Fri, 01 Dec 2023, 19:20
Post subject: Re: 25ª MEDIA MARATÓN MANUELA MACHADO - VIANA DO CASTELO 2
Chogori, a media ata o Km 5 é moi chanciña, tan só ten unha subida para deixar o tramo de autovía e encarar a estrada pola que discurre o resto da media, despois ten sobre 2 kms. de subida levadeira e o que queda ata o 10 onde damos o xiro e todo favorable, a partir de ahí invertimos a marcha ata o km 20 no que pasamos polo lado da meta, pero ainda nos queda algo máis dun km. ata rematar a proba.
Non é un percorrido duro, sendo unha das medias mási numerosas do centro norte de Portugal e moi boa organización.
O problema que se queres facer marca, tes que situarte na saida con moita antelación, xa que non hai ningún tipo de control e a xente colócase onde quere.
Un saudo.