Foros ›
TRAIL SERIES 2022 - TRAIL DE OUTES 30/1/22
Forum Index / Carreiras de Montaña
Reply to topic

Author
Message
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Posts

Reply with quote Post Sun, 09 Jan 2022, 21:59
Post subject: TRAIL SERIES 2022 - TRAIL DE OUTES 30/1/22



Sétima edición dos Revolutrion Trail Series que logo da inacabada edición do 2020 e o obligado parón do 2021 volve co mesmo formato pero con menos probas para poder afrontar con solvencia os coletazos que todavía sigue pegando a pandemia.

Como podedes ver mantense o espíritu do circuito, o sistema de puntuación, a formación dos equipos, e a competitividade en cada unha das probas; nembargantes a nivel organizativo, decidimos espaciar as probas para poder facer fronte a posibles repuntes da crise sanitaria e que nos permitan esquivar mellor os inconvintes. Consideramos que deste xeito temos máis marxe de maniobra no caso de aplazamento/suspensión dunha proba si a situación o demanda.

Mantemos a decidida aposta polos equipos mixtos e pola relevancia da participación feminina nas probas e no circuito. Sabemos da boa acolleita que tivo pola meirande maioría d@s participantes e por isto queremos repetir, e si vedes algún punto de mellora, esperamos os vosos comentarios. Tamén se sigue respetando o nome das categorías tan "autótonas" e tan nosas (lembrade que non cambian as idades, só os nomes).

E agora sí, que vos imos presentar cada unha das probas:

Arrow Trail de Outes: Proba debutante no circuito e que se disputará na parroquia do Freixo, con saida e chegada no porto e cuns bosques espetáculares; e ollo ca subida ata o Tremuzo, que non vos vai deixar respirar.
Arrow Trail de San Alberte: Acabas de ler ben, porque o volve ao circuito a proba ca que se inaguraron os Trail Series fai xa casi unha década. Si sentías morriña da carreira, aquí a tes de novo. Si nunca tiveches a oportunidade de correla, pregunta a quén o fixo e seguro que non esaxera nada.
Arrow Xtosín Trail-Barbanza42K: Faisenos maior a proba de Portosín, e pasa á distancia de media maratón, e de maratón. E evidentemente acompáñanna nesa cifra tamén un desnivel acorde ca distancia. A quén xa lle gustaba Portosín, vai ter agora kilómetros para disfrutala sobradamente.

Non deixes de ver a ficha técnica de cada carreira, pásate polo regulamento e lee con detalle todo o que alí se expón xa que nel recóllense a maior parte das dúbidas que poidas ter.

Si queres ampliar información ou inscribirte en www.trailseries.run está todo detallado.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum