Foros ›
IX CARREIRA VIQUINGA CONCELLO DE CARNOTA
Forum Index / Carreiras de Montaña
Reply to topic

Author
Message
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1013 Posts

Reply with quote Post Tue, 31 Oct 2023, 13:40
Post subject: IX CARREIRA VIQUINGA CONCELLO DE CARNOTA

Boas, vos deixo información desta proba o domingo 12/11.
Participéi o ano pasado e a verdade e que moi bén.
REGULAMENTO DA IX CARREIRA
VIQUINGA CONCELLO DE CARNOTA
DATOS XERAIS
O Departamento de Deportes do Concello de Carnota, o Club de
Atletismo Carnota Runners e o Club O Jerreiro, organizan o domingo
12 de novembro a IX Trail Viquinga do Concello de Carnota, con dúas
distancias aproximadas, unha longa de 24 km, cun desnivel positivo
aproximado de 1200 m e unha curta de 12 km, cun desnivel positivo
aproximado de 800 m.
Nesta competición poden participar todas as persoas que o desexen,
tanto nenos/as como adultos/as.
*Nota: os horarios non están libres de sufrir algunha modificación se
se presenta algún imprevisto de última hora. No caso de que para o
día da celebración da proba se decrete unha alerta laranxa, a proba
será suspendida automaticamente.
CATEGORÍA IDADES DISTANCIA HORARIOS
Chupete Mixta
2021 e
posteriores 50 m (aprox.) 11:30 horas
Pitufo Mixta 2016 – 2020 200 m (aprox.) 11:30 horas
Cativos I Masculina
2012 – 2015 1.000 m (aprox.) 11:15 horas Feminina
Cativos II Masculina
2008 – 2011 3.000 m (aprox.) 10:45 horas Feminina
Sénior
curta
Masculina
1974 – 2007 12.000 m (aprox.) 10:35 horas Feminina
Sénior
longa
Masculina
1974 – 2007 24.000 m (aprox.) 10:30 horas Feminina
M50 curta Masculina 1973 e
anteriores 12.000 m (aprox.) 10:35 horas Feminina
M50 longa Masculina 1973 e
anteriores 24.000 m (aprox.) 10:30 horas Feminina
NORMATIVA XERAL
1. A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónica.
2. Haberá dous percorridos para maiores de 16 anos, unha distancia
curta de aproximadamente 12.000 m, e unha distancia longa de
24.000 metros, aproximadamente. Para os Chupetes, 50 metros;
para os Pitufos, 200 metros; para os Cativos I, 1.000 metros e
para os Cativos II, 3.000 metros.
3. A saída estará situada no Pavillón Municipal de Lamas de
Castelo.
4. O comezo da carreira das categorías Sénior e M50 será ás 10:30
h, aproximadamente.
As categorías base correrán mentres se leva a cabo a carreira das
categorías Sénior e M50. Os Cativos II comezarán a súa carreira
ás 10:45 horas, os Cativos I ás 11:15 e os Pitufos e os Chupetes
ás 11:30 horas, aproximadamente.
5. A Organización da proba resérvase o dereito a modificar os
horarios ou o percorrido, así como a aprazar ou suspender a
carreira, se así o estima oportuno, por razóns climatolóxicas ou de
seguridade.
6. Os/as atletas que durante o transcurso da proba circulen por fóra
do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin
de carreira considéranse, para todos os efectos, usuarios normais
da vía.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita farao baixo a súa
responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios.
Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
8. Cada participante toma parte na carreira baixo a súa
responsabilidade e ha de ter un nivel de condición física e saúde
suficiente para afrontala.
9. Debido ao carácter estritamente deportivo e popular da proba, non
se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícita
a aceptación do Regulamento xeral da proba. O Concello de
Carnota non se fará responsable dos danos físicos, morais ou
materiais que ocasione a participación nesta carreira. Os aspectos
non recollidos neste Regulamento resolveranse segundo o criterio
da comisión organizadora, cuxas decisións serán inapelables.
10. A Organización porá á disposición das persoas participantes un
servizo de ambulancia para os/as atletas que presenten algún
síntoma ou lesión durante a proba.
11. A organización non pode garantir a cobertura ao longo de todo o
percorrido.
12. Ofrécese un servizo de gardarroupa para os corredores e
corredoras que o precisen.
13. A organización pon á disposición dos/das participantes na carreira
o Pavillón Polideportivo Municipal de Lamas de Castelo para que
se poidan asear.
14. O tempo máximo de duración da proba será de 2:00 h, a partir da
entrada en meta do primeiro corredor ou corredora. A partir dese
momento, os corredores e as corredoras que permanezan en ruta
deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.
15. Existirá dous posto de avituallamento intermedio, para o Trail
longo e un posto de avituallamento intermedio para o Trail Curto,
no que se habilitarán papeleiras para tirar os residuos.
16. Está prohibido tirar desperdicios ou envoltorios ao longo da
carreira. No avituallamento haberá servizo de recollida de
desperdicios.
17. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os
autorizados pola Organización.
18. En caso de retirada, avisarase ao persoal da Organización.
19. Os/as participantes autorizan a Organización a rexistrar total ou
parcialmente a súa participación mediante fotos, vídeos, televisión
ou calquera outro medio de difusión.
20. Os/as participantes acompañados de animais non contará na
clasificación xeral para a obtención premios.
INSCRICIÓNS
Os/as deportistas inscritos/as comprométense a aceptar estritamente
o presente regulamento e calquera posible modificación.
1. Para formalizar a inscrición deberase cubrir o formulario habilitado
na páxina web www.cronotec.es
2. Termos e prezos das inscricións:
▪ As inscricións efectuaranse na páxina www.cronotec.es e
poderanse facer ata o mércores 8 de novembro ás 23:59 h.
▪ A solicitude de inscrición para os/as deportistas menores de
idade deberá ir acompañada dunha autorización
paterna/materna, segundo o modelo establecido pola
organización. O dito modelo, que se pode descargar na páxina
web www.cronotec.es ou na páxina web do Concello
(www.carnota.gal), deberá imprimirse e presentarse
debidamente cuberto e asinado á hora de recoller o dorsal ou
no Departamento de Deportes do Concello de Carnota.
▪ O prezo de cada inscrición será de 10€ (máis gastos de
xestión).
▪ A inscrición para os/as atletas menores de idade será gratuíta.
▪ Non será posible formalizar inscricións fóra de prazo.
▪ En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.
3. A entrega de dorsais abrirase ás 09:00 horas no Pavillón
Polideportivo de Lamas de Castelo e permanecerá aberta ata 15
minutos antes do inicio da proba.
4. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións
especiais, etc.) deberá facelo constar no reverso do dorsal da
proba.
5. As inscricións realizaranse nos lugares que se indican no
regulamento, dentro dos prazos sinalados. Quen non se axuste a
estas indicacións non poderá participar na proba.
CLASIFICACIÓNS, TROFEOS, MEDALLAS E A SÚA ENTREGA
1. Establécense os seguintes premios:
▪ Trofeo ou medalla aos/ás 3 primeiros clasificados e clasificadas
da categoría Sénior e M50.
▪ Trofeo ao/á mellor clasificado/a empadroado/a ou nado/a no
concello de Carnota.
▪ Medalla para todas as persoas participantes nas categorías
base. Na categoría Pitufos levarán medalla todos/as os/as
participantes. Nas categorías Cativos I e Cativos II, levarán
medalla todos/as os/as participantes, e subirán ao podio os/as
tres primeiros/as de cada unha destas categorías.
▪ Agasallo conmemorativo para todas as persoas participantes
na carreira.
2. As clasificacións da carreira poderán consultarse na páxina web de
www.cronotec.es
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
868 Posts

Reply with quote Post Tue, 31 Oct 2023, 17:12
Post subject: Re: IX CARREIRA VIQUINGA CONCELLO DE CARNOTA

El secreto para superar la prueba sin apuros es echar un trago del único y genuino "Aquarius carnotán"
santiparis

Novo foreiro
Novo foreiro
27/10/14
0 Carreiras
1 Posts

Reply with quote Post Wed, 01 Nov 2023, 17:09
Post subject: Re: IX CARREIRA VIQUINGA CONCELLO DE CARNOTA

Mano de santo ese Aquarius Carnotan, non ha faltar este ano a cita do 12/11/2023
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4675 Posts
K-pax
Reply with quote Post Tue, 07 Nov 2023, 13:11
Post subject: Re: IX CARREIRA VIQUINGA CONCELLO DE CARNOTA

Otro año más,y van .........estaremos por Carnota.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1013 Posts

Reply with quote Post Mon, 13 Nov 2023, 10:41
Post subject: Re: IX CARREIRA VIQUINGA CONCELLO DE CARNOTA

Boas, contento da participación nesta proba. No meu caso foi o trail longo. Todo bastante bén balizado.
O trazado tivo un pouco de todo con zonas corribles e outras zonas mais técnicas que se complicaron pola chuvia acumulada déstes días. O tramo pegado ó rio entre as árbores moi bonito.
E ó rematar paella para todos.
Por 10,50 € de inscripción non se pode pedir mais.
Bueno, tamén decir que nos deron unha camiseta técnica de regalo.
Un saudo.
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
868 Posts

Reply with quote Post Mon, 13 Nov 2023, 10:49
Post subject: Re: IX CARREIRA VIQUINGA CONCELLO DE CARNOTA

Participé en el trail corto y no coincido con Rufino. El balizado dejaba en algunos puntos dudas y varios nos fuimos por donde no era, nada serio y pronto retomamos la senda pero alguna baliza podía estar mejor colocada, la verdad. Esto por supuesto siempre dentro de la crítica construtiva.
Siempre nos tratan muy bien los organizadores y un año más fue todo casi perfecto... porque no sabemos dónde quedó el churrasco que prometían jaja. Esa paella compensó el esfuerzo de sobras y la rosca muy buena. La camiseta con 50% de material reciclado fue el broche.
Un trail para volver siempre, tardaré tiempo en olvidar esa bajada rápida con la playa de Carnota imponente a la izquierda que invitaba a pararse a contemplar, amén de una primera subida con alguna fervenza bien llena de agua que despertaba los sentidos.
Mandar ánimos desde aquí a Lihto que tuvo un percance. A recuperarse pronto y bien!
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1013 Posts

Reply with quote Post Mon, 13 Nov 2023, 11:24
Post subject: Re: IX CARREIRA VIQUINGA CONCELLO DE CARNOTA

Boas, agardo que o de Lihto non fora nada.
Pd: Sí que houbo churrasco e criollos, pero chegaron mais tarde.
Saudos.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4675 Posts
K-pax
Reply with quote Post Tue, 14 Nov 2023, 8:43
Post subject: Re: IX CARREIRA VIQUINGA CONCELLO DE CARNOTA

Gracias chicos,un esguince de libro,agradecer a protección cicvil que me bajaran rápido del monte,a los compis que me ayudaron a llegar al coche,y a la organización por el trato ya en el pabellón,también por organizar esta carrera como siempre a precios razonables,volveremos.
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
421 Posts
Galiza
Reply with quote Post Tue, 14 Nov 2023, 16:38
Post subject: Re: IX CARREIRA VIQUINGA CONCELLO DE CARNOTA

Confused espero que te recuperes pronto. Non cheguei a verte o domingo pero lamento o percance.


...pouco pasa para os sitios por onde imos Avergonzado


Con respecto á carreira dicir que a min pareceume perfectamente sinalizada Pensando (a longa) e con moita xente nos sitios que poderían ser conflictivos (cruces de ida e volta).

O monte estaba como estaba e fíxoseme durecha Chupete pero sempre da gusto ir correr alí a Carnota.

Suxestión:

Unha cousa que creo que habería que explicitar mellor no regulamento é que só había un avituallamento e que, se un quería, habería dúas fontes de auga potable sinalizadas no km tal e cual. Máis que nada porque non todo o mundo catou as excelencias do Aquarius Carnotán, revitalizante cual bálsamo de fierabrás Twisted Evil e aínda que se cite aquí ou no FB (que non sei) pois nin todo o mundo ven aquí (raro) ni ao FB (normal)

(en serio, non todos os pichos de auga que ves no monte son aptos para beber)

Dádelle un toque ao speaker, que xa non sabía nin el a cor das cintas Laughing E do churrasco tampouco vin traza! Twisted Evil e marchei aí sobre das 3, que era iso? unha voda ou qué? Twisted Evil

Cádrame regular, pero sempre é agradable poder ir Bailar

Est.2008





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum