Foros ›
Novo percorrido Penedos do Lobo 2011
Foros de debate / Planos y rutas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 27 Mai 2011, 10:00
Asunto: Novo percorrido Penedos do Lobo 2011

Marquei o percorrido en mapmyrun:

classic.mapmyrun.com/r...8693894365
O kml dispoñible na web de www.penedosdolobo.org/index2.html non se atopa ben confeccionado (da 70km)







Coma comentou 4x4

troca o percorrido na 2ª metade da carreira con 3 importantes novidades:

* Novo treito técnico a partires do km21 polo carreiro dos curros pra enganchar no km26 na aldea abandoada de Prada có antigo percorrido

* No km29 en troques de xirar á esquerda pra dirixirnos a Prada enfiaremos unha pista forestal camiño de Requeixo e Placín, dende onde precisamente xa escomenzaremos a subir có que acadaremos Paradela quentiños de pernas antes de afrontala "escalada dos Penedos do Lobo"

*Ademais a distancia vaise por riba dos 43km

www.jeffxavi.blogspot.com
RaAmon

Maratoniano
Maratoniano
1/05/09
45 Carreiras
200 Mensaxes
Carballo (A Coruña)
Respostar citando Envío Ven, 27 Mai 2011, 15:38
Asunto: Re: Novo percorrido Penedos do Lobo 2011

Xabi, estánseme poñendo os dentes largos... Sorriso Quero dicir que me tira moitísimo un percorrido como o que aparece aquí, e por iso atrévome a plantexaros unha situación personal. Alá vai:

Encántame a montaña, teño feito rutas polo Caurel (Formigueiros, Serra da Escrita...) e O Pindo, pero ANDANDO, a paso rápido, con mochila, pero sen correr. Tiradas de algo máis de 30 km con desniveis acumulados de 1500 m a ritmo de 5,5-6 km/h. Etapas do Camiño de Stgo (Primitivo e Da Prata) de ata 52 km con mochilón a medias de algo máis de 5km/h. Tamén corro populares sobre asfalto, en distancias de ata media maratón, a ritmos de 4:30 (MM) ou 4:15 (10000). Estou ben de peso, axustado á miña estatura, e -aparentemente- ben de saúde. Nunca corrin un maratón, e de feito ponme un respecto enorme; non me parece coña ningunha e teño dúbidas de se podería acabalo...

En base a todo iso, e sabendo que cada persona é un mundo e que dar consellos é fastidiado ás veces, pregunto á xente con experiencia deste foro:

* ¿sería unha locura meterme a participar nos Penedos como primeira carreira de montaña?

* ¿recomendades que o primeiro maratón sexa precisamente en montaña en vez de en asfalto? e máis concretamente ¿é Penedos do Lobo un bó sitio para empezar? ¿mellor tal vez empezar con algo como a Subida ao Xalo, non por ser máis fácil, senon por ser máis curta?

* ¿cómo se plantexa unha carreira de montaña destas kilometraxes? ¿córrese sempre ou case sempre? ¿camíñase rápido poñamos que o 50% do tempo? Vadesme decir que depende de cómo esté cada un, supoño...

* ademáis de auga e algunha barriña ¿recomendades levar qué?

* se "pides papas" a 20 km da meta, ¿qué pasa? ¿hai q levar móbil? ¿hai "coche escoba"?

Seguramente serán tonterías todas estas dúbidas, pero agradecería que alguén contara algo ou me dixera algunha web onde me poida ir documentando para valorar se dar o paso nalgún momento.

Grazas anticipadas! Sorriso
helsinki

Maratoniano
Maratoniano
4/04/08
680 Carreiras
264 Mensaxes
o barco
Respostar citando Envío Sáb, 28 Mai 2011, 22:07
Asunto: Re: Novo percorrido Penedos do Lobo 2011

Personalmente no me gustan los cambios en los recorridos de las maratones, creo que es una falta de respeto hacia aquellos corredores que hicieron la prueba en años anteriores. De verdad me parece una moda estúpida que cada año se modifiquen cuatro tenterías. Para mi se pierde el sabor de una carrera y se impide que gane en veteranía, en definitiva es como si se tratase de pruebas distintas. Volveré un año más a la Penedos porque es la maratón de casa y porque los organizadores son unos tios estupendos, pero de verdad que me desagrada profundamente el cambio de recorrido.
xan

Montañés
Montañés
14/04/08
0 Carreiras
2362 Mensaxes
vigo
Respostar citando Envío Mér, 01 Xuñ 2011, 15:58
Asunto: Re: Novo percorrido Penedos do Lobo 2011

RaAmon escribió:


En base a todo iso, e sabendo que cada persona é un mundo e que dar consellos é fastidiado ás veces, pregunto á xente con experiencia deste foro:
Experiencia so unha pouquiña, recomendacións a título persoal.

Cita:
* ¿sería unha locura meterme a participar nos Penedos como primeira carreira de montaña?
Se queres participar nunha carreira de montaña empezaría por unha de menos quilometraxe tipo Esgos, Tangaraño ou alguha dese quilometraxe, pero si queres debutar en Penedos fai o Cross Satisfecho para empezar, xa que o Maratón é duro de narices Muro .

Cita:
* ¿recomendades que o primeiro maratón sexa precisamente en montaña en vez de en asfalto? e máis concretamente ¿é Penedos do Lobo un bó sitio para empezar? ¿mellor tal vez empezar con algo como a Subida ao Xalo, non por ser máis fácil, senon por ser máis curta?
Con respeto a debutar nunha maratón pouco che podo informar do tema xa que non fixen ningunha, pero penso que será mellor unha de asfalto, máis que nada pola dureza e duración da proba.

Cita:
* ¿cómo se plantexa unha carreira de montaña destas kilometraxes? ¿córrese sempre ou case sempre? ¿camíñase rápido poñamos que o 50% do tempo? Vadesme decir que depende de cómo esté cada un, supoño...
Nunha carreira de montaña non hai plantexamento a priori, correse donde hai que correr e andase donde hai que andar, e así de sinxelo, na montaña non hai ritmos senon sensacións.

Cita:
* ademáis de auga e algunha barriña ¿recomendades levar qué?
En principio nada máis.

Cita:
* se "pides papas" a 20 km da meta, ¿qué pasa? ¿hai q levar móbil? ¿hai "coche escoba"?
Normalmente nas carreiras de asfalto hai coche escoba nas de montaña a organización terá algún 4x4 supoño Mr. Green

sds
Molón

xanrunning.blogspot.com/
cronicasdelcarma.blogspot.com/
RaAmon

Maratoniano
Maratoniano
1/05/09
45 Carreiras
200 Mensaxes
Carballo (A Coruña)
Respostar citando Envío Mér, 01 Xuñ 2011, 21:11
Asunto: Re: Novo percorrido Penedos do Lobo 2011

Xan, moitas gracias polas túas indicacións. Xa pensei que ninguén contestaría, e por un lado non me extrañaba moito, xa que despois de clicar en "enviar" e releer o meu post, dinme conta de que non estaba no sitio apropiado... facer "consultas" do tipo das miñas nun fío sobre "Planos e rutas" a verdade é que non é moi acertado. Así que pensei xa que non ía respostar ninguén, de xeito que sorprendeume agora ver a túa resposta. Graciñas, repito.

E volvendo ao meollo da cuestión, direi que sí, que seguro que tes razón ao recomendar unha carreira de montaña algo más asequible para empezar. Creo que vou probar con algunha das que indicabas, ou ca Media do Xalo, que me queda cerquiña (ainda que terei que esperar un ano, pois acábase de celebrar). Mentras tanto, a ver se me decido a dar o salto ao maratón, xa que esa distancia sempre me pareceu "inhumana"; intentarei correr algún en asfalto e a partir de ahí, e vendo resultados e sensacións, valorarei participar nun de montaña.

En canto ao plantexamento, e polo que dis, haberá que ir sopesando en cada momento o xeito de afrontar cada tramo da mellor forma posible. Vexo que, ainda que me poña a andar, a ninguén lle vai resultar extraño... a diferencia do que pasa en asfalto. Ahí eu non pararía a camiñar en carreira, pero bueno, supoño que en montaña pode ser necesario; estou a pensar en tramos do Pindo nos que sería imposible correr, tanto subindo como baixando, e supoño que en algunhas zonas das carreiras de montaña poderei encontrar cousas parecidas ou peores.

Quedame a dúbida do "coche escoba"... xa o puxen entre comillas porque supoño que en camiños de montaña, e sobre todo en certos tramos, non haberá tal cousa, pero un participante pode "pinchar"... preocúpame ise tema, a verdade, pero bueno, haberá que medir ben as forzas para procurar non precisar "garbage collection".

Grazas unha vez mais, e saudos Sorriso





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos