Fri, 11 Mar 2022, 21:20
Post subject: Re: Test Antíxenos/Certificado COVID (Carreira Cocido Lalín)
Neste caso aparece no calendario da federación (carreirasgalegas.com).
Eu non entendo como para pedilo en restauración por medio dunha lei da Xunta había que pedir permiso ó TSXG, e sen embargo a federación pode decidir pedilo alegremente motu propio. E se, por exemplo, lles da por pedir un certificado de que estás libre de SIDA, hepatite, ou sífilis... poderían facelo?
Eu teño a pauta completa "inicial" da vacina (i.e. dúas doses), e teño moratoria para un ou dous meses máis. Se esto segue para sempre (que non sei eu...) espero que lles valga o test de antíxenos da farmacia....