Tue, 21 Sep 2010, 9:10
Post subject: Re: Os olímpicos do copazo
Boas,
vexo que hai expectación por ver que me trouxen de Manzaneda, non vos preocupedes que en canto colguen a foto na web a poño aquí para disfrute de todo o equipo
Con respecto a carreira, dicir que mo pasei moi ben sen forzar demasiado, sempre reservando e algo sorprendido pola clasificación final, vese que moita xente que foi ao cross non estaba mu preparada, supoño que os gañanazos foron todos ao maratón.
Precioso todo o paisaxe polo que discorría a carreira e fantástico o ambiente que se respiraba en Manzanedo durante o fin de semana, así que a ver se nos deixamos de mariconadas de carreiriñas de 6 kms de asfalto e nos poñemos serios a preparar estas carreiras de montaña.
www.24gramos.blogspot.com