Carrera: Carreiras populares para abril e maio
Quiroga e Ferreirúa
Dúas carreiras e un medio maratón
Seguimos actualizando o calendario con máis probas para os próximos meses. Para o venres 6 de abril está prevista a nova edición da Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga que, como xa é tradicional, coincide coa Semana Santa e por iso celébrase nun venres festivo. Incluída no Circuíto 2011-12 con coeficiente 1,5 polos seus 9 quilómetros de percorrido.
:: Regulamento Popular Feira do Viño, Quiroga
E xa para o mes de maio, concretamente o día 13, unha nova edición da Carreira Popular e o Medio Maratón de Ferreirúa, na Pobra do Brollón, que este ano homenaxeará a Juan Carlos de la Ossa. Debido a crise e o alto absentismo de corredores que se inscribían e non participaban (gastos que non se recuperaban) este ano a organización vese na obriga de cobrar unha pequena cota de inscrición. Coma é habitual tamén puntúan para o Circuíto con coeficiente 1,5 a carreira popular e 2,5 o medio maratón.
:: Segue as probas de Ferreirúa no foro
:: Regulamento da carreira popular
:: Regulamento do medio maratón
Unha boa oportunidade de coñecer e facer quilómetros polo interior da provincia de Lugo.
Correr en Galicia
"El sabio nunca dice todo lo que piensa, pero siempre piensa todo lo que dice." Aristóteles.