Mér, 30 Set 2015, 8:18
Asunto: Re: Coruña10 del 11-10-15
Eu creo que cada un é libre de ir ou non ir, non creo que haxa que intentar convencer a ninguén de que faga unha cousa ou outra, e si é por sentimentalismo por correr na casa, a min tamén me pesaría eso máis que calquera outra cousa
Eu particularmente non o teño claro. Fastidiame máis o cambio do percorrido que o precio. Si fose coma sempre con saida e meta nos cantóns, iría sin dubidalo. Agora, si ó novo percorrido lle unimos o precio, pois xa me entran as dúbidas que resolverei o derradeiro día de inscripción
Tampouco entendo moito que se critique ós organizadores (non desta en concreto, senón de tódalas carreiras en xeral) que cobran por participar, acusándoos de intentar gañar cartos (cousa por outra parte totalmente lícita si se trata dun clube ou entidade privada), cando tódalas carreiras están rodeadas de xente que gaña cartos con elas: cronometraxe, alquileres varios, seguros, camisetas, etc. Incluso os sponsors tampouco o fan por deporte, senón por publicidade e tratar de aumentar as súas ventas