Foros ›
III CROSS SOLIDARIO EN COMPOSTELA " UNHA TARDE CON SAMUEL"
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1305 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 26 Feb 2023, 16:48
Asunto: III CROSS SOLIDARIO EN COMPOSTELA " UNHA TARDE CON SAMUEL"

Organizarase no circuito de Campo a Través do Parque de MONTE DO GOZO en Santiago de Compostela, un Cross Solidario para dar a coñecer esta enfermidade e outras recadando fondos para a investigación da enfermidade de distrofia muscular DUCHENNE e BECKER. Baixo o lema dunha “TARDE CON SAMUEL”, afectado por ista enfermidade rara, organizarase a terceira edición dun Cross Solidario que estará baixo o control do Comité Galego de Xuices da Federación Gallega de Atletismo e coa colaboración do Concello de Santiago e otras entidades.

Esta proba de carácter 100% solidario, celebrarase o SÁBADO 25 DE MARZO 2023, no Parque de MONTE DO GOZO en Santiago de Compostela.

Participación: Nesta proba poderán participar todas aquelas personas que formalicen a súa inscrición no tempo e prazo preciso e sempre que entren dentro do rango de idades establecido para as categorías establecidas no presente reglamento. O control da proba estará baixo a supervisión do Comité de Xuices da Federación Gallega de Atletismo.

Horario

17:00 h Pitufas/as Nadas/os en 2016 e posteriores 350 m aprox.
17:15 h Sub 10 Nadas/os en 2014 e 2015 1200 m aprox.
17:15 h Sub 12 Nadas/os en 2012 e 2013 1200 m aprox.
17:30 h Sub 14 Nadas/os en 2010 e 2011 2000 m aprox.
17:30 h Sub 16 Nadas/os en 2008 e 2009 2000 m aprox.
17:50 h Sub 18-Sub 20 Nadas/os entre 2004 e 2007 5000 m aprox.
17:50 h Senior Nadas/os en 2003 ata máster 5000 m aprox.
17:50 h Máster 1 De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba 5000 m aprox.
17:50 h Máster 2 De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba 5000 m aprox.
17:50 h Máster 3 De 55 anos cumpridos o día da proba en adiante 5000 m aprox.
17.30h ANDAINA 2500m aprox.
Lugar de saída das probas: As probas terán a súa SAIDA e Meta no Parque MONTE DO GOZO a partir das 17.00 horas do sábado 25 de marzo de 2023.

Inscrición: ata o mércores 22 de marzo de 2023 ás 23:59h.

Retirada de dorsais: Os dorsais recolleranse o día venres 24 marzo 11h-13.30h/ 16h-20h en DECATHLON E O sábado 25 marzo de 10.30h. -13.00h. logo recolleranse na zona de saida a partir das 16.00h.

Haberá servicio de AVITUALLAMENTO líquido e sólido na zona de meta por cortesía dos colaboradores.

Premios.

Medallas as categorías ata sub 16 e os da andaina incluidas
Trofeos para os tres primeiros/ras clasificados/as de cada categoría establecida no presente reglamento.
Trofeo para os tres clubes federados máis numerosos da proba, entre adultos e escolares.


INSCRICIÓNS EN CARREIRAS GALEGAS:

www.carreirasgalegas.c...08bd36c3e4

www.youtube.com/channe...subscriber
sdcompostelaatletismo

Novo foreiro
Novo foreiro
18/12/19
0 Carreiras
41 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Mar 2023, 11:40
Asunto: Re: III CROSS SOLIDARIO EN COMPOSTELA " UNHA TARDE CON SAMUEL"

Xa queda menos !!! Cross super chulo en Compostela !! Guiño
pietropuki

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
31/01/09
500 Carreiras
1562 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 26 Mar 2023, 8:04
Asunto: Re: III CROSS SOLIDARIO EN COMPOSTELA " UNHA TARDE CON SAMUE

Un lugar increíble o da carreira, ainda que xa o coñecía. Unha mágoa o mal tempo, pero ainda así había moi bos ánimos.

Percorrido a catro voltas durillo, pensaba que sería un cross máis sinxelo en canto ó terreo, tamén ó chover estaba máis complicado, levaba zapas normais e resbalaban algo, metendo freo nas baixadas a apretando cando podía. A baixada final sí que a fixen a toda mecha.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos