Foros ›
Apuntes sobre alimentos beneficiosos
Forum Index / Lesiones, salud y alimentación
Reply to topic

Author
Message
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
954 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Mon, 20 Jan 2020, 17:05
Post subject: Apuntes sobre alimentos beneficiosos

Abro fío para ir recopilando información acerca daqueles alimentos beneficiosos á hora de practicar deporte.

Comezo con un dos meus favoritos: as noces.

Os beneficios saudables para o corazón das noces poden comezar no intestino.
Segundo un novo estudo da Universidade Estatal de Pensilvania e do Colexio Juniata, publicado no Journal of Nutrition, o consumo de noces enriquece certas bacterias intestinais que están asociadas a melloras do colesterol e da presión sanguínea, grazas á combinación única de compostos bioactivos, ácidos graxos e fibra dietética deste froito seco.
https://www.sportlife.es/nutricion/articulo/los-beneficios-cardiosaludables-de-las-nueces-podrian-comenzar-en-el-intestino

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com


Last edited by JuanBellas on Wed, 29 Jan 2020, 13:43; edited 1 time in total
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
954 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Mon, 20 Jan 2020, 17:11
Post subject: Re: Apuntes sobre alimentos beneficiosos

As mellores fontes de proteínas veganas. ¿É posible unha contribución óptima?
https://www.foroatletismo.com/nutricion/proteinas-veganas/

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com


Last edited by JuanBellas on Wed, 29 Jan 2020, 13:44; edited 1 time in total
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
871 Posts
Santiago de Compostela
Reply with quote Post Mon, 20 Jan 2020, 17:23
Post subject: Re: Apuntes sobre alimentos beneficiosos

Ollo con diferenciar alimentos saudables en xeral con que sexan "óptimos" para comer durante o exercicio e dependendo qué tipo de exercicio ou ritmos.
Dígoo porque os frutos secos teñen graxa, e de tipo saudable, pero a graxa é máis difícil de dixerir durante o deporte e pode dar problemas.
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
954 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Mon, 20 Jan 2020, 17:39
Post subject: Re: Apuntes sobre alimentos beneficiosos

memphis_ESP escribió:
Ollo con diferenciar alimentos saudables en xeral con que sexan "óptimos" para comer durante o exercicio e dependendo qué tipo de exercicio ou ritmos.
Dígoo porque os frutos secos teñen graxa, e de tipo saudable, pero a graxa é máis difícil de dixerir durante o deporte e pode dar problemas.

Cando falo de alimentos beneficiosos á hora de practicar deporte, estoume referindo a aqueles que nos poden beneficiar como alimentación no día a día, como as noces, así como aqueles que poden funcionar no propio momento da carreira, por exemplo, en si mesma, como os hidratos de asimilación rápida.

Aí temos que saber diferenciar, claro.
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
954 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Mon, 20 Jan 2020, 21:27
Post subject: Re: Apuntes sobre alimentos beneficiosos

Lista dos 13 alimentos que che axudarán a manter a barriga firme.

De acordo con case todo, salvo no tema dos lácteos.

Se ben non se acaban de poñer de acordo entre os entendidos acerca de si é saudable ou non tomar lácteos enteiros ou non, os lácteos desnatados conséguense a base de extraerlles a nata, para logo engadirlle unha proporción concreta (faise o mesmo nos enteiro e nos semi).

Con esa nata tamén se levan as vitaminas, que se non se engaden expresamente logo, eses lácteos serán carentes, entre outras da vitamina D, que é a que facilita a absorción do calcio polos nosos osos.

Dese xeito, non me parece a mellor opción tomar lácteos desnatados, aparte de que, polo menos no meu caso, provocan que acabe tendo mais fame comendo mais no conxunto do día.
https://www.sportlife.es/adelgazar/articulo/los-13-alimentos-anti-barriga#pagina-1
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
954 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Tue, 21 Jan 2020, 13:37
Post subject: Re: Apuntes sobre alimentos beneficiosos

Todos os beneficios que os ovos poden traer para a túa saúde (e cantos podes comer á semana)

Neste tema, como en tantos outros, as opinións científicas van variando.
Pasamos de culpar aos ovos de ser os causantes do aumento do colesterol a pensar que poden ter certos beneficios relacionados coa mellora dalgúns parámetros e marcadores bioquímicos do noso corpo.
https://www.vitonica.com/alimentos/todos-beneficios-que-huevos-pueden-aportar-a-tu-salud-cuantos-puedes-comer-a-semana

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com


Last edited by JuanBellas on Wed, 29 Jan 2020, 13:44; edited 1 time in total
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
954 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Tue, 21 Jan 2020, 14:14
Post subject: Re: Apuntes sobre alimentos beneficiosos

Comida esencial na despensa do corredor (I)

Como corredor, a dieta e a nutrición son esenciais non só para manterte saudable, senón para mellorar o teu rendemento. Unha nutrición e hidratación adecuadas poden marcar a diferenza entre unha boa carreira ou un desastre, ademais de ser importante no teu día a día. .

Un bo número de persoas comezan a correr por razóns relacionadas coa saúde, polo tanto, é un momento perfecto para mellorar a nutrición global de tal xeito que contribúa a mellorar a súa condición física.
www.carreraspopulares....a-runner-1

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
954 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Tue, 21 Jan 2020, 22:24
Post subject: Re: Apuntes sobre alimentos beneficiosos

Os cinco alimentos que o teu nutricionista mandaríache eliminar agora mesmo
O que debes esquecer para sempre incluír na túa dieta.

Pois eu, mais aló do tema puntual do alcohol en momentos moi concretos, do resto estou bastante a salvo.
https://www.sportlife.es/nutricion/articulo/los-cinco-alimentos-que-te-quitaria-ahora-mismo-tu-nutricionista

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2220 Posts
Galiza
Reply with quote Post Wed, 22 Jan 2020, 5:52
Post subject: Re: Apuntes sobre alimentos beneficiosos

A auga.

Tap water, da billa, para entendernos.
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
954 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Wed, 22 Jan 2020, 14:42
Post subject: Re: Apuntes sobre alimentos beneficiosos

Outro artigo no que se enxalzan as propiedades (positivas) dos ovos.
Ovos: catro beneficios para o corredor (ou corredora)
https://2142runners.com/huevos-cuatro-beneficios-corredor/

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com


Last edited by JuanBellas on Wed, 29 Jan 2020, 13:45; edited 1 time in total
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
0 Carreiras
331 Posts
Burela
Reply with quote Post Thu, 23 Jan 2020, 10:35
Post subject: Re: Apuntes sobre alimentos beneficiosos

XoseM escribió:
A auga.

Tap water, da billa, para entendernos.

Si, alimento esencial pero non en todos os países é seguro bebela da billa...

JuanBellas, Gracias por todos os teus aportes. Un alimento que eu incluiría e que moitas veces non aprezamos o suficiente é a pataca. Moita xente cando falade carbohidratos non ve máis alá de pan (de trigo), pasta (de trigo) e arroz. Agora por sorte temos acceso a moitos tipos de cereais pero a pataca sempre estivo aí aínda que agora non nos deixen cultivala. Unha boa fonte de hidratos de carbono e con máis potasio cós plátanos...
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2220 Posts
Galiza
Reply with quote Post Thu, 23 Jan 2020, 13:42
Post subject: Re: Apuntes sobre alimentos beneficiosos

uns cachelos con aceite de oliva son un manxar


...se ademáis teñen máis "alimento" do que eu pensaba... Bailar

-- Chámame "ghose"
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
954 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Thu, 23 Jan 2020, 14:22
Post subject: Re: Apuntes sobre alimentos beneficiosos

Simom escribió:
JuanBellas, Gracias por todos os teus aportes. Un alimento que eu incluiría e que moitas veces non aprezamos o suficiente é a pataca. Moita xente cando falade carbohidratos non ve máis alá de pan (de trigo), pasta (de trigo) e arroz. Agora por sorte temos acceso a moitos tipos de cereais pero a pataca sempre estivo aí aínda que agora non nos deixen cultivala. Unha boa fonte de hidratos de carbono e con máis potasio cós plátanos...

Grazas a ti por estar aí Wink

Da pataca incluso se fala como que ten efectos similares aos xeles deportivos:
https://www.sportlife.es/blogs/nutricionydeporte/articulo/patatas-tan-efectivas-como-los-geles-de-carbohidratos-para-deportistas

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com


Last edited by JuanBellas on Wed, 29 Jan 2020, 13:46; edited 1 time in total
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
0 Carreiras
331 Posts
Burela
Reply with quote Post Fri, 24 Jan 2020, 12:08
Post subject: Re: Apuntes sobre alimentos beneficiosos

A ver, a min encántanme, pero non son tan funcionais como os xeles deportivos... Xa me resulta difícil inxerir un xel ou beber mentres se corre (a ritmo de maratón), non me quero imaxinar ter que coller unha pataca cocida e masticala nun avituallamento...

Supoño que cada alimento ten o seu momento.
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
954 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Fri, 24 Jan 2020, 14:08
Post subject: Re: Apuntes sobre alimentos beneficiosos

Xa, home.
É un pouco como o das barriñas enerxéticas, que hai xente que non pode vivir sen elas e eu son incapaz de tragalas nunha carreira.

Estes estudos eu entendo que abren as posibilidades de absorción de Hidratos de Carbono, dun xeito mais natural neste caso.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum