Foros ›
Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas
Forum Index / Diarios de adestramento
Reply to topic

Author
Message
alejo4

Novo foreiro
Novo foreiro
17/06/18
14 Carreiras
39 Posts
Pontedeume
Reply with quote Post Sat, 07 Mar 2020, 9:37
Post subject: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Boas Juan sigoche en Strava e de vez en cuando leo por aquí no foro,non merece a pena deixar o foro,Fas Unha labor moi boa e comentarios interesantes así que sería Unha pena que deixaras esto,así que alegrome que sigas neste mundiño jejeje sorte bese trail polo ortegal
alejo4

Novo foreiro
Novo foreiro
17/06/18
14 Carreiras
39 Posts
Pontedeume
Reply with quote Post Sat, 07 Mar 2020, 9:39
Post subject: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

E espero que coincidamos ala por maio mesa media de Lugo que ademais esté ano e homolaga.unha aperta
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
951 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Sat, 07 Mar 2020, 14:57
Post subject: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Grazas Alejo.

A ver se coincidimos en Lugo.
De tódolos xeitos, ¿non vas a Coruña10?. Tamen tiña pensado facela.
alejo4

Novo foreiro
Novo foreiro
17/06/18
14 Carreiras
39 Posts
Pontedeume
Reply with quote Post Sat, 07 Mar 2020, 21:19
Post subject: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Si claro primeiro vou a coruña así que nos vemos seguro
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
951 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Sun, 22 Mar 2020, 0:32
Post subject: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento // Sábado, 21 de marzo de 2020 // Día 63 // km 5 da semana

OS 5 KM MÁIS ESTRAÑOS DA MIÑA VIDA

Ben...chegamos a un punto na vida....na situación do país....da xente, que custa bastante escribir algo sen que se che vaia continuamente o pensamento cara a determinadas situacións, unhas mais lonxanas, outras maís preto de ti, que estamos a vivir día si e día tamén con todo isto do Coronavirus.

Tampouco teño moito ansia en escribir moito, simplemente vin a traervos a sesión que grabei e subín a YouTube.

Moito ánimo, e moita forza a tod@s.


A sesión en Strava:
https://www.strava.com/activities/3204187192

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
444 Carreiras
5487 Posts
CdA, Tomiño
Reply with quote Post Sun, 22 Mar 2020, 0:50
Post subject: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Y con cuestas, que has subido dos metros. ¿Pasarías por encima de la cama?

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
951 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Sun, 22 Mar 2020, 1:20
Post subject: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

DoctorSlump escribió:
Y con cuestas, que has subido dos metros. ¿Pasarías por encima de la cama?

Pois non sei se achacalo á lóxica tolerancia destes aparatos, ou que nalgunhas zonas detecte pequenas variacións de presión, rexistrando o barómetro alteracións na altura.

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
kosta

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
30/10/10
130 Carreiras
290 Posts
Santiago de Compostela
Reply with quote Post Sun, 22 Mar 2020, 8:58
Post subject: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

JuanBellas escribió:
Diario de adestramento // Sábado, 21 de marzo de 2020 // Día 63 // km 5 da semana

OS 5 KM MÁIS ESTRAÑOS DA MIÑA VIDA

Ben...chegamos a un punto na vida....na situación do país....da xente, que custa bastante escribir algo sen que se che vaia continuamente o pensamento cara a determinadas situacións, unhas mais lonxanas, outras maís preto de ti, que estamos a vivir día si e día tamén con todo isto do Coronavirus.

Tampouco teño moito ansia en escribir moito, simplemente vin a traervos a sesión que grabei e subín a YouTube.

Moito ánimo, e moita forza a tod@s.


A sesión en Strava:
https://www.strava.com/activities/3204187192


Te felicito por el esfuerzo. Muy necesario mantenerse activo y marcarse objetivos en el día a día.
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
951 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Sun, 22 Mar 2020, 10:45
Post subject: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

kosta escribió:


Te felicito por el esfuerzo. Muy necesario mantenerse activo y marcarse objetivos en el día a día.

Grazas. Moito ánimo e moita forza para ti tamén.

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
3286 Posts

Reply with quote Post Sun, 22 Mar 2020, 12:40
Post subject: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Mucho mérito Juan. A mi me sería imposible por la densidad de población de mi piso. Fantástico si puedes hacerlo, hay que tener una cabeza fuerte.

Una pregunta: ¿Como te fueron las pulsaciones?

Yo ayer hice una sesión de step (banquito de coger las cosas de la cocina), de 50 minutos. Sudé poco, y al acabar las pulsaciones no me subieron de 120. Algo es algo.
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
951 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Sun, 22 Mar 2020, 13:44
Post subject: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

freakyrunning escribió:
Mucho mérito Juan. A mi me sería imposible por la densidad de población de mi piso. Fantástico si puedes hacerlo, hay que tener una cabeza fuerte.

Una pregunta: ¿Como te fueron las pulsaciones?

Yo ayer hice una sesión de step (banquito de coger las cosas de la cocina), de 50 minutos. Sudé poco, y al acabar las pulsaciones no me subieron de 120. Algo es algo.

Grazas!.

Ben, o das pulsacións, ben, a unha media de 152, que para min está bastante ben.

Nese sentido tes que pensar que non é o mesmo respirar fora que dentro dun piso, aínda que as ventás estaban abertas. A estes ritmos por fora serían algo menores.

No tema do ritmo tamén hai outra cousa xa que estás virando continuamente e así é complicado manter un ritmo concreto.

Todo isto é unha novidade para min e teño que ir vendo a mellor maneira de executalo.

Para a próxima vez vou variar algo o trazado buscando dar os menos viraxes posibles e tratando de facer zonas mais longas, que onte tiven varios cambios de sentido moi curtos.

O que si creo que se verá favorecido son os nocellos (tobillos), xa que con tanto viraxe trabállanse mais, claro.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
3286 Posts

Reply with quote Post Sun, 22 Mar 2020, 14:29
Post subject: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Supongo que ya lo has pensado, pero el circuito que hagas hazlo 2,5 km hacia la derecha y 2,5 a la izquierda.

Ánimo y ya irás contando. 152 son bastantes ppm.
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
951 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Mon, 23 Mar 2020, 19:39
Post subject: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento // Luns, 23 de marzo de 2020 // Día 64 // km 6 da semana

APRENDENDO A CORRER POLO PISO....

Hoxe foi a segunda vez que tocaba correr polo piso. Para esta vez mirei de variar algo o trazado do outro día.
En certo modo, un vai aprendendo desta nova modalidade cada día, tanto á hora de deseñar o percorrido como á hora de afrontar a carreira en si mesma.

Busquei a forma de facer menos viraxes, dando máis importancia a poder facer zonas mais rectas e o máis longas posibles, dentro das circunstancias claro.

Que tampouco é cuestión de querer chegar a tódolos recunchos da casa, como pretendía o primeiro día.

Dese xeito non me metín polos baños, e si busquei a maneira de facer como diagonais ao longo da entrada central que conecta coas distintas habitacións.

Ao final saen unhas voltas algo mais curtas, dunhas 50 metros polos 80-90 do outro día, pero moito mais aproveitables.

Con todo, o ritmo medio final tampouco é moi fiable, xa que as voltas que tes que dar fan que baixe bastante a media, pero paréceme importante facer como pequenos sprints en zonas algo "mais abertas".

Hoxe dinme de conta de dúas cousas, unha boa e outra mala, coma o do chiste....

A boa é que con tanto viraxe traballas máis os nocellos (tobillos), fortalecéndoos, e a mala é que empecei a sentir, non molestias, pero si "algo" nos xeonllos (rodillas).

Eu padecín hai moitos anos problemas de menisco que me obrigaron a deixar o fútbol afeccionado con apenas 21–22 anos. Incluso cando, despois de moitos anos empecei a correr notaba molestias ao correr polo asfalto, que soamente se mitigaban con zapas moi amortiguadas. Todavía teño por casa as Vomero 6 de Nike e as Nimbus 18 de Asics (estas últimas, máis novas, estounas usando agora para o día a día...)

Nike Vomero 6


Asics Nimbus 18


Daquela, conforme se ía gastando a sola xa notaba eu que me empezaban a "dar a lata" os xeonllos e que tocaba cambia zapas.

Curiosamente, có paso do tempo parece como se se foran fortalecendo as articulacións por mor do exercicio, porque xa hai tempo que non noto nada, incluso meténdolle ben de caña (en canto a ritmos refírome, moito máis altos agora que daquela).

Pero hoxe, non sei se por esa exixencia que ten o correr por unha zoa tan revirada con continuos xiros, nos que apenas percorres uns metros e xa tes que virar de novo, pois o caso é que empecei a notar algo, moi leve iso si, pero algo que xa había moito que non notaba.

Haberá que ver como continúa nos vindeiros días e si soamente foi unha impresión miña.

O que sí me parece importante é non deixar de moverse, nin cando fas os xiros, por iso miro de facelos o máis abertos posibles dentro do que se poda, claro.

Isto de correr polo piso ten a súa cousa.

O que sí notei tamén hoxe é que, xa como segundo día, corres máis confiado entre as portas da casa, e o tempo pasa máis rápido.

En certo modo é normal, e supoño que conforme pasen os días irei gañando confianza e saber correr mellor por aquí.

A todo hai que adaptarse.

Amais hoxe recibín unha moi boa nova dun amigo de por aquí e conseguín unha bici para facer algo de rolo na casa.

Eu tiña unha bici adecuada para o rolo e que xa teño usado no pasado, pero quedoume en Cedeira e agora está realmente complicado desprazarse para buscala sen que te metas en problemas.

Por iso que con esta bici poderei variar un pouco (bastante) o adestramento diario no piso ata que remate todo isto, inda que o do rolo xa tiña pensado usalo antes de novo, sobre todo cando chove e non podes saír fora.

Non....se ao final vamos saír desta en mellor forma da que empezamos.... Wink

A actividade en Strava:
https://www.strava.com/activities/3209727622

Esquecéuseme calibrar o altímetro ao comezo e sae unha altura que parece que inaugurei a liña de metro de Narón.... Very Happy

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
951 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Mon, 23 Mar 2020, 19:45
Post subject: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

freakyrunning escribió:
Supongo que ya lo has pensado, pero el circuito que hagas hazlo 2,5 km hacia la derecha y 2,5 a la izquierda.

Ánimo y ya irás contando. 152 son bastantes ppm.

Si que o teño pensado e, de feito, por zonas vou variando o sentido do trazado.

O que pasa é que o percorrido non é exactamente unha especie de perímetro nun sentido: vas entrando e saíndo en habitacións e vas dando xiros a un sentido e a outro. É variado a verdade.

Moitas grazas polos ánimos, que che mando de volta, que todos os necesitamos nestes días Wink

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
951 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Tue, 24 Mar 2020, 20:42
Post subject: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento // Martes, 24 de marzo de 2020 // Día 64 // km 18 da semana (entre correr e bici)

RECUPERANDO SENSACIÓNS NO ROLO

Hox, por fin, puiden facer uns kms no rolo na casa. Era algo que levaba tempo dándolle voltas, xa antes do tema este do Coronavirus, pero que tiven que afrontar si ou si dadas as circunstancias.

O problema era que a bicicleta que podía usar para o rolo estaba en Cedeira, e agora está complicado o desprazamento, ppero tiven moita sorte de que un veciño, un bo amigo, prestouse a deixarme una das bicis que ten él.

E así foi que hoxe puiden empezar a rodar de novo en rolo, algo que xa fixera hai un tempo, tanto en Zwift como en Bkool, xa que a min fáiseme eterno e moi pesado o pedalear na casa mirando a parede ou un programa de tv.

Así, polo menos, estás un pouco mais entretido, xa que vas vendo distintas dificultades que van surxindo polo camino, ou sectores, similares aos de Strava, nos que cronometras un tempo e valo comparando con outras veces que volvas a pasar por aí, así como andas na clasificación dese sector, cousa esta última que, recoñezo, non me interesa demasiado, pero ben, é algo que axuda a motivarte e poder levar mellor o tempo que fagas subido á bici na casa.

Hoxe foron 40 minutos sobre un adestramento personalizado que podes crear ti mesmo con distintos niveis de dureza, iso si, rebaixando un pouco eses niveis respecto á última vez que o fixera, xa que necesito ir volvendo a tomarlle o pulso a isto de rodar en rolo na casa.

Tamén é verdade que me notei mais solto que as primeiras veces que rodara da outra vez. Supoño que algo terá que ver que agora ando un pouco mellor de forma, en xeral, con respecto a aqueles días.

E iso que fallei no tema da ventilación. Eu mercara no seu momento un ventilador para as receitas de cociña, que cando grabas dende enriba coa cámara, para que o fume non entorpeza as imaxes, un ventilador fai o traballo de desviar ese fume, podendo verse todo sen problemas. Pois ben, ese ventilador veume de perlas no seu momento para usar con isto do rolo na casa, xa que, sobre todo con bo tempo, iso pode convertirse nunha auténtica sauna.

O caso é que, como xa levaba tempo sen usar o rolo, e as receitas tampouco estaban no seu punto álxido, pois tiña ese ventilador no desván, e cando me disponía a empezar a pedalear, xa coas botas de ciclismo e listo, decateime dese detalle....e mira, pasei de cambiarme de novo para subir catro pisos ao desván.

O caso foi que notei, e ben, esa falta de aire, sudando a gusto, pero ben...queda anotado para a vindeira vez.

Algo que se nota moitísimo é o aumento de xente usando esa aplicación, Zwift, e que xa provocou varias caídas no servidor pola tremenda demanda de participantes. Aquí una mostra dos que estaban no momento de conectarme eu, dunha parte deles, claro:


Logo, ao irte movendo por distintas zonas, xa se ía despexando un pouco, volvendo a xuntarse moita xente de novo por momentos, e outra vez a despexarse.

Pero ben...necesitaba volver a sentir de novo o pedaleo na casa, e como primeira experiencia estivo ben.

Agora toca ir alternando o correr con mais pedaleo, un día una cousa e ao seguinte a outra.

Non....se ao final imos acabar en mellor forma física tras estes días/semanas/¿meses? que antes de que empezara todo este problema....

A actividade en Strava:
https://www.strava.com/activities/3213461482

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum