Mér, 14 Out 2009, 18:16
Asunto: Re: correr en las andainas
Teño participado en moitas andainas, si non lembro mal, sempre o fixen andando, as veces tentando batir os meus propios rexistros e outras simplemente participando de maneira moito máis tranquila sin preocuparme polo tempo.
Non é menos certo que algunha vez estuben tentado de facer a andaina correndo, non por gañar nada nin a nadie, simplemente polo feito que xa comentou algún foreiro, carreiras de montaña ai poucas na nosa terra, polo tanto aproveitar a infraestructura de unha andaina para poder adestrar e competir con un mesmo. Nunca o fixen, pero non descarto facelo, sempre co permiso da organización.
Ai varias organizacións que permiten correr, creo que en Allariz, en Entrimo, en Ribeira, seguro que me esquezo de algunha. Sempre que respetes o regulamento da proba e teñas o consentimiento da xente que ten a responsabilidade de organizar, non entendo o malestar do resto dos participantes que a van a facer andando, entre outras cousas, porque o corredor non molesta a nadie, soamente o ides ver na saída.
Me preocupa máis os piques entre os andarins, eses que van a participar e non a competir e se reventan para chegar antes que aquel coñecido ou amigo, moitas veces aproveitando calquer disculpa para trotar ou acortando camiño, que os ai, e moitos.