Dom, 21 Feb 2010, 21:47
Asunto: Catastrofes naturais ou simples neglixencias?
Estamos no inverno e , como en tódolos invernos, sempre caen as peores nevadas dos últimos 30 anos, temos as temperaturas máis baixas dos últimos 30 anos, e por suposto tamen temos as precipitacións peores dos últimos 30 anos.
Centremonos agora no tema da auga. Outra vez noticias de inundacións; nada novo, é o de tódolos anos e normalmete repitense os lugares.
Creo que os ríos, arroios e torrentes non son de comportamento aleatorio: teñen un curso, un cauce é unha superficie aledaña inundable. Tan facil de explicar como que a auga corre cara abaixo e polo camiño máis corto.
¿Por qué se producen os danos materias e persoais?
Pois porque desvían os cursos naturais dos ríos e tamen porque encauzan os ríos ganando así a superficie as marxes do río que é inundable. Despois construimos en antigos cauces e en espacios que sn inundables...
... e xa solo falta esperar a que chova un pouquiño para que se arme o pifostio.
E dito esto, (deixando claro que é unha desgracia as perdas personais e materiais) porque temos que pagar todos a incompetencia ( digase as veces tamen "falta de luces ) das administracións e moitas veces tamen dos particulares