Foros ›
MEIA MARATONA OPORTO 18/09/22
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3677 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 03 Set 2022, 12:27
Asunto: MEIA MARATONA OPORTO 18/09/22

Pois 14 anos despois agardo repetir nesta media maratón e de paso visitar unha vez máis esta fermosa cidade.
Tiña xa planificado facer a media de Cáceres o mesmo día, pero doume pereza ter que facer tantos Kms. en coche e ademáis hai menos dun ano que estivemos por Extremadura, Cáceres incluida, así que cambiei de plans, e a participar nesta carreira.
Media moi ben organizada coma todas as que organiza Runporto, como característica máis destacada deste ano o cambio radical de percorrido, non se cruza a Ponte Luis I, cara Vilanova de Gaia, todo é pola Ribeira de Porto.
Saida e meta no mesmo sitio, moi alonxado do centro na Avenida de Dom Carlos I, como quen di na desembocadura do Douro, a 1'5 Kms. de onde remataba ata agora esta Media.
Un saudo.

Paxina Web ca información. www.meiamaratonadoporto.com/es/
adriangb25

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/05/13
47 Carreiras
144 Mensaxes
Entre Narón y A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 05 Set 2022, 19:01
Asunto: Re: MEIA MARATONA OPORTO 18/09/22

Ali estaremos eu e máis compañeiros do Dalle Gas Running Team !!! Vémonos!!!
Barrilete

Novo foreiro
Novo foreiro
12/04/22
35 Carreiras
21 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 06 Set 2022, 9:37
Asunto: Re: MEIA MARATONA OPORTO 18/09/22

Eu tamén estarei disfrutando de Porto coa familia esa fin de semana.
En canto a carreira tocara sufrir tralas demasiadas concesiones e alegrías veraniegas. Aún así tratarei de tomala como un adestramento para futuros obxetivos que teño antes de finais de ano.
E a primeira vez que fago esta media, pero tiña ganas de voltar a correr por Porto, despois da miña estrea na maratona do pasado Novembro.
Daquela tampoco cruzamos a ponte Luis I, xa que estaba en obras e polo que parece sigue igual.
E polo que estiven vendo, a saida non esta cerca de ningún metro, asi que tocará investigar un pouco como chegar dende o centro
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3677 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 07 Set 2022, 17:41
Asunto: Re: MEIA MARATONA OPORTO 18/09/22

Barrilete, eu tamén vou ca familia, e irei eu en bus, o nº500, eu o collerei dende a parada de S. Bento deixache a menos de 300 mts. da saida, (esperemos que circule, xa que ten moito percorrido polo circuito da media, e pode que non o deixen circular, a ver se me entero). Se non o nº207 que eu o collería na praza da Batalha e deixache a menos de 1 Km. da saida. Todo esto sacado de Google Maps.
Saudos.
dcouce

Novo foreiro
Novo foreiro
22/06/13
1 Carreiras
5 Mensaxes
Narón
Respostar citando Envío Xov, 08 Set 2022, 10:31
Asunto: Re: MEIA MARATONA OPORTO 18/09/22

Ahí estaremos unos cuantos del Dale Gas Running Team !!!

Suerte a tod@s!!!
Barrilete

Novo foreiro
Novo foreiro
12/04/22
35 Carreiras
21 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 09 Set 2022, 8:19
Asunto: Re: MEIA MARATONA OPORTO 18/09/22

Kurty escribió:
Barrilete, eu tamén vou ca familia, e irei eu en bus, o nº500, eu o collerei dende a parada de S. Bento deixache a menos de 300 mts. da saida, (esperemos que circule, xa que ten moito percorrido polo circuito da media, e pode que non o deixen circular, a ver se me entero). Se non o nº207 que eu o collería na praza da Batalha e deixache a menos de 1 Km. da saida. Todo esto sacado de Google Maps.
Saudos.

Moitas grazas pola info Kurty
Xa barallaba as opcións de ir en bus ou tranvía, así que botarei un ollo as liñas que me indicas. San Bento quedame cerca, así que vou mirar o tema do bus 500, a ver se atopo info sobre a sua operatividade o día da carreira.
Un saudo
jjtajes

Novo foreiro
Novo foreiro
25/10/12
123 Carreiras
45 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 09 Set 2022, 12:21
Asunto: Re: MEIA MARATONA OPORTO 18/09/22

Ola, eu fun hai 3 anos, cando aínda era o anterior circuíto, a saída e meta estaban en lugares opostos, a meta estaba no Jardim do Calem, un pouco antes de onde está ahora a saída-meta.
Daquela o gardarroupa só estaba na meta, no había na saída, nin che recollían a mochila, co cal se querías ducharche ao final, non che quedaba outra que ir antes de nada a meta a deixar alí a mochila ca roupa e despois desde alí sí che levaba a organización en autobús ata a saída.
Como a meta aínda quedaba bastante lonxe do centro, tamén preguntei o día antes na oficina de información de Porto, por algunha liña de autobuses que pasara pola zona, dixéronme unha liña que pasaba por onde estaba a meta.
Así pois o día da carreira as 7 da mañá fun para a parada, na praza central, Praza da Libertade creo que se chama, e alí nunha farola había un cartel que poñía que con motivo da media maratona, a liña quedaba suspendida durante a mañá.
Non me quedou outra que mochila ao lombo e xunto con outra rapaza que xusto nese momento apareceu alí coa mesma intención de coller o autobús coma min, que ir trotanto uns 30 minutos ata a meta.
Por eso vos digo, que informádevos ben sobre se circulan ou non os autobuses, sobre todo os que van pola mesma estrada que a carreira.
Sorte a todos.
Barrilete

Novo foreiro
Novo foreiro
12/04/22
35 Carreiras
21 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Set 2022, 13:56
Asunto: Re: MEIA MARATONA OPORTO 18/09/22

Kurty escribió:
Barrilete, eu tamén vou ca familia, e irei eu en bus, o nº500, eu o collerei dende a parada de S. Bento deixache a menos de 300 mts. da saida, (esperemos que circule, xa que ten moito percorrido polo circuito da media, e pode que non o deixen circular, a ver se me entero). Se non o nº207 que eu o collería na praza da Batalha e deixache a menos de 1 Km. da saida. Todo esto sacado de Google Maps.
Saudos.

Hola.
Esta é a información que hai
Xa tiña o traslado máis o menos organizado, pero isto trastócame os plans.
Terei que pensar nun plan B



LINHAS 200- 202- 203- 207- 403- 500- 504- 900P - ALTERAÇÃO DE PERCURSOS E TÉRMINOS
Em vigor de 18 Setembro às 06:00
Linhas:
200
202
203
207
403
500
504
900P

Devido à realização da "15ª Meia Maratona do Porto”, no dia 18 de setembro, vão registar-se cortes no trânsito ao longo da marginal do Porto. Face às alterações a decorrer, estarão disponíveis paragens alternativas ao longo dos desvios abaixo indicados:

Das 06h00 às 15h00

• Linha 202
Sentido Periferia – R. de Gondarém, R. do Padrão, R. Marechal Saldanha, Pr. De Liége, R. Cândida Sá Albergaria, R. de Diu e Praça do Império (término).
Sentido Aliados – Pr. do Império, R. de Diu, R. do Teatro e percurso normal.

Das 08h00 às 13h00

• Linhas 200 e 203
Sentido C. Queijo - R. Marechal Saldanha. R. de Malaca, Av. da Boavista e Castelo do Queijo (término).
Sentido Aliados e Marquês - Castelo do Queijo, Av. da Boavista, R. de Malaca, R. Pêro da Covilhã, R. de Gondarém e percurso normal.
• Linhas 207 e 504 (sentido Boavista)
Com a marginal impedida, não transitam na zona do Fluvial, passando diretamente da R. Diogo Botelho para a R. do Campo Alegre.

• Linha 403 – fica suprimida

• Linha 500 – fica suprimida

• Linha 900P – fica suprimida.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3677 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Set 2022, 22:11
Asunto: Re: MEIA MARATONA OPORTO 18/09/22

Referente as liñas de bus, eu mandeille un e-mail a compañía de buses e contestáronme o seguinte;
"Relativamente à questão colocada, informamos que a linha 500, será suprimida do dia 18/09/2022, as linhas que o poderão levar muito próximo da Av. dom Carlos I, são as linhas 200 e 207 na Praça Dom João I e a linha 202 na Av. dos Aliados e terá que sair na paragem Mercado da Foz"
Eu espero coller a liña 207 as 7;32 na praza de Batalha que me queda cequiña de onde paramos..
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3677 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Set 2022, 21:10
Asunto: Re: MEIA MARATONA OPORTO 18/09/22

A histora desta carreira, escomenza o sábado día 10, para reservarme cara a media, decidín non apuntarme a ningunha carreira ese finde para non arriscar. Sain a adestrar suave e cando levaba sobre 7 kms. unhas molestias no sóleo durante uns centos de mts., despois pasaron, pero cando levaba 13 tiven que parar, fun a fisio, e unha contractura moi forte, díxome que non ia ser capaz de rematar a media con tan pouco descanso.
E descanso dinlle esa semana ata o venres que chegamos pola tarde a Porto, alí grandes pateadas e subir moitas costas e escaleiras nos monumentos.
O domingo fun convencido de que non ia a rematar, pero pensando, ata onde dei chegado irei.
Non quentei nada de nada, fun para meu caixón 5 minutiños antes e que gusto ver tanta xente novamente nunha carreira, o final 3204 remataron.
Paso polo arco de saida e acciono o GPS, algo máis de minuto e medio despois do pistoletazo. Que ambientazo había, durante 2'5 Kms. tiramos cara Matosinhos pola ribeira do Douro e despois volta para pasar moi cerca do punto de partida.
Vou moi cómdo a ritmos lixeiramente inferiores a 5 dende o momento que se pode correr, agora tocan 8 Kms, tamén pola Ribeira do Douro ata o Km. 13 no que se fará o retorno.
No 10 empezo a notar molestias, que cada vez van a máis e máis e cando levo 13'960 teño que parar. Eso que fun en modo conservador, ritmo medio ata ahí 4'55 e o km. máis rápido en 4'51. Estirei un pouco, moito dolor o facelo e quedeime quieto pensando que ia facer, collín o móvil para chamar a muller mentras escomenzaba a andar, ela ainda estaba no apartamento, así que iría ata o Km15 andando e de ahí ao aloxamento só había 600 mts. de subida a carón da ponte de Luis I
Cheguei ao 15 parei a beber no avituallamento e empecei a ver a algúns corredores andando, bastantes para a altura da carreira na que estabamos, e pensei, andando non me doe, no gardarroupa teño a mochila con pertenencias, así que en 1 hora estou alá, ainda que xa apretaba o sol bastante neses momentos.
Así que fun andando e nalgúns tramos daba uns centos de mts. de trote modificando a pisada e así andando e trotando din rematado a miña 145 media, co pior tempo con diferencia de 2h11'08" e posto 2394.
A media gustoume bastante, fixo unha mañán moi boa para correr, xa que estivo cuberto durante gran parte da carreira, despois si que empezou a apretar o sol, pero sen a humidade típica de Oporto, o percorrido moi chanciño, con lixeiros desniveis e moi poucos tramos do adoquinado típico de Portugal.
Mañán fisio e poreime de obxetivo poder participar na Media de Pontevedra para a que faltan 27 días. Muro
Kalimero

Foreiro Senior
Foreiro Senior
7/02/10
0 Carreiras
474 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Set 2022, 21:24
Asunto: Re: MEIA MARATONA OPORTO 18/09/22

Grazas pola crónica e recuperarse dese contratempo.
OrEK

Maratoniano
Maratoniano
7/01/18
99 Carreiras
457 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Lun, 19 Set 2022, 22:18
Asunto: Re: MEIA MARATONA OPORTO 18/09/22

A recuperarse axiña e que na 146 quede mellor sabor de boca!
Grazas pola crónica Sorriso
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4695 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mar, 20 Set 2022, 9:08
Asunto: Re: MEIA MARATONA OPORTO 18/09/22

Lo siento amigo,últimamente llevas unas cuantas,pero lo importante es que acabaste,el tiempo al final es lo de menos,vendrán tiempos mejores.......
Barrilete

Novo foreiro
Novo foreiro
12/04/22
35 Carreiras
21 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Set 2022, 12:14
Asunto: Re: MEIA MARATONA OPORTO 18/09/22

Xa de regreso dunha estupenda fin de semana en Porto, con moi bo tempo e moi boa gastronomía.
Polo medio a carreira.
Na saida, gran ambiente. moita xente, a temperatura acompañaba, sen que apretara moito a calor.
Persoalmente, non as tiña moito conmigo, non viña eu preparado o suficiente, despois dun verano con algunhas pequeñas lesións, e varios kiliños de máis.
Así que o decidín tomala con moita calma, como unha tirada larga, e ir vendo as referencías cada 5 km, para ver a progresión.
O circuito bastante bó e salvo polo tramo, pasado a ponte da Arrabida, onde soploú con forza o vento de cara durante algún km, sen problemas ( Són o único que só nota cando da o vento de cara, pero non cando da a favor? Moi feliz , porque a volta suponse que daba de costas, pero apenas o notei )
Como digo fun a modo e ate o km 11 sen moitos problemas, a partir de ahí e ata o km 15 comencé a sentir moito cansanzo nas pernas e incluso dubidei de se non tería que parar de correr( ese tramo pasando a ponte de Luis I, ata o xiro, e volta a ponte, recordo que na maratona tamén o sufrín bastante)
No avituallamento do 15 paré uns segundiños, a beber un isotónico e a saudar a familia e por alí estaba, e a partir de ahí atopeime moito mellor e fixen un bo final de carreira.

Resumindo, tempo final un chisco por riba da hora e 53 minutos, a miña peor marca nunha MM, pero a pesar de eso acabé contento polo feito de facela enteria e por ir de menos a máis cunhas medias cada5 km de 5.23"-5.21"- 5.19"-5.08" e un km final a 4.40".

PD Kurty, a mellorarse, e agardo que podas correr a tua 146 MM Aplauso o vindeiro mes pola miña cidade
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3677 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 24 Set 2022, 17:17
Asunto: Re: MEIA MARATONA OPORTO 18/09/22

Esto si que é ser previsores cas datas das carreiras, a edición do 2023 xa a teñen programada para o 17/09/2023.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos