Mér, 11 Out 2017, 5:10
Asunto: Re: Cultura deportiva
DEP o ministro
"Un
estudio atopa relación entre solidarizarse con causas benéficas e a morte por infarto"
Pero o
comentario da noticia en ABC por parte do lector creo que é en tono irónico
, cachondeo ou como se diga.
Cita: |
y luego dicen que el deporte es salud, cuantos muertos llevamos este año en pruebas deportivas?
alguien sabe la estadistica de los muertos en la barra de los bares, creo que ninguno, da que pensar |
o que non é cachondeo é o titular da noticia que, por certo, parece que LeMonde tamén utiliza para atraer visitas aínda que despois a noticia é máis específica.
"Cultura deportiva". Non vos parece, ou non tedes a impresión, de que este tipo de erros, inexactitudes, terxiversacións non son exclusivas do tratamento de algo relativamente inocuo como a información deportiva se non que, polo contrario, son
signo de un mal maior como é o periodismo de consumo rápido, de buscar o clic, de atraer visitantes ate o grado de non escribir noticias ou crónicas, máis ben o contrario: escriben titulares.
Cultura científica. Outro ámbito que por desgracia se utiliza para atraer visitas, desinformar e crear titulares tendenciosos.
-- Chámame "ghose"