Lun, 10 Nov 2008, 12:47
Asunto: Re: BEHOBIA-SAN SEBASTIAN 2008
Moi boas, pois eu tamén estou ca na casa, a viaxe de volta onte pola tarde foi durísima, pero mereceu a pena.
Só podo dicir boas palabras desta carreira e de todo o que a rodea, veño alucinado, todavía se me fai un nudo na garganta cando penso nos miles de persoas que nos animaban onte, foi incrible, ademáis o ter a sorte de rodar relativamente en cabeza (400 primeiros) a sensación era maior, xa que fumos case toda a carreira en filas de 2 e a xente pechébase nas subidas coma se do tour se tratase, incrible, simplemente incrible.
A carreira moi dura, muscularmente acabei desfeito, apenas hai plano, e pasas todo o día tirando das patas especialmente de xemelgos para correr nas subidas e repeitos e para apurar nas baixadas, o dito plano o que se di plano, Pasaxes e o último kilómetro, o resto rompepernas total.
Agora a miña carreira.
Saín ben, bastante adiante, tiña dorsal verde, e enseguida me coloquei coa xente que vin que andaría coma min, os dous primeiros km rapidillos, baixando de 3'40'' e a partir de ahí estabilicei a marcha en torno os 3'50'', tratando de apurar máis en tódalas baixadiñas para acumular adianto de cara as subidas. O primeiro porto, Gaintxurizketa, é una subida por autovía moi constante dun 5% e que se me fixo levadeira, ademáis regulei bastante pensando no que quedaba, de feito fíxoseme máis dura a baixada, que no primeiro tramo era empinadísima, logo a carreira é un constante sube e baixa moi duro, ahí coma antes a manter o ritmo, o paso polo dez mil moi bo, en 38'00''. Despois de pasar por un repeito durísimo en Lezo chegamos a Pasaxes, terreo chairo pero pestoso, principalmente porque ahí eu xa levaba os xemelgos duros coma o turrón e tocou comezar a sufrir, e xusto cando acabas pasaxes...alto de Miracruz, xa dentro de Donosti, nin costa de Vite nin gaitas, esto é durísimo, sobre todo porque comeza no km 16, pero ten moita pendiente, e unha recta final de 200mts demoledora, eso sí había tal cantidade de xente animando que o pasamos en fila de a un en volandas, eu non mo cría!! E logo a bloque para abaixo e a enfilar a recta do Kuursal para facer o último km, no que disfrutei coma un enano, ademáis tiven a sorte de chegar coa segunda muller e o público berraba coma energúmenos, ata eu me permitín darlle os brazos para que animaran. E crucei a meta, parei o reloxio, e o ver o tempo, 1h 17'21'' comezaron a cairme uns lagrimóns que menos mal que corro con gafas de sol pra disimular, paseime dez minutos emocionadisimo cunha felicidade que non vou esquecer. e aínda por riba cando ía quitar o chip, aparece un rapaz a berros dicíndome que estivera quieto, desatoume a zapatilla, quitou o cordel, sacou chip, meteu o cordón no seu sitio e ATOUME A ZAPATILLA DE NOVO!!! eu xa non sabía que dicir, abraceino e punto.
O demáis perfecto, avituallamento, mochilas, a saída, todo, absolutamente todo.
Na chegada estiven falando con Jeff e logo coñecín a Aficionado, un pracer, e na saída tamén estiven cunha xente de Lugo creo que eran.
E despois de tremendo tocho simplemente recomendarvos que vaiades a esta carreira, merece a pena por todo, a min só pola sonrisa que vou ter este mes xa me mereceu a pena.
pra pescar o rodaballo, hai que molla-lo carallo!!
celtaatletismo.es/blog/