Foros ›
II DESAFÍO GALAICO 2020
Forum Index / Carreiras de Montaña
Reply to topic

Author
Message
DESAFÍO_GALAICO

Novo foreiro
Novo foreiro
19/11/18
3 Carreiras
9 Posts

Reply with quote Post Mon, 10 Feb 2020, 21:28
Post subject: II DESAFÍO GALAICO 2020

A nova edición deste Desafío está en marcha xa: tres probas do maís esixente e montañeiro de Galicia, nesta distancia de media maratón.
O Desafío Oía dará o pistoletazo de saída a esta 2ª edición, despois do éxito do ano pasado, seguimos apostando pola mesma idea, e mellorando si cabe maís, as tres probas que o compoñen.
Recordade que durante o periodo de inscrición do Desafío Oía, teredes a oferta de inscribiros as tres probas por sólo 39€.

Inscrición Desafío Oía


DESAFÍO_GALAICO

Novo foreiro
Novo foreiro
19/11/18
3 Carreiras
9 Posts

Reply with quote Post Mon, 10 Feb 2020, 21:41
Post subject: II DESAFÍO GALAICO 2020

II DESAFÍO GALAICO 2020


REGLAMENTO.
Os organizadores do Desafío Oía, San Mamede “Desafío Solidario” e Desafío Vértice, veñen a presentar o proxecto Desafío Galaico, que terá a súa segunda edición durante o 2020. A idea nace como un proxecto de crear un trofeo para as mellores corredoras e corredores, que esten dispostos a disputar estas tres probas: tres Desafíos, con distancias e desniveis similares.
Cada proba ten a súa singularidade, dificultade, e incluso en canto á meteoroloxía, son distintas: poderase correr co mar de fondo no final do inverno, pasar pola esixente montaña ourensán onde a neve no San Mamede é un incremento da dureza, e terminar este Desafío correndo polos montes de Padrón co calor de comenzos de setembro.
PARTICIPACIÓN E INSCRICIÓN.
Neste Desafío poderá participar calquera deportista maior de 18 anos cumpridos o día da 1ª proba (Desafío Oía).
A inscrición será individual para cada proba, manténdose as normas e regulamentos que cada unha delas poida ter.
Existirá a posibilidade de ter un desconto inscribíndose ás tres probas ao mesmo tempo, quedando neste caso a inscricción o Desafío en 39€ (o custe das tres por separado sería 50€).
Esta opción haberá que exercela ao inscribirse na 1ª proba (Desafío Oía).

CARACTERÍSTICAS DAS PROBAS E CALENDARIO.
Todas as probas estarán organizadas como ata agora, cas súas caracteríticas, sendo algunha delas proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña.

Distancias: sitúanse nos 21 kms
Desniveis acumulados: entorno ós 3.000 m.
1ª Proba
Desafío Oía
Data: 22 de Marzo 2020
Lugar: Concello de Oía
2ª Proba
San Mamede Desafío Solidario
Data: 17 de Maio 2020
Lugar: Concello de Maceda
3ª Proba
Desafío Vértice
Data: 057 de Setembro 2020
Lugar: Concello de Padrón

SISTEMA DE CLASIFICACIÓN.
En cada proba do Desafío Galaico realizarase unha clasificación xeral por orde natural de chegada á liña de meta.
A maiores, todos os participantes sumarán un determinado número de puntos segundo o sistema de clasificación exposto a continuación:


O primer posto asignaranselle 100 puntos, a partir de haí restaranse de 2 en 2 puntos ata o 11º posto inclusive. A partir do 11º restaranse de 1 en 1 punto ata chegar á puntuación de 10 puntos, que se aplicará só coa participación na proba e finalizala.
As puntuacións faranse separando homes de mulleres, de xeito que a 1ª muller e o 1º home en entrar en meta obterán 100 puntos.
Disputada a última proba (Desafío Vértice), farase o reconto de puntos das tres probas, saindo unha clasificación abosoluta das 3 corredoras e 3 corredores con maior puntuación. Destacar que non é obrigatorio correr as 3 probas para puntuar no Desafío Galaico, ainda que non facelo reduce as posibilidades de acceder o podium.
En caso de empate en postos de podium, resolverase o gañador tendo en conta a suma dos tempos obtidos polos corredores nas distintas probas.
No resto da clasificación xeral, podrán existir empates nun mesmo posto da clasificación, xa que non están afectados por premios.

PREMIOS.
A entrega de premios farase na clausura do Desafío Vértice, o 5 de setembro en Padrón (Praza de Macías)
Masculino absoluto:
1º Clasificado- 200€ + regalo conmemorativo
2º Clasificado- 150€ + regalo conmemorativo
3º Clasificado- 100€ + regalo conmemorativo

Femenino absoluto:
1ª Clasificada- 200€ + regalo conmemorativo
2ª Clasificada- 150€ + regalo conmemorativo
3ª Clasificada- 100€ + regalo conmemorativo

Oía, Maceda e Padrón, decembro de 2019







You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum