Lun, 16 Dec 2019, 10:30
Asunto: Re: Organizar carreiras polo wastapp?
Se unha organización decide informar por email, periódico ou facebook... pois alá eles. Pero o que non me gusta nadiña é publicar a data en correrengalicia, información sobre aparcadoiros en facebook, en twitter que ó final as duchas cambian de ubicación, en instagram que amplían plazo de inscrición. Vamos, que teñas que estar pendente de tódalas vías para unha única carreira. Eso sí que me molesta.
Por exemplo, eu o martes pasado fun recoller o dorsal da SinSon, porque indicaron no seu momento por correo electrónico que repartían a partir do día 10. Chego alí, e nada. Que modificaran a data para 12. Entro no facebook, e sí: informaron alí que se modificaba a data. Un email correxindo a data custaría miles de euros, claro.
E en concreto o de Facebook que comentas, pásalle a moitos que coñezo. Pérdense moitas cousas por non ter conta. Tamén como lle digo a eles: crear unha conta en Facebook non mata a ninguén. Con crear unha conta "Pepe da Chousa" e seguir a páxinas de organizacións listo. Non renuncias á túa privacidade nin a non estar informado.