Thu, 11 Aug 2022, 16:29
Post subject: Re: XXII Carreira Popular Festas San Roque de Betanzos (14/8/22)
Gracias polo do covid... É latoso, pero vou tirando con algún paracetamol. Pero bueno, xa tocaba
Voulle dicir o do percorrido ós colegas que se rajaran polo anterior, a ver se se animan. Non sei se coñecedes o novo... Da parte vella é máis ou menos o de sempre, con algún inevitable repeito. Salienta o que sube dende o arco da ponte vella á farmacia Couceiro, polo que nos teñen metido ó rematar algunha edición do trail do Mandeo. É duro, pero ó ser unha vez sola penso que é abordable. Por outro lado, a parte que sae do centro do pobo é a pista que vai hacia os Caneiros, máis ou menos ata que se acaba a parte asfaltada (é común co principio do trail, a parte asfaltada antes de que pilla terra). Vai polo lado do río e volve por San Xiao. De San Xiao a Betanzos hai algún repeito de subida, pero tamén hacia abaixo que máis ou menos compensa.
Resumindo, hai algunha pequena "sorpresa" (ollo, que segue sendo dura) pero penso que é bastante máis amena de facer que o percorrido anterior.
A ver se ó final a xente se anima e vos achegades a 100 inscritos (malo será, sobre todo vendo como foron as últimas horas de anotación onte).
Last edited by xpab on Thu, 11 Aug 2022, 16:55; edited 1 time in total