Foros ›
Autor
Mensaxe
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Lun, 16 Feb 2015, 18:50
Asunto: Re: Cintilla iliotibial

gonzalorq, dices na tua primeira mensaxe:...."parece" que está claro que é ésa a lesión. O meu consello é que confirmes o diagnóstico, para que sea "é" e non "parece", e unha resonancia magnética ou proba diagnóstica similar confirmarache o diagnostico "certeiro". Tamén pudera ser unha rotura de menisco externo da rodilla ou algo relacionado con ligamentos. Unha proba diagnostica certería quitarate de dudas e poderás aplicar o tratamento correcto. O diagnóstico e cousa do medico especialista e o fisio e o que te axudará a rehabilitarte.

Friends forever
gonzalorq

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/04/13
0 Carreiras
94 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Xov, 12 Mar 2015, 8:52
Asunto: Re: Cintilla iliotibial

Bos días! Simplemente agradecervos os comentarios das vosas experiencias e os ánimos que me destes. Despois do reposo "activo" durante casi dous meses e unhas cinco dorosas sesións de fisio (ganchos, agullas e demais instrumentos propios de sadomasoquistas) agora xa estou mellor, comecei a correr un pouco e sen dores, nin no momento nin o día seguinte.

Creo que agora con un pouco de cabeciña irei recuperando o estado de forma. Onte trotei 30min e ainda que disfrutei moito as sensacións foron do máis estranas para min, debía levar uns 5 ou 6 anos sin parar tanto tempo de correr...

Quedan por diante moitos estiramentos, fortalecemento e volta pouco a pouco a incrementalos ritmos e volúmenes de carreira.

Por si a alguén lle interesa, o análisis de causas neste tipo de lesión creo que son un pouco dificiles de concretar, pero as conclusións do fisio son unha certa desalineación de xeonllos (valgo) e algo de desplazamento na cabeza da tibia, polo que me recetou uns exercicios de aliñación dos xeonllos para tratar de correxir un pouco o problema. Eu penso que gran parte do problema o tiveron algunhas palizas que me metín polo monte sin ter enriba o adestramento axeitado, creo que as veces nos cremos fortes e capaces de todo porque temos fondo e cabeza para aturalo pero o corpo di basta... Creo que esto o mellor me fai reflexionar un pouco máis, é o final terá a sua parte boa.

Gracias e un abrazo a todos pola voxa axuda!
devildog

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/10/13
5 Carreiras
459 Mensaxes
ferrol
Respostar citando Envío Mér, 25 Mar 2015, 9:05
Asunto: Re: Cintilla iliotibial

Me uno un poco al “grupo”, yo desde hace unos días también me duele principalmente al bajar escaleras (bastante) pero sin embargo al subirlas me duele solo un poquito y al caminar llano no noto nada……creeis que en mi caso debería parar del todo? O podría salir a caminar despacio (5 km/h aprox) tengo miedo de que aunque no me duela al caminar plano lo siga forzando….

Muchas gracias

TEMPORADA 2013
5 km contra el cancer-ferrol: 2013: 18,57
MM a volta a ria 2013: 1:29:30
10 km monumental lugo 2013:41.30
S.silvestre coruña:7.7 km: 30,11
TEMPORADA 2014
5 km de Asfedro: 20.55
malu

Foreiro infantil
Foreiro infantil
18/11/14
2 Carreiras
60 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 12 Mai 2015, 11:04
Asunto: Re: Cintilla iliotibial

Igual chego tarde pero contovos a miña experiencia.
En navidades notei un pinchazo correndo por terra e seguín correndo, despois en frío comezoume a doer, as seguintes veces que intentei correr tiven dor ou pinchazos que se extendian polo exterior do muslo asique fun o médico e o fisio.
O médico deume antinflamatorios que non tomei para que o fisio me vira tal cual. Os dous dixeron sobrecarga.
Duas semanas despois volvín e a dor era peor. Como novata empecei a ter medo de romper algo...
Volta o médico, cambio de fisio.
O medico pediume radiografía e o fisio dixo que había unha inflamación asi que descansei 2 dias e deume un plan de quecemento uns estiramentos carreira suave e volta a calma para os dous primeiros adestramentos. Durante unhas semanas estivemos en contacto por teléfono e lle iba contanto as miñas sensacións.
Según ela mentres tivera inflamación iba ter dores pero que non iba a romper nada polo que podia ver. E se era provocado por outra cousa tiña que aparecer correndo.
Radiografía normal pero seguia algo de inflamación, pedimos cita para traumatólogo.
As dores foron a menos ata que desapareceron.
Despois da Vig-bay e a media de Vigo chegoume a cita para o traumatologo, que di que teño tendiditis do biceps femoral remitente, que non sabe cal e a causa, e a sua solución e que deixe de correr (jajaja rio por non chorar, que clase de tratamento é ese?)
En fin voltarei a fisio a ver que me recomenda para compensar, e a fortalecer biceps para previr
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Mér, 13 Mai 2015, 7:09
Asunto: Re: Cintilla iliotibial

As veces non sei que pensar de alguns médicos e de alguns fisios, pois intentar tratar lesions soio en base as molestias e sensacions dos pacientes. Está ben, é fundamental, escoitar ao paciente pero sin unhas apropiadas probas de diagnóstico moitas veces non se dá co correcto motivo da lesión e por tanto co correcto tratamento.
" Pode ser,....pode non ser,....tal vez, che aconsellaría non correr,....etc. etc. non me parecen frases de bo galeno ou de bo fisio.
É a miña opinión.

Friends forever





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos