Fri, 26 Nov 2010, 6:17
Post subject: Re: Positivos no atletismo
da manta non tira nadie. Eso de que un pillado diga quén lle vendeu a mercancía, quén lla administrou, de que xeito, ....
non se coñece a ninguén. Só o ciclista Manzano hai uns anos. O pobre, na miña opinión, tiña un problema de imaxe e de capacidade intelectual, que lle restaba credibilidade e non quedou en nada a súa denuncia.
A fama que ten o deporte español no eido internacional tena gañada a pulso. Ducias de bos deportistas, que cumplen coas reglas, ven o seu prestixio menguado pola aparente
falta de seriedade do consello superior de deportes e outras administracións que siguen a darlles homenaxes e facendoos fillos predilectos a deportistas tramposos semi-confesos e outros condenados (ainda que non confesos).
en España sae "barato" un positivo. E se eres famoso, moi barato. Sabes que pasará o chaparrón e se es novo poderás seguir coa túa carreira e se es vello pois xa terás millo no hórreo probablemente debido ó esforzo de toda unha vida.
Que quede claro: os que dan positivo teñen que entrenar e esforzarse
como os demáis. Nin máis nin menos. Digoo porque oes falar á xente e parécelles que non, que en realidade todos temos un campión dentro á espera dun bo médico. As sustancias dopantes,
por exemplo, son a diferencia entre conseguir posto de finalista nun europeo ou pillar unha medalla. Non significa tocarse los cataplines todo o ano e chegar a un europeo e pillar medalla.
-- Chámame "ghose"