Foros ›
Carreira Popular - Pobra do Caramiñal
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
xpab

Novo foreiro
Novo foreiro
9/10/11
0 Carreiras
28 Posts

Reply with quote Post Mon, 23 Aug 2021, 9:49
Post subject: Carreira Popular - Pobra do Caramiñal

Bos días,

son novo nesto das carreiras post-apocalípticas, e gustaríame saber se alguén sabe como vai no caso concreto da Pobra.

No regulamento pon:

"As saídas realizaranse de 10 en 10 atletas en intervalos de 20’’, según os
horarios previstos. Esto poderá cambiar dependiendo das medidas Covid-
19 vixentes no momento da proba (ver protocolo da proba)."

A miña dúbida é como se fan eses grupetos de 10. Non pediron marca na inscripción, así que supoño que será por orde de chegada. Tendo en conta o mal que nos colocamos tradicionalmente nas saídas das carreiras, eu pregúntome... non se producirán moitos adiantamentos?... ten sentido separarnos por tandas se imos ir todos a rebufo os uns dos outros?

Se alguén pode arroxar algo de luz, agradécese.
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1851 Posts
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Reply with quote Post Tue, 24 Aug 2021, 21:02
Post subject: Re: Carreira Popular - Pobra do Caramiñal

Eu ata o de agora só fun a unha, pero o sistema supoño será o mesmo ou similar:

Na entrega de dorsaís che indicaban a hora exacta de saída (si a saída comezaba as 10:00, podíache tocar as 10:00, 10:01, 10:02... 10:28, 10:29, 10:30...).

Próxima a hora da saída te ibas colocando perto da zona, onde iban chamando a xente por número de dorsal (si te despistabas, non te preocupes, tes a opción de saír o final).

A saída era por número de dorsal, e mentras por megafonía comezaban chamando polos dorsaís do 1 ao 10, outra persoa da organización xa iban chamando do 11 o 20 para que se foran preparando detrás, e así ata esgotar todolos números. Tamén tiñan marcados 10 puntos no chan, onde os corredores se colocaban ata que lles indicaban a momento xusto de saír.

Con isto se crea espacio suficiente para que xente non se apelotone, como sería o caso dos primeiros metros dunha carreira normal e se evita que teñas que ir pegado detrás doutro corredores (que parece ser o maior risco de poder contaxiarse).

Sobre os adiantementos, supoño que o regulamento fixará unha distancia mínima a que te poderás colocar detras dun corredor. A partir de esa distancia, terás que afastare a un lado ou a outro do corredor que vaía diante túa, sobre todo si pretendes adiantalo. En resumo, totalmente prohibido ir a rebufo doutro corredor. Coa saída é espaciada, non terás problemas a hora de separarte doutros corredores.

Espero con isto haberche podido aclarar un pouco o tema. De todas formas, non te preocupes, que seguro terán todo preparado para que a xente non se líe.

Só toca disfrutar. Wink

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
xpab

Novo foreiro
Novo foreiro
9/10/11
0 Carreiras
28 Posts

Reply with quote Post Wed, 25 Aug 2021, 6:55
Post subject: Re: Carreira Popular - Pobra do Caramiñal

Moitas gracias. De todos xeitos, repartindo dorsais de forma aleatoria, non o acabo de ver. Presumiblemente haberá adiantamentos, e como haxa que manter distancia cada vez que se faga un, supoñendo que ó que se adianta vai mantendo máis ou menos o trazado óptimo da carreira, entre separarse, adiantar, e volver a coller o trazado, o "adiantador" vai facer bastantes metros de máis. En fin, supoño que agora o vexo así, pero unha vez en materia non se ha notar tanto.

Teño que dicir que sigo pensando que facer os grupos tomando como referencia unha marca orientativa (de 10k neste caso, por exemplo) faría a carreira máis "limpa".

O dito, gracias pola info, e como ben dis, a disfrutar e a preocuparse menos.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum