Foros ›
IV San Silvestre lúdico-competitiva na Alameda compostelana
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
CARSantiago

Novo foreiro
Novo foreiro
15/11/07
0 Carreiras
44 Mensaxes
Sin comentarios
Respostar citando Envío Mar, 20 Dec 2011, 12:13
Asunto: IV San Silvestre lúdico-competitiva na Alameda compostelana

IV SAN SILVESTRE LÚDICO-COMPETITIVA NA ALAMEDA COMPOSTELANA

A xente de Santiago organizamos o 30 de Decembro esta xuntanza para despedir o ano ó noso xeito, e xa van catro. Esperamos que vos animedes a participar neste evento , que como sabedes é totalmente amateur, no que poñemos moi boas intencións, pero as veces..


A “Carreira” regularase porlo seguinte

Regulamento.

1. O CARSantiago será o organizador deste evento deportivo-festivo.

2. O CARSantiago, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra mutualidade.

3. Tódolos participantes, polo feito de toma-la saída, aceptan as presentes bases e regulamentos que, en caso de dúbida, decidirá o comité organizador.

4. O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.

5. Os atletas non participarán con dorsais tal e como ven sendo habitual neste tipo de eventos lúdicos-festivos-competitivos.(Se o final xa nos coñecemos todos!!!)

6. Non se vai utilizar CHIP nen ningún outro sistema de cronometraxe, pero así coma o ano pasado, tódos os que teñan Chip en propiedade e queiran vir con él, poden. Non vai servir de nada, pero parecerá unha carreira seria.
Por se algún está despistado: o finalizr a carreira non é necesario que devolvades os Chips (de ningún xeito ides saír na clasificación).

7. Todo corredor que: non realice o percorrido completo (sen unha excusa
aceptable coma : estaba cansado, espéranme na casa…etc),
que chegue á meta con dorsal ou ao entender dos xuices da organización cometa algunha irregularidade, será sinalado co dedo e despois abroncado por todo canto queira.


8. A saída será ás 21:00 h. dende a Porta dos Leóns no Paseo da Ferradura da Alameda Compostelana.

Este ano sí estará cortado o tráfico rodado, como moito poderemos atopar o furgón que ven para poñelas vallas.

9. O percorrido será dar seis voltas o preímetro da Alameda, sen contar os paseos do Campo da Estrela. Explicación: Sairáse da porta dos leóns polo camino que vai por detrás do Quiosco da Música ata saír a Gardería e a partires de ahí sempre polo exterior ata a porta dos leóns. Así: seis voltas ( case seis km).
As categorías menores darán só duas voltas o circuito, e non poderán optar os premios. Cando decimos categorías menores referímonos a atletas menores de 14 anos, non a xente baixiña.

Sería recomendable que tanto algúns veteranos da Alameda coma novatos estiveran media hora antes para facer un quencemento enseñando o percorrido a quén non o sepa. De tódolos xeitos non creo que ninguén se perda na Alameda…MALO SERÁ.

10. Como era de esperar, o percorrido non estará sinalizado en cada kilómetro, nin nada que se lle pareza.

11. Unha vez rematada a proba farase a entrega de premios.(Se somos capaces de conseguir algún)
AVISO: Os premios non son acumulativos.

12. Este ano e a pesares da que está a caer, nós non imos facer control anti-doping, aínda que a organización non é permisiva con este tema non temos medios a nosa disposición para facer os controles ( e menos co químico por medio!!!)
O que sí é probable é que teñades un control da Garda Civil cando vaiades para casa despois do brindis con cava co que remataremos este ano atlético. Procuraremos ter tamén chocolate quentiño por se a cousa está fresca.




A ORGANIZACIÓN ANÍMAVOS A PARTICIPAR
dieguitto

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/07/11
19 Carreiras
339 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 21 Dec 2011, 0:38
Asunto: Re: IV SAN SILVESTRE LÚDICO-COMPETITIVA NA ALAMEDA COMPOSTE

Contade comigo para esta edición!! Vai ser moi grande!! Mr. Green Mr. Green Xa só vendo o regulamento.....
miguelanxo

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/05/07
400 Carreiras
677 Mensaxes
O Castiñeiriño (Compostela)
Respostar citando Envío Mér, 21 Dec 2011, 12:00
Asunto: Re: IV SAN SILVESTRE LÚDICO-COMPETITIVA NA ALAMEDA COMPOSTELANA

O Noitebra fará convocatoria para ir a esta cita, jajajaja. Contade cuns cantos fixo!!
johan14

Foreiro infantil
Foreiro infantil
23/06/11
6 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 21 Dec 2011, 18:57
Asunto: Re: IV SAN SILVESTRE LÚDICO-COMPETITIVA NA ALAMEDA COMPOSTELANA

para apuntarse? solo se corre pola alameda ?
FleKy

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
8/01/07
244 Carreiras
1098 Mensaxes
pontecesures e tamen milladoiro
Respostar citando Envío Mér, 21 Dec 2011, 20:22
Asunto: Re: IV SAN SILVESTRE LÚDICO-COMPETITIVA NA ALAMEDA COMPOSTELANA

Con esta frase penso eu que xa quedas anotado para a carreira

You´ll never run alone
Cachocarne

Maratoniano
Maratoniano
31/12/10
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 22 Dec 2011, 8:44
Asunto: Re: IV SAN SILVESTRE LÚDICO-COMPETITIVA NA ALAMEDA COMPOSTE

Vaya! No sabía q se hacía esta S.Silvestre en la Alameda. Me parece una idea genial. Si no me hago millonario hoy y se me va la pinza, espero poder andar por allí.
SENNA

Foreiro infantil
Foreiro infantil
27/10/11
100 Carreiras
83 Mensaxes
MILLADOIRO - NOIA
Respostar citando Envío Xov, 22 Dec 2011, 19:03
Asunto: Re: IV SAN SILVESTRE LÚDICO-COMPETITIVA NA ALAMEDA COMPOSTELANA

Un año mas ahí estaremos colaborando. El cava y la sidra es cosa mia.
Saudos.
Mark

Maratoniano
Maratoniano
6/05/11
50 Carreiras
98 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Ven, 23 Dec 2011, 1:03
Asunto: Re: IV SAN SILVESTRE LÚDICO-COMPETITIVA NA ALAMEDA COMPOSTE

Si no hay control antidoping, habra que ir, no?.
johan14

Foreiro infantil
Foreiro infantil
23/06/11
6 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Dec 2011, 22:52
Asunto: Re: IV San Silvestre lúdico-competitiva na Alameda composte

non fai falla apuntarse?habera que ir disfrazados jajaj
roi

Montañés
Montañés
20/12/10
0 Carreiras
269 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 26 Dec 2011, 0:54
Asunto: Re: IV San Silvestre lúdico-competitiva na Alameda compostelana

CARsantiago, deixeivos un privado! Un saúdo.
PACOPI

Maratoniano
Maratoniano
23/06/09
0 Carreiras
110 Mensaxes
VALDOVIÑO. A CORUÑA
Respostar citando Envío Mér, 28 Dec 2011, 10:40
Asunto: Re: IV San Silvestre lúdico-competitiva na Alameda compostelana

Lamentablemente este año no podré ir. Con ello la categoría nacidos el 8 de septiembre de cierto año, de la que era habitual ganador, quedará muy abierta. Aprovecharos, porque en años venideros, no habrá nuevas oportunidades.
Aprovecho para desearos lo mejor. A nivel individual y como grupo me pareceis ejemplares.
Marola

Mod
Mod
19/11/05
0 Carreiras
2609 Mensaxes
Ames
Respostar citando Envío Mér, 28 Dec 2011, 20:29
Asunto: Re: IV San Silvestre lúdico-competitiva na Alameda composte

Yo también iré...
Además hay que probar el chocolate...


Linneo

Maratoniano
Maratoniano
25/12/06
58 Carreiras
418 Mensaxes
Compostela
Respostar citando Envío Mér, 28 Dec 2011, 22:17
Asunto: Re: IV San Silvestre lúdico-competitiva na Alameda compostelana

Eu non vou poder que teño comilona na coru e non dou chegado en tempo e forma...

"Há sítios no mundo que são como certas existências humanas: tudo se conjuga
para que nada falte à sua grandeza e perfeição. Este Gerês é um deles."

Miguel Torga, Diário VII
RaCeR

Novo foreiro
Novo foreiro
28/12/11
8 Carreiras
44 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Mér, 28 Dec 2011, 23:20
Asunto: Re: IV San Silvestre lúdico-competitiva na Alameda compostelana

Igual me teneis ahi, al dia siguiente haré la de A Coruña así que aprovecharé esta para hacer el ultimo entrenamiento del año. En serio no hace falta inscribirse?
lentoperosejuro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/05
0 Carreiras
796 Mensaxes
Milladoiro
Respostar citando Envío Xov, 29 Dec 2011, 9:41
Asunto: Re: IV San Silvestre lúdico-competitiva na Alameda composte

Eu tamén estarei.
A todos os que preguntan pola inscripción,...etc :recordarlles que é máis unha reunión de colegas que outra cousa. Lendo o Regulamento da proba darédesvos de conta que non fai falla inscribirse...e aínda así imos pola cuarta edición.

“never rained que non escampara”.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos