Foros ›
X Carreira Pedestre Nadal Concello San Cibrao das Viñas
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 05 Nov 2011, 18:11
Asunto: X Carreira Pedestre Nadal Concello San Cibrao das Viñas





PRÓXIMAMENTE MÁIS INFO


X CARREIRA PEDESTRE DO NADAL
SAN CIBRAO DAS VIÑAS
18 de decembro de 2011


SAÍDA E META: PISCINAS MUNICIPAIS DE PONTE NOALLA


INSCRICIÓNS PARA AS CARREIRAS DE 3KM E 8’5 KM

Presenciais en Deportes RED.1 (Rúa Nosa Sra da Saínza, 18) ata o mércores día 14 de decembro
Pola web en www.championchipnorte.com ata o xoves día 15 de decembro

Os datos obrigatorios nas inscricións son NIF con letra, nome e apelidos, data de nacemento completa, localidade, provincia, e-mail de contacto, teléfono de contacto, nome do clube (se o ten) e tamén se pertence o Concello de San Cibrao de Viñas por unha banda e se é traballador/a ou empresario/a do Polígono de San Cibrao de Viñas ou de Barreiros por outra.


NOTA IMPORTANTE
As inscricións estarán limitadas a 500 participantes, incluindo adultos e nenos/as.
A inscrición ten un custe de 3€. O pago poderase facer a través da web de championchipnorte ou en man en Deportes Red.1
Os/as participantes da carreira de 3 Km que non posúan NIF, deberán facer a súa inscrición de forma presencial en Red.1


AS INSCRICIÓNS DA CATEGORÍA PITUFOS FARANSE O DÍA DA PROBA E NON LEVARÁN CHIP


INFORMACIÓN
javierparedes @ edu.xunta.es
tlf. 647913079
www.championchipnorte.com
www.sancibrao.es


HORARIO
12:00 horas: saída da carreira adultos e nenos
13:00 horas: saída carreira pitufos
13:15 horas: entrega de trofeos e ágape para os participantes






REGULAMENTO XERAL

1. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas.

2. A recollida de dorsais e chips, farase desde as 9:00 horas ata media hora antes de iniciar a proba.


3. O percorrido será de 300 m para a categoría Pitufos, de 3 km para as categorías A – B- C- D e de 8’5 km para as restantes categorías. A saída será conxunta para as categorías de escolares e absolutos. Os escolares pararán na primera volta e os restantes corredores completarán dúas voltas (1 pequena e 1 grande)

4. A clasificación será absoluta e por categorías. Os premios non son acumulables e só se recibirá o de maior cuantía. Recibirá o de menor importancia o seguinte clasificado.

5. A organización contará co asesoramento da Delegación Ourensana de Atletismo, o Comité de Xuices e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.

6. Todo corredor que chegue á meta sen dorsal ou o chip, será desclasificado. Tamén deberán devolve-lo chip o finaliza-la proba para optar aos obsequios.

7. O percorrido estará sinalado cada km.

8. A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónico pola empresa CHAMPIONCHIP

9. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes

10. Establécense os seguintes premios
•150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ ós seis primeiros clasificados/as en material deportivo.
•Trofeo aos 3 primeiros/as clasificados/as en cada categoría
•Camiseta técnica e bolsa do corredor para todos os/as participantes que rematen a proba.
•60€ ós seis primeiros clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo.
•Medalla para todos os pitufos participantes ata esgotar existencias
•Sortearanse numerosos agasallos e productos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal.


11. Establécense as seguintes categorías:


A) Alevín: 2001 e 2002
B Infantil: 1999 e 2000
C) Cadete: 1997 e 1998
D) Xuvenil: 1995 e 1996
Distancia a percorrer: 3 km (1 volta)
Saída ás 12:00 horas



E) Junior-promesa: 1990 a 1994
F) Senior: 1989 ata veterán
G) Veterán A: de 40 a 49 anos
H) Veterán B: de 50 a 59 anos
I) Veterán C: de 60 anos en adiante
Distancia a percorrer: 8’5 km (2 voltas)
Saída ás 12:00 horas

Pitufos: 2003 e posteriores
Distancia: 300 m. Saída ás 13:00 horas

12. Premio especial ós 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas

13. Debido ao carácter estrictamente deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. O Concello de San Cibrao das Viñas, así como a Comisión Organizadora non se farán responsables dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.

14. Aqueles aspectos que non se contemplen no Regulamento, resolveranse polo disposto no regulamento da Federación Internacional de Atletismo.

15. A Organización obsequiará cun ágape a todos os participantes da proba


Última edición por San_Cibrao o Xov, 15 Dec 2011, 15:41; editado 3 veces
txunda

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/01/11
52 Carreiras
56 Mensaxes
OURENSE
Respostar citando Envío Sáb, 05 Nov 2011, 23:37
Asunto: Re: X Carreira Pedestre Nadal Concello San Cibrao das Viñas

Unha das miñas favoritas, e ademáis ó lado da casa.
Gracias á organización por seguir facendo posible unha carreira así.
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 15 Nov 2011, 21:19
Asunto: Re: X Carreira Pedestre Nadal Concello San Cibrao das Viñas

xa está aberto o prazo de inscrición
pódese facer a través de championchip ou en Deportes RED.1
os escolares que non teñen DNI téñense que inscribir de maneira presencial en RED.1
os pitufos inscríbense o domingo, antes do comezo da proba

inscricións limitadas a 500 participantes!


Última edición por San_Cibrao o Mér, 16 Nov 2011, 10:46; editado 1 vez
OSCAROURENSE

Maratoniano
Maratoniano
8/09/08
0 Carreiras
6676 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Mér, 16 Nov 2011, 9:47
Asunto: Re: X Carreira Pedestre Nadal Concello San Cibrao das Viñas

POis Ferrol e Lugo teran que quedar sin a miña presencia.... ainda que non sei estarei recuperado para correla... pero.... ali estaremos en San Cibrao un ano mais

Esprintes inde nai - ORT (Ourense Running Team)- El Equipo
Esprintes Ourense .- El club
La caña de España !
oscarunin.blogspot.com
esprintes.blogspot.com
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 21 Nov 2011, 22:02
Asunto: Re: X Carreira Pedestre Nadal Concello San Cibrao das Viñas

actualizado
diego080782

Organización
Organización
28/11/08
0 Carreiras
993 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 22 Nov 2011, 13:29
Asunto: Re: X Carreira Pedestre Nadal Concello San Cibrao das Viñas

yo ya estoy anotado

acumulandokm.blogspot.com/
www.carrerachandrexatrail.es
M: 2h38'44"-- MM: 1h18'09'' -- 10km: 35´48´´ -- 5km ruta: 17´25´´
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 03 Dec 2011, 19:43
Asunto: Re: X Carreira Pedestre Nadal Concello San Cibrao das Viñas

PERCORRIDO:




Última edición por San_Cibrao o Xov, 15 Dec 2011, 15:41; editado 1 vez
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
489 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Lun, 05 Dec 2011, 21:31
Asunto: Re: X Carreira Pedestre Nadal Concello San Cibrao das Viñas

Boas!!! Teño curiosidade x esta carreira. Como é o perfil?? Saudos e sorteee!!! Satisfecho
Germanmd

Foreiro Senior
Foreiro Senior
14/01/09
0 Carreiras
946 Mensaxes
marin-piñor(barbadás)
Respostar citando Envío Lun, 05 Dec 2011, 22:35
Asunto: Re: X Carreira Pedestre Nadal Concello San Cibrao das Viñas

Jose, ten unha subida tendida o pouco de sair, que logo se compensa coa sua baixada. Polo resto cuasique plana, con boa organización i agape final que cuasi da pra xantar, a lo menos o ano pasado.
Por certo se vas a Moaña, podote levar.
rubmarc

Foreiro infantil
Foreiro infantil
14/04/08
0 Carreiras
121 Mensaxes
Vigo/El Barco de Valdeorras
Respostar citando Envío Mar, 06 Dec 2011, 20:59
Asunto: Re: X Carreira Pedestre Nadal Concello San Cibrao das Viñas

En cuanto al perfil,lo de plana,no lo comparto.Al salir es en subidita de 50m y se baja un poco otros 300m y hasta el km 1 es subida ligera.Despuès si que hay bajadita hasta el pueblo y comienza una subida al pasar enfrente de la salida/meta que empieza tendida y se endurece en el cruce a la izquierda.Esta subida llega por lo menos hasta el km 4 o asì.Despuès bajada hasta llegar a las calles del polìgono y de ahì hasta meta si que es casi todo plano,despuès ligera bajada y una subidita de 300m hasta coger la recta de meta en bajada de 100m.
La organizaciòn es buenìsima.La comida de despuès,expectacular.El frìo suele ser invitado preferente.
La he corrido 3 veces.La primera era en otro recorrido màs rompepiernas y sin circuìto pequeño ni pisar el polìgono,para mì el recorrido era màs bonito al atravesar varios pueblos.Las dos ùltimas son con este recorrido actual y para mì es durìsimo,porque la subida de ,màs de 2km te deja vacìo,la bajada posterior te recupera algo y los kms finales son rapidìsimos al ser tan llanos.
Para mì carrera recomendable al 100%.De hecho mis compañeros de club siempre iban a Lugo y yo preferìa ir a San Cipriàn.Este año no podrè ir,estarè en Vigo y la cambio por la carrera del Pavo en la zona de la Plaza Compostela y el Naùtico con un nuevo recorrido que la hace màs atractiva.Saludos y nos vemos en el asfalto.
Chupete Disimulando
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
489 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Mér, 07 Dec 2011, 0:15
Asunto: Re: X Carreira Pedestre Nadal Concello San Cibrao das Viñas

Germanmd escribió:
Jose, ten unha subida tendida o pouco de sair, que logo se compensa coa sua baixada. Polo resto cuasique plana, con boa organización i agape final que cuasi da pra xantar, a lo menos o ano pasado.
Por certo se vas a Moaña, podote levar.

Gracias German!!! Estamos baraxando varias opcions para esa fin d seman... a ver a cal vamos finalmente!!! A Moaña vou seguro, mandame o teu número e chámote o venres ou sabado para quedar. Saúdos Satisfecho
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 10 Dec 2011, 15:26
Asunto: Re: X Carreira Pedestre Nadal Concello San Cibrao das Viñas

quedan 30 prazas aproximadamente, non vos fiedes da web de championchip que despois algún queda sen correr...
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 12 Dec 2011, 13:47
Asunto: Re: X Carreira Pedestre Nadal Concello San Cibrao das Viñas

INSCRICIÓNS PECHADAS! moita sorte a todos
fonteiña

Maratoniano
Maratoniano
3/01/09
0 Carreiras
146 Mensaxes
ponteareas
Respostar citando Envío Dom, 18 Dec 2011, 9:41
Asunto: Re: X Carreira Pedestre Nadal Concello San Cibrao das Viñas

Gran Domingo atetico o de hoxe en Galicia e norte de Portugal( S.Cibrao,Ferrol,Lugo,Vigo,Porto...).
Asi da gusto,ter dudas para elexir carreira. Nos saimos ahora pra S.Cibrao ca idea de pasalo ben nesta bonita e ben organizada carreira.
Sorte a todo/as e saudos desde O CEO.
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Dec 2011, 9:25
Asunto: Re: X Carreira Pedestre Nadal Concello San Cibrao das Viñas

grazas a todos pola vosa participación. Esperamos contar con vos o ano que ven. Podedes consultar as clasificacións e as fotos da carreira no seguinte enlace:
www.ourensedeportivo.c...inas-2011/





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos