Xov, 22 Mai 2008, 17:23
Asunto: Re: MARATÓN TORAL
A ver meu; a miña impresión persoal é que esta maraton só ten unha pega, mais importante: A data. Si cadra un día de verán (xa o é dende o día anterior á proba) pois: acabouse; ás 11 xa pode haber 28º.
O percorrido ten dúas rampiñas de nada; unha a saída de cacabelos (km. 11) i en Magaz de abajo (km 14) o resto ten falsas pendentes que son ascendentes en xeral ata Ponferrada (media) e logo descendentes. Hai unha recta duns 5 km dende Camponaraya a Ponferrada que fai moita mella (polo menos a min) si alzas a vista cara adiante. Dende o km. 29 a meta correse por unha estrada comarcal que ten bastantes zonas de sombra.
A organización é moi experimentada e brindan servizos abondo de toda clase.
No referente a aloxamento... pouco che podo dicir; si ves coa parentela percura algo de turismo rural(tipo Palacio de Canedo), en Cacabelos van a abrir un hotel *** mais non sei si estará dispoñible para a data da proba; en Ponferrada hai bastantes establecementos mais, dende o ano pasado é dificil atopar aloxamento nas fines de semana así que percura con tempo.
Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html