Dom, 31 Mar 2024, 14:27
Asunto: Re: CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS
Imos cun pouco de retraso ca crónica desta carreira. Se os días previos o tempo en Ribadeo foi malísimo o venres foi a excepción, ainda que facía algo de vento, tamén lucía timidamente o sol.
Despois dun moi breve quecemento dan a saida, eu da parte traseira, imos cara un lado e os poucos centos de mts. teríamos que dar a volta, despois ademáis de correr pola area, tivemos que sair das praias en varias ocasións, eso foi o peor, xa que tiñamos que salvar un gran desnivel para coller os paseos pegados a costa, a zona que a teño bastante coñecida, non deixa de sorprenderme pola sua beleza.
Eu moi cómodo ao meu ritmo vou adiantando xente, e pasame rapidísima a carreira en seguida estamos chegando a meta, pero loxicamente esta rapidez tamén é porque dou só uns 8 Kms. dos 9 previstos.
Despois de coller o avituallamento, xa non me quedei o pincheo e tirei ca muller e as sobriñas a ducharme en Ribadeo, xa que tiñamos reservado para xantar.
A carreira moi chula, lástima de non poder correr pola praia de Altar para completar a distancia. É unha carreira para repetir, o que pasa que a min quedame moi lonxe e salvo que veña a pasar uns días a Ribadeo ...
Saudos e felicitar a organización e voluntarios.