Mon, 21 Sep 2020, 12:21
Post subject: Usti nad Labem Half Marathon
Ola de novo!
O pasado sábado participei nesta media en Usti nad Labem, unha pequena cidade ao norte da República Checa, a unha hora e cuarto en tren de Praga.
Noutros países xa están retomando as carreiras, demostrando ao mundo que se pode practicar deporte ao aire libre de maneira segura e organizar eventos sociais sen ter que seguir recurrindo a esa cousa rara das Virtual Runs...
Este medio maratón é xa de participación mediana, en torno a 1.500 inscritos pero non sei cantos chegados a meta finalmente. Ademáis había carreira familiar o mesmo sábado ás 11 da mañá e incluso competición para handbikes e vehículos adaptados antes da media, que empezaría ás 3 da tarde...
Dividíronnos en 2 saídas, primeiro os caixóns A B C, e uns minutis máis tarde D ata H.
A entrega de dorsais xa comezou o mércores en Praga, supoño que para evitar que viñeran moitos da capital recollelo o día da carreira, por iso das aglomeracións. Dábanos na "Running Expo", que en realidade non era tal, esa estaría na zona de saída na praza principal, cuns cantos postos de roupa e dos patrocinadores.
Ah, previamente xa publicaran un mapa co percorrido que seguir (recomendado, porque os checos son bastante relaxados e cada un ía por onde sabía).
Eu cheguei en tren o sábado desde Praga (víanse algúns corredores pero poucos, que se apreciaban obviamente polo calzado e aspecto... chanante? )
Seguín o camiño marcado ata a casa da cultura, xel na entrada, entrada e saídas por diferentes sitios e poñer a máscara ao entrar, respetar a distancia social (vamos, "non pegarse á persoa que tes diante" de toda a vida e listo). En menos de 3 minutos dorsal recollido, todo moi fluido e seguro.
Despois hai dúas zonas técnicas, unha para cada saída, onde nos medían a temperatura (o primeiro sitio onde mo fixeron en toda a viaxe, e iso que estiven en 3 aeroportos... ), e dentro hai baños portables, gardarroupa e carpa masculina e feminina.
Non abriron os caixóns ata 15 ou 10 minutos antes, onde temos que poñer a máscara ata a saída. Eu gardeina ao empezar a conta atrás de 10 segundos e non vin que ninguén a tirara ao chan nin cochadas desas... No caixón A saín eu, sen apelotonatrse nin nada, xusto atrás da elite que só eran uns 12 homes e 12 mulleres.
No percorrido obviamente si había avituallamentos, que non por ser seguros imos morrer de deshidratación... Kms 5, 10, 15 e 20 auga e gatorade en vasos de cartón, pero recollíamolos nós, non nolos daban en man os voluntarios, que eles si levaban guantes e mascarilla. O público non levaban e incluso algún neno pedía o típico de chocar a man, sen paranoias
Na chegada a meta dábanche botella de auga con gas grande e dentro dunha bolsa de plástico un plátano e algunha varrita creo pero eu despisteime e non a collín así que non sei exactamente. E as medallas os nenos que as repartían téñennas nos brazos estirados e "arrancámosllas" os corredores.
Non había duchas pero xa o anunciaran antes por seguridade. (Por se vos preguntades se volvín suado en tren a Praga, pois non, levei toalliñas e sequeime con toalla e listo)
Quedou demostrado que os de RunCzech saben organizar eventos (xa con non haber erros nas inscricións nin historias raras dou grazas

) e demostraron que se poden levar a cabo de maneira segura, con restriccións e medidas por suposto, pero que sexan con sentido común e non tan restrictivas que sexa imposible...
Como di o slogan de RunCzech, "All Runners Are Beautiful", pois Running is Beautiful... e posible, e necesario, e sano, etc.
E no que respecta ao tema meramente deportivo... Non podo obviar esa parte? É que saíu tan mal... hahaha
Veña bah, postos a contar a experiencia hai que ir con todo, que correr unha media nunca é algo vergonzoso, non? Iso sabémolo ata "os que levamos pouco tempo nisto e partimos con desvantaxe... "
Despois de levar todo o verán entrenando moi ben e estando tan ben de forma tiña ganas de aproveitar a ocasión e como aquí está e estará todo paralizado busquei onde poder correr, por iso foi o motivo da escapada á rep.checa. A media de Coruña fixeráa en 1:09:53 pero con vento moi forte e incluso algo de flato en torno ao km 12, e estes meses os ritmos en entrenamentos demostraban incluso un mellor estado de forma, así que 1:06-07 debería ser factible en condicións normais, pero fixo un sol tremendo e 24°... Incluso a humidade era de 25%, o que daba esa sensación de boca seca continua, e tamén indicaban que a calidade do aire era "pobre" así que debín saír con calma e sentido común pero a emoción de volver a unha competición puidome, e os 4 primeiros kms si fun a ritmo, e despois o pelotazo foi tremendo, con esa sensación de calor abafante, despois acabando en 1:12:23, posto 11 na xeral. A ver se poño link cos resultados pero o vencedor fixo 1:04 e a vencedora 1:13 así que as marcas xa vedes que se viron afectadas. Eu non era capaz de aliviar o calor e con esa boca seca sentía sede continuamente, así que nos avituallamentos afloxaba o ritmo para que me dera tempo a coller uns 3 vasos e beber ou tiralos por enriba da cabeza, hahaha. Pero basta de chorar e excusas, hai que estar contento por disfrutar de novo de experiencias así.
Un saúdo a todos, ánimo e paciencia!
P.D. Publicaron fotos chulas no Flickr, Insta, FB de RunCzech, para que vexades o bo ambiente que se
respirou...