Foros ›
MEIA MARATONA GUIMARAES 05/10/23 ( CRÓNICA)
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
491 Carreiras
3764 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 26 Set 2023, 20:47
Asunto: MEIA MARATONA GUIMARAES 05/10/23 ( CRÓNICA)

Pois en principio unha media a que teño pensado ir, celébrase en xoves, coincidindo cun feriado nacional de Portugal, o día da República.
Esta media xa había tempo que tiña gañas de correla, antes era organizada por Running wonders, pero dende a pandemia deixaron de organizar case todas as medias que facían. Agora organizada creo que pola cámara municipal.
Como é as 10 hora portuguesa, conto ir no día xa que me queda a 2 horas máis ou menos, así que podo ir no día e quedar a xantar por alí.
Inscripción aberta ata o día 29 a 15 €. Con saida no castelo e remate a carón do estadio de fútbol do Victoria de Guimaraes, duchas nun pabellón alí mesmo.
Toda a información en:

meiamaratonacidadeberco.pt/maratona


Última edición por Kurty o Ven, 06 Out 2023, 4:52; editado 1 vez
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
491 Carreiras
3764 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 05 Out 2023, 20:49
Asunto: Re: MEIA MARATONA GUIMARAES 05/10/23 (CRÓNICA)

Unha nova media pa saca. O día empezou moi cedo, xa que despertei antes de que tocara o despertador, polo que 1h25 antes do comenzo da carreira xa estaba aparcado nas proximidades da meta, a saida a 1'6 Km. como a partida era no castelo de Guimaraes, loxicamente todo subir.
Como o pago da inscripción tiña que ser polo sistema multibanco de Portugal, puxenme en contacto ca organización e deronme un contacto dun menbro da mesma para facer o pago da inscripción e cal foi a miña sorpresa cando non mo quixo cobrar, que era un detalle ir correr a sua Media, pero que tiña que ir máis veces. Ainda que lle insistín non houbo maneira.
Día totalmente distinto as previsións, que daban 23º a hora da saida, o día con nevoa e fresquísimo. Fabuloso para correr, deixei as cousas no gardaroupa e quentei 10 minutiños. Dan a saida e debín perder pouco máis de 10", despois duns poucos mts. por terra, xa toca sair a estrada e os primeiros Kms. rapidísimos, xa que é todo baixar, eu freandome, ainda que a partir do 2,5, xa hai algunha subidiña, pero sobre o 4'5 escomenza o duro da carreira sobre 1 km. de subida con algúns tramos duros e a partir de ahí todo por unha senda peonil e de bicis, con menos pendente pero como quen di todo subir ata o 8'700, con algún descansiño entre medias, loxicamente agora tocan sobre 2'5 Kms. de baixada, 1 chanciño e a dar outra volta máis, eu vou moi cómodo regulando na subida, xa que coñezo o que me queda. E cando toca baixar, non quero forzarme demáis, saindo os derradeiros 4 kms. os máis rápidos da media entre 4'27 e 4'22, facendo 1h40'57" polo meu crono (ainda non hai clasificacións), para 21'450. Recollida do avituallamento final, a base de auga, froita, barrita e ata daban outro xel, (eu non o collín) e claro a típica medalla das carreiras de Portugal.
O percorrido tiña moitos tramos de adoquín, que sumaban en total varios Kms. polo que corrín/mos un montón de mts. polas aceras, pero o bo desto é que nos levaron polo centro da cidade.
Un montón de abastecementos, incluso 2 con xeles. e cando me ia duchar, pabillón a 300 mts. da meta, vin que había servicio de fisios con pouca xente esperando, así que me fixeron unha descarga muscular que me deixou relaxadas as pernas.
Como tiña un montón de fame, as duas xa me fun a xantar e despois de facer unhas compras e dun breve paseo tocou tirar para casiña, que mañán toca traballar.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4770 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Lun, 09 Out 2023, 8:09
Asunto: Re: MEIA MARATONA GUIMARAES 05/10/23 ( CRÓNICA)

Enhorabuena por otra más amigo,y gracias por la crónica.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos