 vez
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3680 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 14 Feb 2016, 21:03
Asunto: Re: M. MARATONA NAMORADOS (VILA VERDE-PORTUGAL). 14/02

Se cadra vos parece que son moi duro, pero mirade os premios que había e alucinades, así que por presuposto non era.

Classificação Feminino Masculino
1º lugar 1000
2º lugar 750€
3º lugar 500€
4º lugar 250€
5º lugar 150€
6º lugar 75€
7º lugar 50€
8º lugar 50€
9º lugar 50€
10º lugar 50€

Classificação Feminino Masculino
1º lugar Alojamento 2 noites C/ Pensão Completa
2º lugar Alojamento 1 noite C/ Pensão Completa
3º lugar Alojamento 1 noite C/ Pensão Completa

Esperemos que os que vaiades a 1ª edición de Braga o día 28 este mellor organizada.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 15 Feb 2016, 0:58
Asunto: Re: M. MARATONA NAMORADOS (VILA VERDE-PORTUGAL). 14/02

Que sepas, que cando puxestes a mensaxe, estiven a punto de avisarte e ir contigo, pero me votou para atras varias cousas:
- media non homologada
- o perfil era para flipar xa por internet (me meteu medo)
- nom entendia nen de coña o da inscripcion vip, para quen quixera, puidera pagala Abraiado . Cheiraba mal.
- demasiada pasta en premios e moita cantidade... ia haber un nivel extra.
- me soaba raro que te deixaran inscribir tan barato.

Seguro que algo mais se me pasou, pero non o recordo.
Iso si, moi económica.

Espero que por o menos desfrutases do pobo, e dos do seu redor. Son fantásticos.
Grazas por a experiencia e a crónica.
Moi feliz


Última edición por sanmikel o Lun, 15 Feb 2016, 22:08; editado 1 vez
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4697 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Lun, 15 Feb 2016, 21:57
Asunto: Re: M. MARATONA NAMORADOS (VILA VERDE-PORTUGAL). 14/02

gracias por la cronica compañero,y siento que te defraudara,por lo que veo,se te juntó todo,organizacion,recorrido y temporal,otra vez será,gracias nuevamente

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos