Lun, 13 Xul 2009, 18:26
Asunto: Re: III Subida Rocas-Eirado
Primeiro de todo felicitar á organización, noraboa.....o sufrimento compensa cando todo o que rodea a carreira está ok, especialmente esa tremenda cuchipanda do final, que rico estaba todo...bufff
En canto a carreira en si pois a cousa non empezou ben pois a que ia ser a miña compañeira de sufrimento
Tara no meu debut en montaña, non apareceu, co cal se me viu un pouco o mundo enriba pensando en sufrir todos aqueles km eu só
.....así que un pouco acojonado tomei a saída pero podo dicir que a pesar da soidade (salvo un trociño o principio coa muller de
Germanmd), dos kms e da dureza dos mesmos rematei moito mais que satisfeito
...... Os kms ata o primeiro avituallamento e o paso polo mosteiro son espectaculares en canto a paisaxe e leveinos bastante ben, xa que pasei polo km4 en 28' e sufrin mais nas baixadas (polo medo a pisar mal e quedar no sitio
) que nas propias subidas e fun correndo a maioria do tempo
...... na outra parte do percorrido alternei as costas duras andando e o resto correndo relativamente ben ( o cal me sorprendeu pois hai tempo despois das costas quedaba baldado e non era capaz de arrancarme a correr de novo
), pasei polo km 10 en 1h 25' (mellor do que esperaba) e nos tres ultimos km sufrin de lo lindo coas duas subidas matadoras, a de antes da capela e o último cortafuegos que era unha auténtica putada despois de todo o que levabas nas pernas
, debe ser un espectáculo ver os primeiros correndo por esa parede
, guau!! E remate en 2h 1' (mais ou menos o que calculaba) con 2 lebres de luxo, primeiro
Montxo e na derradeira subida
Yonathan.....ah!! e gracias polo tremendo aplauso ó paso pola zona de avituallamento , espectacular
!!!! A sensación o chegar foi de satisfacción, de haber superado todas as dificultades e unha inxección de moral para o sábado no monte Aloia (a verdade é que Esgos é diferente e na miña opinión moitisimo mais dura, nada que ver!!).
Un par de apuntes mais...o avituallamento na cima xenial, a min encantame comer froita o rematar e os platanos e laranxas souberon a gloria (tamén estiveron ben colocados os avituallemntos liquidos o longo da carreira). E os primeiros da andaina porqe non se anotaron á carreira
?? se total cando nos cruzamos ian correndo bastante mais rápido ca min
....E tamén dicir que o tempo nos acompañou, ogalla tivera sempre esa climatoloxia, eu sería feliz
e para rematar ....que pesadas as moscas
!!! eu creo que algunha fixo os ultimos 5km comigo
.....coñazo!!
E unha vez que te baixaban en bus te dabas contas da tremenda toleria que acababas de cometer, ata donde acababas de chegar só coas tuas perniñas!!! Menos mal que o que había abaixo compensaba todo, ñam ñam ñam ñam que rico e abundante todo
(xamon asado, tortilla, empanadas, ensaladilla, pan, cervexa, chourizo, embutidos....), evidentemente xa non comin nada o chegar a casa
...... Lástima non poder quedar o sorteo pero fixoseme tarde, ainda que supoño que non tocou nada.......
E como sempre o mellor de todo aparte do aplauso arriba foi saudarvos/coñecervos e conversar con vos
Montxo, Irdam, o home de nejro, Repanocha, Yonathan, Ezeq, Fonvigo, Tartaruga, Lois, Jeffxavi, Germanmd e esposa, e moitos outros que me deixo atrás pero a memoria falla un pouco logo do esforzo de onte.... e mención especial para
Tara e
ArdillaRoja que o final si viñeron , sairon un cuarto de hora tarde, remataron a proba e pasárono xenial.....noraboa campioas
!!!!
E o sabado a seguir facendo o cabra ó Aloia
!!!!!
Se eu puiden, ti tamén...