Foros ›
etapas volta a España por Galicia
Foros de debate / Otros temas de interés
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 12 Xan 2011, 13:33
Asunto: etapas volta a España por Galicia

Pois disfrutaremos de 3 etapas:

11ª - Verín - Manzaneda

Particularmente non considero o porto de Cabeza de Manzaneda excesivamente duro. Outra cousa sería se houbesen programado unha subida previa á durísima Moá dende Quiroga ate San Xoan de Río

12ª - Pontearéas - Pontevedra

13ª - Sarria - Ponferrada

Non sei se subiran o porto de Ancares pola cara "fácil" ou polas pallozas de A Balouta, cara durísima!!!

www.jeffxavi.blogspot.com
anarky

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
14/01/09
136 Carreiras
2237 Mensaxes
Becerreá (Lugo) e Vilaboa
Respostar citando Envío Mér, 12 Xan 2011, 13:57
Asunto: Re: etapas volta a España por Galicia

Así que rumores confirmados ... este ano a Volta subirá por fin o porto de Ancares e mira q levaban anos intentando traer a Volta por esa zona. E ademais a etapa pasa polo lado da miña casa !!! Viva viva viva !!!! Eu coñezo bastante ben esa zona, os portos q se suben antes non son demasiado duros pero o terreo é moi compricado, non hai tramo chan e as carreteras son bastante ... compricadas sobre todo nos descensos. O porto de Ancares según vexo no perfil non sei ben q vertiente farán pq hai dúas q pasan por Murias (ambas as máis duras) pero en calquera caso o último tramo dende Balouta ata arriba é común, a única diferencia q na máis dura se pasa por Pan do Zarco q ten unhos tramos de tremenda dureza.
Eu ese viernes xa mo pido libre no traballo para disfrutar desta etapa.

E o resto de etapas pois ben pq así tamén pasa por outras provincias galegas ... coincido contigo q o alto de Manzaneda non é demasiado duro (tampouco o coñezo demasiado) pero dependerá de como vaia a etapa, o terreo previo tamén ten pinta de ser duro.

PD: Mágoa q haia q acabar a etapa en Ponferrada co q o Pto. de Ancares está algo lonxe pero é dificil poñer as infraestructuras q requiera algo tan grande como a Volta nos pobos ancareños.

www.24gramos.blogspot.com
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 12 Xan 2011, 14:28
Asunto: Re: etapas volta a España por Galicia

Grazas pola expricación anarky!!!

Eu tiña entendido que na parte galega existian duas subidas o porto de Ancares

*unha dende Murias por Balouta
*outra dende Donis

Coma ti dís, haberá que programar ben as vacaciós de Agosto

Apertas!!!

www.jeffxavi.blogspot.com
anarky

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
14/01/09
136 Carreiras
2237 Mensaxes
Becerreá (Lugo) e Vilaboa
Respostar citando Envío Mér, 12 Xan 2011, 17:37
Asunto: Re: etapas volta a España por Galicia

En realidade pola vertente galega existe ata 3 alternativas e 1 pola leonesa q é por onde se baixa cara Ponferrada na etapa.

Dúas desas subidas comparten o inicio no Río Balouta e pasan por Murias pero nese punto desvíanse creo e unha tira pola carretera q vai de Murias a Balouta e a outra pasa por unha zona q lle chaman Pan do Zarco, sendo está segunda subida a máis dura. A verdade é q a vertente do Pan do Zarco non a coñezo pero vendo os perfiles parece brutal pola porcentaxe tan alta e tan constante que mantén durante toda a ascensión. Pasado Balouta volven a enlazar as dúas carreteras e comparten o tramo final.

E a terceira vertente e a q dis q pasa por Donís. E sen dúbida a máis suave sobre todo pq ten un montón de descansillos aínda q tamén é a máis longa e ten algúns tramos q son durísimos e a última parte dende Subarbol tamén é moi dura e constante (creo q son uns 4-5 kms).

Vendo a etapa e o perfil creo q optaron pola subida por Murias q non pasa polo tramo do Pan do Zarco, sobre todo pq concorda os kms de subidas cos perfís q se poden encontrar por ahí.

Se queres consultar tódolos perfís e máis información do porto aquí:
plataformarecorridosci...ncares-ii/

www.24gramos.blogspot.com
corvo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/05/07
100 Carreiras
1773 Mensaxes
Viana do Bolo
Respostar citando Envío Mér, 12 Xan 2011, 19:31
Asunto: Re: etapas volta a España por Galicia

O que si ten a subida a Manzaneda e moitos kilómetros, cousa que non teñen a maioria de portos que se suben na volta. Dende o comezo na ponte do Bibei ata arriba hai máis de 30 km. O que si comentan e que o ascenso vai pola parte máis sencilla.

A parte de a Moá, tamen poderian endurecer un pouco a etapa si en vez de pasar de Viana a Veiga pola estrada comarcal, fixeran o tramo Viana- Porto (Zamora)- A veiga. Donde hai unha subida (que probablemente nin Dios coñeza Ríndose ) lixeiramente superior os 10 km que pasa de 820m a máis de 1400 na cima e outra subida menos dura saindo de Porto hacia a Veiga
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 12 Xan 2011, 21:52
Asunto: Re: etapas volta a España por Galicia

corvo escribió:

O Alto da Portela do Campanario?

www.jeffxavi.blogspot.com
boirinho

Foreiro Senior
Foreiro Senior
8/11/09
22 Carreiras
447 Mensaxes
Boiro
Respostar citando Envío Mér, 12 Xan 2011, 22:33
Asunto: Re: etapas volta a España por Galicia

A min este ano non me disgusta o deseño da Volta a España.
A ANcares non suben polas pallozas que di Xavi (realmente chámase Pan do Zarco) Unha mágoa, porque iso é coma o Mortirolo.
O final en Manzaneda, a min si que me parece duro,ós últimos kilómetros teñen dureza, e é un porto moi longo, moitas páxaras poden entrar aí. Se subiran antes A Moa, mellor, pero que se lle vai facer.
Ao final a etapa de Pontevedra vai ser de transición, Se falara de que ao mellor iba ser aquí a contrareloxo longa, pero ao final vai para Salamanca. Aquí molaría unha crono entre a Illa de Arousa e a Illa da Toxa.
A etapa de Sarria... penso que podía ser moito máis dura. Se de Becerreá foran para As Nogais e foran ó Cebreiro por Becerreira e Vilasol, e despois coller Ancares dende Piornedo-Suarbol.

A ver o que da de sí.

www.subeaobarbanza.blogspot.com
corvo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/05/07
100 Carreiras
1773 Mensaxes
Viana do Bolo
Respostar citando Envío Mér, 12 Xan 2011, 22:35
Asunto: Re: etapas volta a España por Galicia

xabi escribió:
corvo escribió:
O que si ten a subida a Manzaneda e moitos kilómetros, cousa que non teñen a maioria de portos que se suben na volta. Dende o comezo na ponte do Bibei ata arriba hai máis de 30 km. O que si comentan e que o ascenso vai pola parte máis sencilla.

A parte de a Moá, tamen poderian endurecer un pouco a etapa si en vez de pasar de Viana a Veiga pola estrada comarcal, fixeran o tramo Viana- Porto (Zamora)- A veiga. Donde hai unha subida (que probablemente nin Dios coñeza Ríndose ) lixeiramente superior os 10 km que pasa de 820m a máis de 1400 na cima e outra subida menos dura saindo de Porto hacia a Veiga

O Alto da Portela do Campanario?

É o alto do Poio (non confundir co Poio de Lugo). A carretera que vai de Viana a Porto de Sanabria pasando pola presa de Pias. Sae de Viana pola ribeira do Bibei e os 10 km desviase para atravesar pola Serra Dalorta (denominación que non a teño moi clara).

Debe andar moi cerca do 7 % de pendiante media con algunha rampa que se non chega ó 20 %, quedase moi cerca

A subida de Porto cara a Veiga non coñezo o nome, pero debe ter uns 4 ou 5 km e a cima está por enriba dos 1500 metros. Está está en moito mellor estado e ben asfaltada que a anterior
boirinho

Foreiro Senior
Foreiro Senior
8/11/09
22 Carreiras
447 Mensaxes
Boiro
Respostar citando Envío Mér, 12 Xan 2011, 22:38
Asunto: Re: etapas volta a España por Galicia

Perfís dalgunha das subidas de Galicia.
Perfil de Manzaneda
Perfil da Ermida
Perfil de Ancares por Murias.

www.subeaobarbanza.blogspot.com
corvo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/05/07
100 Carreiras
1773 Mensaxes
Viana do Bolo
Respostar citando Envío Mér, 12 Xan 2011, 22:53
Asunto: Re: etapas volta a España por Galicia

boirinho o perfil de Manzaneda creo que non é exactamente ese que puñeches ti.

No perfil da etapa aparece Trives e para seguir o perfil que dis tí terian que desviarse un par de kilómetros antes de chegar a Trives para coller a estrada que pasa polo pobo de Manzaneda. Segun parece van seguir a estrada principal ata Trives e ali enganchar co acceso a estación de Manzaneda (" La Manzaneda" com poñen por ahi Muro Muro )
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 12 Xan 2011, 22:57

Efectivamente, non suben por Manzaneda pobo, senon que van ate Trives e toman a estrada camiño de Chandrexa

www.jeffxavi.blogspot.com
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 12 Xan 2011, 23:00
Asunto: Re: etapas volta a España por Galicia

xabi escribió:
corvo escribió:
boirinho o perfil de Manzaneda creo que non é exactamente ese que puñeches ti.

No perfil da etapa aparece Trives e para seguir o perfil que dis tí terian que desviarse un par de kilómetros antes de chegar a Trives para coller a estrada que pasa polo pobo de Manzaneda. Segun parece van seguir a estrada principal ata Trives e ali enganchar co acceso a estación de Manzaneda (" La Manzaneda" com poñen por ahi Muro Muro )

Efectivamente, non suben por Manzaneda pobo, senon que van ate Trives e toman a estrada camiño de Chandrexa

www.jeffxavi.blogspot.com
anarky

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
14/01/09
136 Carreiras
2237 Mensaxes
Becerreá (Lugo) e Vilaboa
Respostar citando Envío Xov, 13 Xan 2011, 11:14
Asunto: Re: etapas volta a España por Galicia

boirinho escribió:

A etapa de Sarria... penso que podía ser moito máis dura. Se de Becerreá foran para As Nogais e foran ó Cebreiro por Becerreira e Vilasol, e despois coller Ancares dende Piornedo-Suarbol.

Pois eu creo q dese xeito sería similar ou incluso menos duro pq só terías a subida ao Poio q é relativamente dura pero logo tes q facer un montón de kms para enganchar con Degrada e subirías Ancares pola cara menos dura (a de Piornedo) mentres q tal como o plantexaron na Volta dende Becerreá tes q subir un pequeno porto q non é para nada duro e logo baixas a Navia por unha carretera bastante perigosa ... moito coidado con esta baixada q se as trae e nada máis saír de Navia enganchas prácticamente seguido Morela e Ancares q seguro q se fai moi duro. Lástima q a etapa teña q acabar en Ponferrada pero creo q non lles kedou máis remedio por cuestións loxísticas. Todo dependerá de como se tomen a etapa, eu sinceramente creo q non vai pasar nada tendo ao día seguinde A Farrapona e logo O Angliru.

www.24gramos.blogspot.com
boirinho

Foreiro Senior
Foreiro Senior
8/11/09
22 Carreiras
447 Mensaxes
Boiro
Respostar citando Envío Xov, 13 Xan 2011, 16:52
Asunto: Re: etapas volta a España por Galicia

anarky escribió:

Existiría a opción de baixar de novo As Nogais e subir polo alto de Pintinidoira, sen grandas rampas, pero longo de aúpa.
Eu tampoco creo que nesa etapa pase nada, pero a desculpa da loxística para ter que levala ata Ponferrada eu non ma creo. Tendo en conta os grandes desplazamentos que hai este ano, o último día un Vitoria-Madrid, a min parécenme desculpas absurdas. O Tour move moito máis que a Volta, e aínda así ten finais en lugares moito máis reconditos que a zona de Ancares. E non digamos xa o Giro.

www.subeaobarbanza.blogspot.com
boirinho

Foreiro Senior
Foreiro Senior
8/11/09
22 Carreiras
447 Mensaxes
Boiro
Respostar citando Envío Xov, 13 Xan 2011, 16:55
Asunto: Re: etapas volta a España por Galicia

Engadindo a miñla mensaxe anterior, Ponferrada paga moitos cartos, porue quere convertirse nun referente mundial no ciclismo e quere albergar a celebración dun Campeonato do Mundo de Ciclismo, quere ser algo así como Mendrisio, e para sio que mellor propaganda que ter finais de etapa na Volta a España.

www.subeaobarbanza.blogspot.com

Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos