Mon, 02 Oct 2023, 10:01
Post subject: I TRAIL DO CERVO - CAMPO LAMEIRO (04/11/2023)
Moi boas a todos e a todas.
Unha nova proba no calendario de todolos corremontes, que se fará o vindeiro sábado 4 de novembro na localidade pontevedresa de Campo Lameiro. A asociación O Eido do Cervo está a traballar con moito mimo e ilusión para que esta carreira sexa unha fixa nos vindeiros anos nos vosos calendarios.
Tedes toda a información no instagram e no facebook de O Eido do Cervo e tamén na plataforma de inscrición, que é esta:
www.321go.es/Carrera/D...aildocervo
Anímovos a que veñades, é un trail que terá de todo, pistas moi corribles ata zonas técnicas a carón dos ríos con lugares con moita pendente onde, ademais, teredes que estar moi pendentes das balizas.
Agárdovos!