secaiv escribió: |
Boas Desertores. Xa pasou a C42, e como lle dixen á vacatola en María Pita: - Non foi o día dos Desertores. vacatola abandonou, e Hadroq e mais eu acabamos a duras penas. Hadroq lin o teu relato da C42. Grande!, moi Grande, es Hadroq!. Sei ben polo que pasaches porqué eu tiven un sufrimento parecido ó teu. Nora boa pola túa valentía. Agora, vou relata-la miña carreira: Despois dun mes de Marzo complicado, por mor dun catarro, pero que non me fixo parar, cheguei ó maratón cunha boa preparación. A parte das carreiras ( entre elas 5 medias dende Febreiro) e 3 adestramentos fortes: 1º- 8 Febreiro, 32k, 2º- 3 Marzo 30k e 3º- 29 de Marzo 34k. cheguei á C42 cas mellores expectativas, incluso a de facer MMP. A idea era ir a ritmo de 3:55 ata que aguantara (contaba con aguantar ata o 32k). Despois disminuir ata ó final unha media de 15seg/km. E inda por riba tiña ó meu compañeiro de Club Luis que me fixo de lebre ata o 16k. Todo ía perfecto, Luis marcabame o ritmo - Iván imos a ritmo. No 16k Luis dime que el xa dera o que podía e fixo que me xuntara á un grupiño que tiña o mesmo oxectivo ca min, polo que Luis díxome: - Iván queda con eles que van moi ben. E así fixen, fun con eles, inda que quedei algo atrás pero collín a outro que tamén ía ben e pensaba vou con este, pero na mente de poder colle-lo grupiño máis adiante. Paso polo control de medio maratón: 01:22:25, ritmo: 3:55; vou cravando o obxectivo, non sinto cansazo, teño moitas enerxías.... Pero chegou o 22km e querendo facer unha trazada moi xusta tropecei cun cono e caín ó chan. Érgome rápidamente, non me doe nada, so son rabuñaduras. Pois a seguir!!!. Pero as feridas comezaron a sanrar. Polo que a partir do 25k sentín como as forzas me empezaban a deixar. Dende o 1º paso pola rotonda da Torre foi todo un sufrimento. As pernas dixaban de responder, o corpo non se sentía ben. E dende que comecei a 2ª volta no paseo era un querer e non poder. Dende o Praia Club dirección á Torre a miña cabeza comezou a irse, houbo un momento no que so sabía que estaba no paseo pero non sabía se estaba á altura do hotel María Pita ou da Domus ou do Finisterrae. E por suposto, non corría era un amago. Cheguei ó avituallamiento da Torre, enchinme de Aquarius pero non podía correr, as pernas dixeron ata aquí. Vin que si podía andar e pensei o mesmo que Hadroq: - Estou no 38k para 4 que me faltan, fagoos andando. E así fixen, acompañado dun voluntario en bicicleta e cruzandome con vacatola cheguei á María Pita. Como podedes supoñer, quedei fastidiado. É verdade que carreiras hai moitas, pero maratóns non tantos. Agora a recuperarnos e a volver á normalidade, sen ese gran obxectivo e deixa-las grandes tiradas e pensar nas carreiras das fins de semana. Desertores, temos unha conta pendente ca C42. Pro ano temos que vingarnos dela. |