Estatísticas CenG
Algúns números de Correr en Galicia
Estatísticas do primeiro trimestre
Aproveitamos estes días para facer un rápido "reconto" dos datos estatísticos de Correr en Galicia durante estes primeiros meses do ano 2012 (xaneiro, febreiro e marzo). Neste primeiro trimestre a web batiu os seus propios rexistros conseguendo 2,5 millóns de páxinas consultadas (2.500.000) e máis de 350.000 visitas. Ademais, o número de usuarios xa pasa dos 7.500 no foro, 500 no facebook e 200 no twitter.
Queremos agradecervos unha vez máis a tod@s os que o facedes posible e chegades aquí para informaros, compartir ou actualizar a información das moitísimas carreiras populares, andainas ou triatlóns que temos en Galicia. A veces, custa crer que sexamos tantos e tantos corredores espallados por toda Galicia e resto do mundo. Graciñas tamén a todos os moderadores, colaboradores, fotográfos e organizadores... !!! Esperamos poder seguir estando á altura e informando de toda canta proba se celebre no noso país.
Ben, seguimos traballando, un saúdo a todos.
Correr en Galicia
"Solamente aquel que construye el futuro tiene derecho a juzgar el pasado." Friedrich Nietzsche.